Abrir o menú principal

Burgo das Nacións

Coordenadas: 42°53′25″N 8°32′39″O / 42.89028, -8.54417

O Burgo das Nacións é un complexo residencial situado en Vite (Vista Alegre), construído con carácter provisorio en 1965 para albergar os peregrinos que viñan a Santiago de Compostela nese Ano Santo Xacobeo.

CaracterísticasEditar

Foi explotado pola Administración Turística Española e chegou a ter unha capacidade de preto de 4 000 prazas distribuídas en 47 pavillóns. Rematado o Xacobeo 1965, este conxunto de módulos, construídos con materiais lixeiros e efémeros, cubriu deficiencias e albergou institucións necesitadas de instalacións: foi residencia de posgraduados, aulario de varias especialidades universitarias, sede da imprenta da Universidade e da súa gardería e acolleu as dependencias da Policía Nacional, entre outros usos.

En 1979 a Universidade de Santiago comezou a utilizar o Burgo das Nacións como residencia universitaria mixta e, no curso académico de 1986-87, iniciáronse as obras do edificio da actual residencia de estudantes, que ocupa unha parte do complexo inicial, fronte ao Auditorio de Galicia, obras que remataron no curso 1992-93.

Véxase taménEditar