Antonio Piñeiro Feijoo
Antonio Piñeiro Feijoo, nado en Celanova o 21 de decembro de 1959, é un funcionario, xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de decembro de 1959 (64 anos) Celanova, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, funcionario |
Traxectoria
editarEstudou para enxeñeiro industrial, primeiro na Universidade Laboral de Xixón e logo na Universidade de Vigo (daquela aínda pertencente á Universidade de Santiago), se ben non se chegou a diplomar. En 1987 entrou a traballar como funcionario no concello de Celanova, onde permaneceu o resto da súa vida laboral, e onde ocupou diversos postos en asuntos culturais e de comunicación.[1]
Promotor de diversas actividades culturais na Terra de Celanova, foi secretario da Fundación Curros Enríquez e do Seminario de Estudios Celanovenses.
Como xornalista foi delegado na súa comarca do xornal La Región nas décadas de 1980 e 1990, onde adoito escribiu con regularidade columnas de opinión. Esas colaboracións estendéronse tamén ao longo das décadas posteriores. Tamén colaborou noutros medios locais e con revistas culturais, como Auria e Raigame, onde publicou artigos de etnografía e historia local.
Obra
editar- 140 anos da Historia da Banda de música municipal de Celanova.
- Pepe Velo, pensador, soñador e mestre revolucionario (Xerais, 2000)
- Celanova. Monasterio de San Salvador (Edilesa, 2007, a canda Miguel Ángel González García).
- Xosé Velo Mosquera. Poeta e soñador, político e pensador, revolucionario e mestre (Ir Indo, 2008).
- Anónimos (Duen de Bux), publicación que recolle medio cento de relatos curtos elaborados a partir de fotografías de Xosé Vázquez Arias, o Rizo.
Notas
editar- ↑ "Antonio Piñeiro Feijoo". Galegos. Consultado o 2023-09-17.