Aaron Klug
Aaron Klug, OM, FRS, nado o 11 de agosto de 1926 en Zelvas (Lituania) e finado o 20 de novembro de 2018[1], foi un químico e biofísico británico de orixe lituana galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1982.
Traxectoria
editarAos dous anos a súa familia mudouse a Durban, Suráfrica, onde se graduó en química na Universidade de Witwatersrand en Johannesburgo, e estudou cristalografía na Universidade de Cidade do Cabo antes de irse a Inglaterra, completando o seu doutoramento en Trinity College, da Universidade de Cambridge en 1953, universidade da cal foi o director do laboratorio de Bioloxía Molecular entre 1986 e 1996.
Entre 1995 e 2000 presidiu a Royal Society.
Membro da Royal Society de Londres, foi o seu presidente entre os anos 1995 e 2000, tamén é membro da Academia de Ciencias Francesa. En 1988 foi nomeado sir e en 1995 foille concedida a Orde do Mérito por parte da raíña Isabel II do Reino Unido.
Investigacións científicas
editarEn Londres colaborou con Rosalind Franklin, descubridora da estrutura do ADN. Demostrou un grande interese polo estudo dos virus, e durante a súa estancia alí descubriu as estruturas dalgúns deles.
Nos anos 1960 interesouse polas técnicas para discernir a estrutura dos cristais para a súa aplicación en bioloxía[2].
Nos anos 1970, Klug usou os métodos de diagramas de difracción de raios X, que, combinados coa microscopía electrónica, permitiulle descifrar os complexos proteínicos do ácido nucleico, así como a obtención de imaxes tomadas en diferentes ángulos, e combinándoas logrou reconstrucións tridimensionais dalgunhas proteínas.
Distincións
editarEn 1982 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo desenvolvemento de métodos cristalográficos para descifrar os complexos proteínicos dos ácidos nucleicos.
Ademais, Klug logrou a Medalla Copley en 1985.
Notas
editar- ↑ "Aaron Klug (1926 - 2018) - MRC Laboratory of Molecular Biology". MRC Laboratory of Molecular Biology (en inglés). 2018-11-21. Consultado o 2018-12-02.
- ↑ "Aaron Klug, 92, Dies; His 3-D Images of Bodily Molecules Won a Nobel" (en inglés). Consultado o 2018-12-02.
Ligazóns externas
editar- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1982 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1982 (en inglés)
- Aaron Klug en Biografías y vidas(en castelán)
- Perfil de Aaron Klug en NNDB (en inglés)
Predecesor: Roald Hoffmann, Kenichi Fukui |
Premio Nobel de Química 1982 |
Sucesor: Henry Taube |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aaron Klug |