Roald Hoffmann, nado o 18 de xullo de 1937 como Roald Safran (Hoffmann é o apelido do seu padrasto) en Zolochiv (Polonia) (agora Ucraína), é un químico teórico e profesor universitario estadounidense, de orixe polaco, que gañou o Premio Nobel de Química en 1981. Actualmente é mestre na Universidade Cornell en Ithaca, Nova York.

Modelo:BiografíaRoald Hoffmann

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1937 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Zolochiv, Ucraína (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaIthaca (1965–) Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - Física química (–1962)
Universidade Columbia - química (–1958)
Stuyvesant High School - diploma de escola secundaria (–1955) Editar o valor en Wikidata
Director de teseWilliam Lipscomb e Martin Gouterman Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo, poeta, profesor universitario, académico, químico, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Cornell Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresWilliam Lipscomb Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
DoutorandoMichael John Bucknum, Timothy Ray Hughbanks, Jing Li, Ji Feng, Qiang Liu, Ralph A. Wheeler, Chong Zheng e Garegin A Papoian (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webroaldhoffmann.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1138611

Traxectoria

editar

Hoffman naceu en Zolochiv, Polonia (agora Ucraína) dentro dunha familia xudía, co nome de Roald Safran, en honra ao explorador Noruegués, Roald Amundsen. El e a súa nai foron os únicos membros da súa familia que sobreviviron o holocausto, unha experiencia que influíu de xeito importante nas súas crenzas e no seu traballo[1]

Emigraron aos Estados Unidos en 1949, conseguindo a nacionalidade estadounidense en 1955 e cambiando o seu apelido Safran polo de Hoffmann, apelido do seu padrasto.

En 1955 graduouse en química na Universidade de Columbia, conseguindo o doutoramento na Universidade Harvard en 1962 xunto a William Lipscomb. Desde 1965 é catedrático de Ciencias físicas na Universidade Cornell.

Investigacións científicas

editar

Hoffman investigou as substancias orgánicas e inorgánicas, desenvolvendo ferramentas computacionais, así como métodos como o método Hückel estendido, o cal propuxo en 1963.

Tamén desenvolveu, xunto con Robert Burns Woodward, as regras para elucidar os mecanismos de reacción dos produtos químicos, coñecidos como as regras Woodward-Hoffmann.

Estudou con este o inesperado transcurso dunha reacción química que Woodward propúñase a utilizar na síntese da vitamina B12, descubrindo que o mecanismo de moitas reaccións queda determinado, máis que por outros criterios, polo do mantemento dunha simetría identificable na descrición matemática dos orbitais afectados, formulando unha serie de principios que constitúen a teoría da conservación da simetría orbital molecular. Tamén introduciu o pincipio isolobal.

Hoffman tamén é un escritor de poesía e publicou dúas coleccións, "The Metamict State" (1987, ISBN 0-8130-0869-7) e "Gaps and Verges" (1990, ISBN 0-8130-0943-X), así como libros de química para o público xeral. Tamén escribiu unha obra chamada "O2 Oxygen" acerca do descubrimento do osíxeno, pero tamén acerca do que significa ser un científico e a importancia do proceso do descubrimento na ciencia.

En 1981, Hoffman recibiu o Premio Nobel de Química, o cal compartiu con Kenichi Fukui. E.J. Corey declarou recentemente que el foi un dos dous que lle deron a Woodward a idea de aplicar grupos simétricos aos problemas, e polo tanto, polo menos en parte, Corey debeu de recibir tamén o Premio Nobel que Hoffman gañou. Hoffman dixo constantemente que Woodward xamais dixo nada respecto diso. El foi recoñecido coa Medalla Priestly en 1990.

É membro da Académie Internationale des Sciences Moléculaires Quantiques (Academia Internacional de Ciencias Moleculares Cuánticas) e é membro do Comité de Patrocinadores do Bulletin of the Atomic Scientists (Boletín de Científicos Atómicos)[1] Arquivado 05 de agosto de 2009 en Wayback Machine..

Hoffmann protagoniza, xunto con Don Showalter, a serie de vídeos World of Chemistry.

Desde a primavera do 2001, Hoffman foi anfitrión dunha serie mensual no Cornelia Street Café da cidade de Nova York chamado Entertaining Science, onde explora a conxunción entre as artes e a ciencia.

Premios

editar
  • Premio Nobel de Química[2]
  • Medalla Priestley
  • Premio Arthur C. Cope en Química Orgánica
  • Premio en Química Inorgánica (American Chemical Society)
  • Premio Pimentel en Educación en Química
  • Premio de Química Pura
  • Premio Monsanto
  • Medalla Nacional da Ciencia
  • Academia Nacional de Ciencias
  • Membro da Academia Americana de Artes e Ciencias
  • Membro da Sociedade Filosófica Americana
  • Membro Estranxeiro da Royal Society

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Paul Berg,
Walter Gilbert
e
Frederick Sanger
Premio Nobel de Química
 

1980
con
Kenichi Fukui
Sucesor:
Aaron Klug


  1. The Tense Middle por Roald Hoffmann, en NPR. Obtido o 29 de setembro do 2006.
  2. Cornell Chemistry Faculty Research