Walter Gilbert

físico e bioquímico estadounidense

Walter Gilbert, nado o 21 de marzo de 1932 en Boston, (EEUU) é un físico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1980.

Walter Gilbert
Nobel prize medal.svg
WalterGilbert2.jpg
Walter Gilbert
Datos persoais
Nacemento21 de marzo de 1932 (91 anos)
LugarBoston Estados Unidos de América Estados Unidos
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Cónxuxe
  • Actividade
    Campo
  • Bioquímica e física
  • Alma máter
  • Universidade de Cambridge
  • Universidade Harvard
  • Director de tese
  • Abdus Salam
  • Alumnos de tese
  • Gerald Guralnik
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • polos seus traballos sobre a bioquímica dos ácidos nucleicos.
  • Premios
  • Premio Albert Lasker por Investigación Médica Básica (1979)
  • Premio Nobel de Química (1980)
  • editar datos en Wikidata ]

    TraxectoríaEditar

    Estudou física, química e matemáticas na Universidade Harvard. Posteriormente realizou o doutoramento en matemáticas na Universidade de Cambridge e en bioquímica en Harvard, onde foi nomeado profesor de bioloxía molecular.

    Investigacións científicasEditar

    En 1980, a súa contribución á determinación das secuencia de bases dos ácidos nucleicos valeulle o Premio Nobel de Química, que compartiu co seu compatriota Paul Berg e o británico Frederick Sanger.

    Gilbert e Sanger foron premiados polo seu traballo pioneiro na determinación da secuencia de nucleótidos dos ácidos nucléicos.

    Walter Gilbert tamén propuxo por primeira vez a hipótese do mundo ARN para o orixe da vida, modelo proposto por Carl Woese en 1967.

    É cofundador da empresa de biotecnoloxía Biogen e foi o primeiro presidente do consello de dirección.

    Disidencia con respecto ao SIDAEditar

    Walter Gilbert é un disidente do SIDA, xa que considera que o doutor Peter Duesberg está no certo nas súas posicións heterodoxas con respecto á enfermidade.

    Citas:

    • '"[Duesberg] está absolutamente no certo ao dicir que o SIDA non está provocado polo virus do SIDA. Non hai modelo animal para o SIDA, e sen modelo animal, un non pode establecer os postulados de Koch (para probar o papel de algo que se sospeita que é patóxeno).
    • "A comunidade no seu conxunto non escoita pacientemente aos críticos que adoptan puntos de vista alternativos. Aínda que a gran lección da historia é que o coñecemento desenvólvese a través do conflito entre puntos de vista".

    Véxase taménEditar

    Ligazóns externasEditar

    Predecesor:
    Herbert C. Brown
    e
    Georg Wittig
    Premio Nobel de Química
     

    1980
    con
    Paul Berg
    e
    Frederick Sanger
    Sucesor:
    Roald Hoffmann
    e
    Kenichi Fukui