Georg Wittig

químico alemán

Georg Wittig, nado o 16 de xuño de 1897 en Berlín (Alemaña) e finado o 26 de agosto de 1987 en Heidelberg (Alemaña), foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1979.

Georg Wittig
Nobel prize medal.svg
Datos persoais
Nacemento16 de xuño de 1897
LugarBerlín Alemaña Alemaña
Falecemento26 de agosto de 1987
LugarHeidelberg Alemaña Alemaña
ResidenciaAlemaña Alemaña
Nacionalidadealemán
Cónxuxe
  • Sarah Baylen
  • Actividade
    Campo
  • Química
  • Alma máter
  • Universidade de Marburg
  • Director de tese
  • Karl von Auwers
  • Alumnos de tese
  • Werner Tochtermann
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Reacción de Wittig
  • PremiosPremio Nobel de Química (1979)
    editar datos en Wikidata ]

    BiografíaEditar

    Georg estudou química na Universidade de Tubinga, onde se licenciou en 1924, e posteriormente realizou o doutoramento na Universidade de Marburg en 1926. A partir de 1932 dedicouse á docencia da química na Universidade Técnica de Brunswick e posteriormente pasou polas de Friburgo e Heidelberg, onde foi nomeado catedrático de química orgánica en 1956, cargo que ocupou ata a súa xubilación.

    Investigacións científicasEditar

    Especialista en química orgánica, ideou un método para a síntese de alcenos desde aldehidos e cetonas usando uns compostos chamados iluros de fósforo, o que se coñece como reacción de Wittig. Esta reacción supuxo unha nova vía para a síntese de substancias activas con dobres enlaces mediante o uso de compostos de fósforo en síntese orgánica.

    En 1979 foi galardoado co Premio Nobel de Química, compartido con Herbert C. Brown, polo seu desenvolvemento do uso de compostos de boro e fósforo en reaccións importantes no campo da síntese orgánica.

    Véxase taménEditar

    Ligazóns externasEditar

    Predecesor:
    Peter D. Mitchell
    Premio Nobel de Química
     

    1979
    con
    Herbert C. Brown
    Sucesor:
    Paul Berg,
    Walter Gilbert
    e
    Frederick Sanger