Herbert C. Brown
Herbert Charles Brown, nado o 22 de maio de 1912 en Londres (Inglaterra) e finado o 19 de decembro de 2004 en Lafayette (Indiana, EUA), foi un químico e profesor estadounidense, de orixe británica, galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1979.
Herbert C. Brown ![]() | |
---|---|
Datos persoais | |
Nome completo | Herbert Charles Brown |
Nacemento | 22 de maio de 1912 |
Lugar | Londres ![]() |
Falecemento | 19 de decembro de 2004 |
Lugar | Lafayette (Indiana) ![]() |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Jewish Cemetery of Greater Lafayette |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | inglés |
Cónxuxe | |
Relixión | xudeu |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | |
Director de tese | |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | |
Premios | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoría Editar
Naceu na cidade de Londres, fillo de inmigrantes xudeus ucraínos. En 1914 emigrou cos seus pais aos Estados Unidos.
Estudou química na Universidade de Chicago, onde se licenciou en 1936 e doutorouse en 1938. En 1947 foi nomeado profesor de química da Universidade de Purdue, onde ostentou o cargo de profesor emérito ata a súa morte.
Brown morreu nun hospital da poboación de Lafayette, situada no estado de Indiana, como consecuencia dun ataque ao corazón.
Investigacións científicas Editar
Durante a segunda guerra mundial, mentres traballaba xunto a Hermann Irving Schlesinger, descubriu un método para a produción do borohidruro de sodio (NaBH4), que pode ser usado para producir borano, compostos de boro e hidróxeno. Os seus traballos con estes no campo da síntese orgánica conduciron ao descubrimento do primeiro método xeral de síntese asimétrica de enantiómeros puros.
En 1979 foille concedido o Premio Nobel de Química xunto co alemán Georg Wittig polo seu desenvolvemento do uso de compostos de boro e fósforo en reaccións importantes no campo da síntese orgánica.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1979 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1979 (en inglés)
- Prof. Herbert C. Brown - Purdue University
- Herbert C. Brown en Biografías y vidas(en castelán)
Predecesor: Peter D. Mitchell |
Premio Nobel de Química 1979 con Georg Wittig |
Sucesor: Paul Berg, Walter Gilbert e Frederick Sanger |