La Marseillaise
La Marseillaise (A Marsellesa literalmente en francés) é o himno nacional de Francia, oficialmente dende o 14 de xullo de 1795.
La Marseillaise | |
---|---|
En galego: A Marsellesa | |
Himno de | Francia |
Letra | Claude Joseph Rouget de Lisle 1792 |
Música | Claude Joseph Rouget de Lisle 1792 |
Adoptado | 1795 |
Mostra da música | |
Foi prohibido durante o Imperio e a Restauración. Volveu ser o himno nacional a partir da III República, sendo novamente prohibido entre 1940-1945. O seu canto era considerado como un elemento de resistencia á ocupación alemá e ao goberno colaboracionista de Vichy.
Orixes e historia
editarO 20 de abril de 1792 proclamouse en París a declaración de guerra contra Austria. Cando o alcalde de Estrasburgo soubo a noticia, invitou a cear á súa casa a un grupo de oficiais, na noite do 24 do mesmo mes. Neste grupo de oficiais atopábase Claude-Joseph Rouget de Lisle, capitán de enxeñeiros da gornición de Estrasburgo. Nesa reunión, o alcalde pediulle que crease un himno patriótico para o acontecemento que celebraban. Rouget de Lisle compuxo dito himno e deulle o título de Chant de guerre pour l'armée du Rhin (Canto de guerra para o exército do Rin) e adicoullo ao Mariscal Luckner.
O 22 de xuño do mesmo ano, o que sería futuro xeneral do exército do Exipto chamado François Mireur, que acababa de titularse pola facultade de medicina de Montpellier, atopábase en Marsella encargado de preparar a marcha dos voluntarios de Montpellier e de Marsella. Este oíra o himno en Montpellier durante funerais oficiais e presentouno á súa xente co título de Chant de guerre aux armées des frontières (Canto de guerra para os exércitos das fronteiras). A tropa dos obrigados aprendeuno e usárono como canción de marcha. E así entraron en París o 30 de xullo de 1792, entoando marcialmente o himno composto tres meses atrás por Rouget de Lisle. Os parisienses acolléronos con grande ledicia e xúbilo, bautizando o cántico como A Marsellesa.
Durante a Primeira República, a Marsellesa foi un himno moi popular entre soldados e civís. No tempo dos dous Imperios, a Restauración e a Segunda República, foi lixeiramente esquecido. Na Terceira República recuperou o protagonismo e foi interpretado polas bandas militares en todos os actos oficiais. No século XX, o Goberno da Francia liberada outorgoulle unha especial importancia xunto co himno oficioso chamado "Le Chant des Partisans".
O himno non gozou de oficialidade ata que a Constitución do 4 de outubro de 1958, constituíu La Marseillaise como himno nacional do país galo.
La Marseillaise exaltaba dende os seus comezos o ánimo patriótico, ata tal punto que Napoleón Bonaparte dixo nunha ocasión: «Esta música aforraranos moitos canóns».
O 24 de xaneiro do ano 2003, aprobouse a Lei de Programación para a Seguridade Interior (Lopsi), proposta por Nicolas Sarkozy, que creaba o delito de ultraxe á bandeira e ao himno nacional franceses, sancionándoos con penas de ata seis meses de prisión e 7.500 euros de multa. Algunhas asociacións e cidadáns protestaron, considerando esta lei un atentado á liberdade de expresión. O Consello Constitucional de Francia limitou as posibilidades de aplicación da lei, os actos dentro dun círculo privado, e os actos realizados en manifestacións non organizadas polas autoridades públicas ou non regulamentadas por elas.
Debido ao alto descoñecemento do himno entre moitos mozos franceses, a lei de François Fillon para a reforma da educación adoptada en marzo de 2005, inclúe a obrigación da aprendizaxe de La Marseillaise na educación infantil e primaria.
Letra
editarNota: actualmente en Francia só se canta a primeira estrofa (e ás veces a sexta e a sétima) e o retrouso. Edith Piaf, gravou unha versión onde entoa La Marsellesa cantando a primeira, quinta e sexta estrofas e o retrouso.
- Letra en francés
- Allons enfants de la Patrie,
- Le jour de gloire est arrivé!
- Contre nous de la tyrannie,
- L'étendard sanglant est levé,(bis)
- Entendez-vous dans le campagnes,
- Mugir ces féroces soldats?
- Ils viennent jusque dans nos bras,
- Égorger nos fils, nos compagnes!
- Letra en galego
- Marchemos, fillos da patria,
- que chegou o día da gloria.
- O sanguento estandarte da tiranía
- está xa levantado contra nós. (bis)
- Non oídes bruar polas campiñas
- eses feroces soldados?
- Pois veñen degolar
- os nosos fillos e as nosas donas.
Refrain:
- Aux armes, citoyens,
- Formez vos bataillons,
- Marchons, marchons!
- Qu'un sang impur
- Abreuve nos sillons!
Retrouso:
- Ás armas, cidadáns!
- Formade os vosos batallóns!
- Marchemos, marchemos,
- que un sangue impuro
- empape os nosos sucos!
- Que veut cette horde d'esclaves,
- De traîtres, de rois conjurés ?
- Pour qui ces ignobles entraves,
- Ces fers dès longtemps préparés ? (bis)
- Français ! pour nous, ah ! quel outrage !
- Quels transports il doit exciter !
- C'est nous qu'on ose méditer
- De rendre à l'antique esclavage !
- Que pretende esa horda de escravos,
- de traidores, de reis conxurados?
- Para quen son esas innobres trabas,
- e esas cadeas hai tempo preparadas? (bis)
- Para nós, franceses! Oh, que ultraxe!
- Ningunha arroutada debe pórnos nerviosos!
- É a nós a quen pretenden sumir
- de novo na antiga escravitude.
- Refrain
- Quoi! ces cohortes étrangères !
- Feraient la loi dans nos foyers !
- Quoi! ces phalanges mercenaires
- Terrasseraient nos fils guerriers ! (bis)
- Grand Dieu! par des mains enchaînées
- Nos fronts sous le joug se ploieraient !
- De vils despotes deviendraient
- Les maîtres des destinées !
- Retrouso
- E que? Sufriremos que esas tropas estranxeiras
- diten a lei nos nosos fogares,
- e que esas falanxes mercenarias
- venzan os nosos valentes guerreiros?
- Grande Deus! Coas mans encadeadas,
- as nosas frontes baixo o xugo dobregaríanse!
- Os trosmas déspotas chegarían a ser
- os mestres do destino!
- Refrain
- Tremblez, tyrans et vous perfides
- L'opprobre de tous les partis
- Tremblez ! vos projets parricides
- Vont enfin recevoir leurs prix ! (bis)
- Tout est soldat pour vous combattre
- S'ils tombent, nos jeunes héros
- La France en produit de nouveaux,
- Contre vous tout prêts à se battre
- Retrouso
- Tremede, tiranos, e tamén vós, pérfidos,
- oprobio de todos os partidos!
- Tremede! Os vosos actos parricidas
- van á fin recibir o seu castigo. (bis)
- Todos son soldados para combatervos.
- Se perecen os nosos heroes,
- Francia produce outros novos
- sempre dispostos a loitar contra vós.
- Refrain
- Français, en guerriers magnanimes,
- Portez ou retenez vos coups !
- Épargnez ces tristes victimes,
- A regret s'armant contre nous. (bis)
- Mais le despote sanguinaire,
- Mais les complices de Bouillé
- Tous ces tigres qui, sans pitié,
- Déchirent le sein de leur mère !...
- Retrouso
- Franceses, como magnánimos guerreiros
- sufride ou rexeitade os golpes!
- Perdoade estas pobres vítimas
- que contra a súa vontade se arman contra nós. (bis)
- Mais o déspota sanguento,
- mais os cómplices de Bouillé,
- todos eses tigres que, sen piedade,
- esnaquizan o corazón da súa nai!...
- Refrain
- Amour sacré de la Patrie,
- Conduis, soutiens nos bras vengeurs !
- Liberté, Liberté chérie,
- Combats avec tes défenseurs ! (bis)
- Sous nos drapeaux, que la victoire
- Accoure à tes mâles accents !
- Que tes ennemis expirants
- Voient ton triomphe et notre gloire !
- Retrouso
- Amor sagrado da patria,
- conduce e sostén os nosos brazos vingadores!
- Liberdade, liberdade querida,
- loita xunto aos teus defensores. (bis)
- Baixo as nosas bandeiras, que a vitoria
- acuda ás túas valentes chamadas!
- Que os teus inimigos expirantes
- vexan o triunfo e a nosa gloria!
- Refrain
- ("Couplet des enfants")
- Nous entrerons dans la carrière
- Quand nos aînés n'y seront plus,
- Nous y trouverons leur poussière
- Et la trace de leurs vertus (bis)
- Bien moins jaloux de leur survivre
- Que de partager leur cercueil,
- Nous aurons le sublime orgueil
- De les venger ou de les suivre !
- Retrouso
- ("Estrofa dos rapaces")
- Nós tomaremos o camiño
- cando os nosos maiores xa non estean.
- Alí atoparemos as súas cinzas
- e a pegada das súas virtudes. (bis)
- Non estaremos tan celosos de seguilos
- como de participar da súa tumba.
- Nós teremos o sublime orgullo
- de vingalos ou seguilos!
- Refrain
- Retrouso
A violencia desta letra critícase na mesma Francia, malia o seu carácter unicamente defensivo.
A expresión «sang impur» interprétase a miúdo como racista. Está copiada dunha canción anti-inglesa moi popular durante a Guerra dos Sete Anos (1756-1763).
«Aux armes citoyens!» figura tamén nunha Ode aux Français (Oda aos Franceses) asinada por Ecouchard en 1762.
Debido ao seu carácter violento, houbo numerosos intentos de reescribi-la, destacando os de Alphonse de Lamartine, Victor Hugo, Mireille Mathieu, Serge Gainsbourg ou Yannick Noah con Aux rêves citoyens !.
Música española
editarDurante a Guerra civil española, foi bastante común escoitar a versión hispana desta, tanto socialista como anarquista:
- Letra republicana
- Marchemos hijos de la Patria;
- ¡glorioso día luce ya!
- otra vez el sangriento estandarte
- los tiranos se atreven a alzar,
- los tiranos se atreven a alzar.
- ¿Oís rugir por la campiña
- esa turba salvaje y audaz?
- ¡Degollar vuestros hijos desea
- para ahogar en su sangre nuestra idea!
- Letra anarquista
- A la revuelta, proletariado;
- ya brilla el día de la redención
- que el sublime ideal libertario
- sea el norte de la rebelión,
- sea el norte de la rebelión.
- Dignifiquemos del hombre la vida,
- en un nuevo organismo social,
- destruyendo las causas del mal
- de esta vil sociedad maldecida.
Retrouso:
- ¡El arma preparad!
- ¡No hay tiempo que perder!
- ¡Marchad,
- Marchad
- a defender
- la santa Libertad!
Retrouso:
- ¡A la revolución!
- ¡Obreros, a luchar!
- Con decisión a conquistar
- nuestra emancipación.
- Mirad las hordas de traidores
- que el suelo patrio van a hollar.
- ¿Para quiénes son esas cadenas
- que forjando iracundos están?
- Qué forjando iracundos están.
- Son para ti, pueblo querido;
- presto ve tal afrenta a vengar;
- el furor en tu pecho despierte,
- ¡busca ya la victoria o la muerte!..
- No más el amo gobernante
- por vil salario queremos servir;
- ya no más la limosna humillante,
- ya no más suplicar y pedir,
- ya no más suplicar y pedir.
- Que al pedir pan, por hambre acosado,
- el proletario con potente voz,
- le conteste mortifero y feroz
- el fusil del verdugo uniformado.
- Retrouso
- Retrouso
Referencias e versións non oficiais
editarEn Aires patrióticos para dous violíns de Giuseppe Cambini, aparecen citas literais e variacións da canción, xunto á doutras canciones revolucionarias.
- Na Abertura 1812 de Thaikovski, aparecen diversos anacos para representar ás tropas francesas. O compositor fai chocar o tema musical da Marsellesa co do Himno Imperial de Mikhail Glinka, e as modificacións, superposiciones e interaccións entre os dous himnos nacionais representan a batalla de Borodino.
- No lied de Robert Schumann Os dous granadeiros (Die zwei Grenadiere), sobre un poema de Heinrich Heine.
- Django Reinhardt e Stéphane Grappelli Echoes Of France
- The Beatles, como parte de All You Need is Love
- En 1978, Serge Gainsbourg gravou unha versión reggae, Aux Armes et cetera, con Robbie Shakespeare, Sly Dunbar e Rita Marley no coro en Xamaica. Por iso recibiu ameazas de morte de veteranos dereitistas da Guerra de Independencia de Alxeria.
- Allan Sherman, You Went the Wrong Way Old King Louie
- Víctor Raúl Haya de la Torre adaptou a música para o himno de partido, o APRA.
- O grupo chileno Quilapayún adaptou a música de A Marsellesa para o himno oficial do Partido Socialista de Chile.
- Zweig, Stefan. Momentos estelares da humanidade. ed. Cantil, Barcelona (2002).ISBN 84-95359-92-8.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La Marseillaise |
Outros artigos
editarOutros símbolos nacionais franceses
editarA Galifontes posúe textos orixinais acerca de: La Marseillaise |