Stéphane Grappelli
Stéphane Grappelli, nado en París o 26 de xaneiro de 1908 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 1997, foi un violinista francés do jazz que fundou canda o guitarrista Django Reinhardt o Quintette du Hot Club de France.
Stéphane Grappelli | |
---|---|
Grappelli en 1991 | |
Data nacemento | 26 de xaneiro de 1908 |
Nado en | París |
Falecemento | 1 de decembro de 1997 |
París | |
Soterrado | Crématorium-columbarium du Père-Lachaise |
Ocupación | Músico |
Xénero | Jazz |
Instrumento(s) | Violín, piano, saxofón, acordeón |
Relacionado con | Django Reinhardt, Quintette du Hot Club de France, Oscar Peterson, David Grisman |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
De pai italiano e nai francesa, á idade de 4 anos ficou orfo de nai. Aos 12 anos comezou a tocar o violín nas rúas para levar diñeiro á súa casa. En 1923 -aos 15 anos- comezou a súa carreira profesional como violinista e pianista nos cines acompañando as películas mudas.
En 1934 naceu o Quinteto do Hot Club de Francia. Ao comezar a segunda guerra mundial atopábase de xira en Inglaterra; Django volveu enseguida a Francia, pero Grappelli decidiu quedar en Londres. Cando se reencontraron en 1946, tocaron e gravaron espontaneamente A Marsellesa rebautizada Ecos de Francia (Echoes of France). Esta gravación converteuse nun escándalo e a matriz foi destruída.
Despois de tocar con Reinhardt, Grappelli gravou máis dun centenar de discos con grandes músicos, especialmente con Oscar Peterson, Jean-Luc Ponty, Philip Catherine, o cantante Paul Frederic Simon, David Grisman ou incluso con Yehudi Menuhin ou co violinista indio Lakshminarayana Subramaniam.
Foi tamén o compositor e intérprete de pezas orixinais da banda sonora do filme Les Valseuses de Bertrand Blier en 1974, e da música de Milou en mai, filme de Louis Malle de 1989.
Foi condecorado como Cabaleiro da Lexión de Honra.
Grappelli está soterrado no Cemiterio do Père-Lachaise en París.