Mikhail Glinka

compositor ruso

Mikhail Ivanovich Glinka (en ruso: Михаил Иванович Глинка), nado en Novospasskoie (Óblast de Smolensk) o 2 de xuño de 1804 e finado en Berlín o 15 de febreiro de 1857, foi un compositor ruso, considerado o pai do nacionalismo musical ruso.[1]

Mikhail Glinka
Nacemento20 de maio de 1804, 2 de xuño de 1803, 1804, 20 de xuño de 1804 e 1 de xuño de 1804
Lugar de nacementoNovospasskoye e Smolensk
Falecemento3 de febreiro de 1857, 2 de febreiro de 1857 e 15 de febreiro de 1857
Lugar de falecementoSan Petersburgo e Berlín
SoterradoCemitério Tikhvin
NacionalidadeImperio Ruso
Alma mátersen etiquetar
Ocupacióncompositor
PaiGlinka, Ivan Nikolaevich
NaiEvgenia Andreevna Glinka-Zemelka
CónxuxeMaria Petrovna Ivanova
IrmánsLyudmila Shestakova
Coñecido porCanção Patriótica, Ruslan and Lyudmila, Waltz-Fantasia e A Life for the Tsar
Na rede
IMDB: nm0322883 Allmovie: p404386
Spotify: 1GEuHbNwTRj4QPyoythtBh Musicbrainz: e539699a-5cb3-4f73-b60f-691b1499d0af Discogs: 835128 IMSLP: Category:Glinka,_Mikhail Allmusic: mn0001189348 Find a Grave: 19370885 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A formación musical de Glinka foi bastante irregular, e só pasou a ser sistematizada a partir de 1828, cando viaxou a Italia por motivos de saúde. Durante os tres anos que pasou alí, madurou o seu antigo proxecto de crear unha música nacional rusa. De paso por Berlín foi fortemente estimulado polo exemplo de Carl Maria von Weber, que compuxera unha ópera caracteristicamente alemá.

De volta a Rusia, compuxo en pouco tempo a ópera Zizn te tsaria (Unha vida polo tsar, 1836), cun argumento ambientado durante a guerra ruso-polaca de 1635. A ópera obtivo un éxito triunfal. Os seus coros e danzas, autenticamente populares, e o patriotismo do libreto sinalan o comezo dunha escola musical xenuinamente rusa. Animado polo éxito, Glinka escribiu outra ópera Ruslan i Ludmila (Ruslan e Ludmila, 1842), baseada no poema homónimo de Aleksandr Pushkin. Desta vez utilizou o orientalismo procedente das rexións do Imperio Ruso en Asia. A pesar do interese exótico e da estrutura operística máis sólida, a obra foi menos aplaudida que Unha vida polo tsar.

En 1884, Glinka marchou a París e, posteriormente, a España, onde permaneceu dous anos convivindo con músicos populares. Froito desa convivencia son as pezas sinfónicas Jota aragonesa (1845) e Unha noite de verán en Madrid' (1848). Son obras que reflicten o interese do compositor pola música española, así como outro traballo sinfónico titulado Kamarinskaja, que é o reflexo de pescuds sobre a música ucraína. Dende a composición das súas dúas óperas, Glinka volvera á vella música litúrxica eslava, xa que se convencera de que deixara vestixios na música popular rusa. Tamén escribiu numerosos Lieder.

Obras editar

Música orquestral editar

  • Capricho brillante sobre a Jota aragonesa - Abertura española n.° 1 (1845)
  • Noite de verán en Madrid - Abertura española n.° 2 (1851)
  • Polka para orquestra en Si b (1852)
  • Valse-Fantasía para orquestra (1856)

Música de cámara editar

  • Septeto en Mi b (1823)
  • Serenata sobre un tema de ‘Anna Bolena’ de Donizetti (1832)
  • Trío patético (1832)
  • Divertimento brillante sobre un tema de ‘La Sonnambula’ de Bellini (1832)
  • Gran Sexteto en Mi b (1832)
  • Sonata para viola en re menor

Óperas editar

Música vocal editar

  • Canto de despedida (1840)
  • Tarantela para coro e orquestra (1841)

Notas editar

  1. Castro Lobo, Manuel R. (2003). "Música Para Todos: Una Introducción Al Estudio de la Música" (en castelán). Editorial Universidad de Costa Rica. p. 222. ISBN 9789977677231. Consultado o 2 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Azcárate Ristori, J. M.ª e outros, Historia del Arte, Anaya, Madrid, 1986. ISBN 84-207-1408-9

Ligazóns externas editar