Asociación de Actores e Actrices de Galicia

asociación profesional galega
(Redirección desde «AAAG»)

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) é unha entidade autónoma sen ánimo de lucro do ámbito das artes escénicas, creada en 1985. No mes de abril dese ano, Mabel Rivera, Marisa Soto, Xabier Lourido, Ernesto Chao e Luma Gómez presentaban baixo notario a acta de constitución da AAAG, coñecida naquela altura como Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena. Principiaba así o asociacionismo na profesión en Galicia. A primeira Xunta Directiva estivo presidida polo actor Gonzalo Uriarte. No ano 2006, a entidade rebautizouse co actual nome de Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Na actualidade, conta cun perfil de asociación sindical e os seus membros son actores, actrices, directores e directoras da escena. Funciona como defensora dos seus intereses e dunhas condicións dignas de traballo. No ano 2019 contaba con arredor de 330 asociados[1] e a súa sede está situada en Santiago de Compostela.

Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Logo
AcrónimoAAAG
Tipoasociación profesional
Data de fundación1985
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
http://aaag.gal/
editar datos en Wikidata ]

Obxectivos editar

Os obxectivos da AAAG son o de articular, desenvolver e promocionar o sector do teatro en Galicia, en especial a través da elevación técnica e a mellora laboral dos seus profesionais, acorde coas máis modernas políticas culturais.

O colectivo asume tamén o obxectivo de fomentar a demanda cultural e a captación de público.[2]

Xunta directiva editar

A Asociación está representada por unha xunta directiva elixida por votación entre os socios reunidos en Asemblea, por un período de dous anos.

En maio de 2012 era a seguinte:

Neste cadro directivo, como pode observarse, non figura o nome do Presidente, que era Antonio Durán "Morris".[4]

No ano 2015 a directiva estaba conformada deste xeito[5]:

Actividades editar

  • Agrupar aos actores e ás actrices e aos directores e ás directoras do teatro e do audiovisual para a defensa dos seus intereses profesionais.
  • Asesorar aos seus asociados de todas aquelas cuestións de traballo, fiscalidade, sobre a propia imaxe ou calquera outra cuestión relacionada coa profesión, e xestionar no seu caso, mediante as accións xurídicas necesarias, os problemas que puidera xurdir.
  • Promover medios e iniciativas que faciliten a captación de traballo para os asociados.
  • Organizar ciclos de lecturas dramatizadas.
  • Organizar os Premios de Teatro María Casares.
  • Organizar obradoiros de formación.
  • Organizar as Xornadas de Teatro e as Xornadas do Audiovisual.
  • Organizar as Escaramuzas Artísticas, encontros de debate mensuais

Premios María Casares editar

A asociación creou en 1997 os Premios María Casares de teatro, de periodicidade anual, co fin de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral galega, enchendo un oco baleiro até o momento.

Os galardóns constan de trece categorías ou apartados representativos do traballo realizado, tanto diante como detrás do pano, ademais do Premio de Honra Marisa Soto, que recoñece a traxectoria dun profesional, que que é outorgado pola a Xunta Directiva da AAAG.[2]

As persoas e entidades galardoadas son as seguintes:

Revista Escaramuza editar

Escaramuza: revista da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia foi unha publicación en papel ilustrada editada pola asociación que se publicou entre 1997 e 2008. Con periodicidade trimestral, a colección consta de 26 números. Inclúe artigos de actualidade e política cultural, divulgación e cuestións profesionais.[6][7]

Notas editar

  1. AAAG
  2. 2,0 2,1 "Santiago y comarca, 23 de febreiro de 2012". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2011. Consultado o 03 de maio de 2012. 
  3. AAAG. Xunta Directiva
  4. "Entre a débeda de Agadic, os recortes e a falta de perspectivas de traballo, o que nos queda é marchar para a casa. É totalmente imposible manter o circuíto de consumo teatral actual. Estamos chegando ao final dunha etapa de 30 anos de teatro". Así de contundente se amosa, na súa análise da situación actual das artes escénicas en Galicia, o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, (AAAG), Antonio Durán "Morris". Praza Pública, mércores 22 de febreiro de 2012.
  5. Asociación de actores e actrices de Galicia. "Xunta Directiva". Consultado o 8-3-2015. 
  6. Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena (Galicia), ed. (1997). Escaramuza: revista da Asociación de Actores, Directorese Técnicos de Escena. Santiago de Compostela: Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena. 
  7. "Escaramuza nº 16". Issuu (en inglés). Consultado o 2018-04-24. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar