Rubén García Fernández

promotor cultural galego

Rubén García Fernández, nado en Ribadavia en 1951 e finado na mesma vila o 21 de outubro de 2008, foi un promotor cultural galego.

Rubén García Fernández
Nacemento1951
Lugar de nacementoRibadavia
Falecemento21 de outubro de 2008
Lugar de falecementoRibadavia
CausaEsclerose lateral amiotrófica
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1973 foi un dos promotores da Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia, que se considera o punto de partida do teatro contemporáneo en Galicia, e onde naceu o grupo Abrente de dramaturgos. Posteriormente foi o director da súa continuación, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, dende 1984 e tamén de varias edicións da Feira do Teatro de Galicia.

Recibiu o premio María Casares de honra pola súa traxectoria de apoio ao teatro.

Faleceu como consecuencia dunha esclerose lateral amiotrófica[1].

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar