1º KHL All-Star Game

O 1º KHL All-Star Game foi o partido das estrelas de tempada inaugural da Kontinental Hockey League (KHL). O partido tivo lugar na Praza Vermella de Moscova o día 10 de xaneiro de 2009 e o resultado final foi de 7 goles a 6 a favor do equipo internacional (Jágr).

Pista de xeo do All-Star Game da KHL na Praza Vermella de Moscova.

Nomeamentos editar

 
Banco do equipo Yashin.

Cada equipo estivo integrado por 9 dianteiros, 6 defensas, e 2 porteiros. Os equipos iniciais foron votados polos afeccionados no sitio web da KHL (KHL.ru) entre o 2 e o 22 dedecembro de 2008. Os xogadores reservas foron votados entre os medios de comunicación entre o 23 e o 26 de decembro de 2008, e foron anunciados, xunto cos xogadores titulares o día 8 de xaneiro de 2009.

Os dous capitáns foron nomeados entre dúas opcións, o capitán do equipo internacional foi Jaromír Jágr (Avangard Omsk), mentres que o capitán do equipo ruso foi Alexei Yashin (Lokomotiv Yaroslavl). Jágr elixiu como capitáns asistentes a Marcel Hossa (Dinamo Riga) e Jakub Klepiš (Avangard Omsk), mentres que os elixidos por Yashin foron Andrei Nikolishin (Traktor Chelyabinsk) e Alexei Kudashov (Lokomotiv Yaroslavl).

O formato do partido tamén foi votado polos seareiros no sitio web da KHL. Propuxéronse dúas opcións: a primeira, un partido entre os mellores xogadores rusos e os mellores estranxeiros da liga, e a segunda un partido entre os mellores xogadores dos clubs do leste fronte as do oeste. O 25 de novembro de 2008, a votación pechouse coa vitoria da primeira opción co 50,13 % dos votos (12.596 votos) fronte ao 49,87 % dos votos (12.531 votos) a favor do partido entre conferencias, na votación foron emitidos un total de 25.127 votos.

Xogadores editar

Equipo Jágr (Internacional) Equipo Yashin (Rusia)
Adestrador:   Barry Smith (SKA San Petersburgo)   Sergei Mikhalev (Salavat Yulaev Ufa)
Adestradores asistentes:   Kari Heikkilä (Lokomotiv Yaroslavl)
  Vladimír Vůjtek (Dynamo Moscova)
  Vyacheslav Bykov (CSKA Moscova)
  Igor Zakharkin (CSKA Moscova)
Titulares:

  15 - F Jan Marek (Metallurg Magnitogorsk)
  86 - F Tony Mårtensson (Ak Bars Kazan)
  28 - F Pavel Brendl (Torpedo Nizhny Novgorod)
  35 - D Kevin Dallman (Barys Astana)
  05 - D Ray Giroux (SKA San Petersburgo)
  31 - G Robert Esche (SKA San Petersburgo)

  33 - F Maxim Sushinsky (SKA San Petersburgo)
  25 - F Danis Zaripov (Ak Bars Kazan)
  95 - F Aleksey Morozov (Ak Bars Kazan)
  34 - D Vitali Proshkin (Salavat Yulaev Ufa)
  05 - D Ilya Nikulin (Ak Bars Kazan)
  30 - G Alexander Eremenko (Salavat Yulaev Ufa)

Suplentes:

  98 - F Jaromír Jágr (Avangard Omsk) (C)
  81 - F Marcel Hossa (Dinamo Riga) (A)
  20 - F Jakub Klepiš (Avangard Omsk) (A)
  92 - F Branko Radivojević (Spartak Moscova)
  12 - F Esa Pirnes (Atlant Moscow Oblast)
  21 - F Jaroslav Kudrna (Metallurg Magnitogorsk)
  ## - F Oleg Antonenko (HC MVD)
  06 - D Magnus Johansson (Atlant Moscow Oblast)
  04 - D Karel Rachunek (Dynamo Moscova)
  ## - D Ben Clymer (Dinamo Minsk)
  01 - G Ray Emery (Atlant Moscow Oblast)

  19 - F Alexei Yashin (Lokomotiv Yaroslavl) (C)
  ## - F Andrei Nikolishin (Traktor Chelyabinsk) (A)
  32 - F Alexei Kudashov (Lokomotiv Yaroslavl) (A)
  10 - F Sergei Mozyakin (Atlant Moscow Oblast)
  27 - F Alexei Tereschenko (Salavat Yulaev Ufa)
  47 - F Alexander Radulov (Salavat Yulaev Ufa)
  ## - F Oleg Saprykin (CSKA Moscoba)
  22 - D Konstantin Korneyev (CSKA Moscova)
  77 - D Alexei Zhitnik (Dynamo Moscova)
  ## - D Darius Kasparaitis (SKA San Petersburgo)[1]
  84 - G Konstantin Barulin (CSKA Moscova)

*As bandeiras dos xogadores do equipo internacional indican o país de orixe mentres que as dos xogadores rusos indican o suxeito federal de orixe.

Partido editar

 
Radulov entrevistado durante o partido.

O equipo Jágr impúxose por 7 a 6 fronte ao equipo Yashin. O gol da vitoria foi anotado no último minuto do terceiro período.

# Marcador Equipo Goleador (Asistente(s)) Minuto
Primeiro período
1 0-1 Equipo Jágr Hossa (Klepiš, Jágr) 07'36
2 1-1 Equipo Yashin Mozyakin (Sushinsky, Proshkin) 11'03
3 1-2 Equipo Jágr Clymer (Klepiš, Jágr) 11'31
4 1-3 Equipo Jágr Kudrna (Marek, Pirnes) 14'28
Segundo período
5 2-3 Equipo Yashin Kulyash (Yashin) 28'25
6 2-4 Equipo Jágr Hossa (Pirnes) 35'15
7 3-4 Equipo Yashin Mozyakin 38'15
8 4-4 Equipo Yashin Saprykin 39'58
Terceiro período
9 5-4 Equipo Yashin Saprykin (Radoulov) 48'05
10 5-5 Equipo Jágr Marek 49'35
11 6-5 Equipo Yashin Radoulov 55'31
12 6-6 Equipo Jágr Brendl 57'13
13 6-7 Equipo Jágr Hossa 59'01

Concursos editar

  • Patinador máis rápido.
  • Shootouts.
  • Tiro máis afastado.
  • Relevo por equipos de slálom.
  • Competición de porteiros.
  • Tiro máis preciso.
  • Relevo por equipos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar