Zafarraya
Zafarraya é un municipio andaluz situado ó sur do Poniente Granadino (provincia de Granada), no sueste de España. Limita cos concellos granadinos de Loja e Alhama de Granada e cos concellos malagueños de Periana e Alfarnate. O concello está situado no Campo de Zafarraya, que constitúe o maior polje da Península Ibérica.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Granada | ||||
Capital | Zafarraya | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.157 (2023) (37,19 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 58 km² | ||||
Altitude | 893 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 18128 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 18192 | ||||
Páxina web | zafarraya.es | ||||
Historia
editarSegundo a maioría dos historiadores, "Zafarraya" procede do árabe "Faha-al-ra iyya" que significa "campo de pastores", aínda que hai quen defende que deriva máis ben de Saiarraya que pode traducirse por "límite de territorio". De calquera xeito, este lugar foi asentamento humano dende o Neanderthal como demostran os restos do chamado ‘Home de Zafarraya’, datados en 30.000 anos,[1] atopados na Cova do Boquete de Zafarraya. No segundo milenio antes de Cristo asentouse a cultura de El Argar, con poboados en lugares de fácil defensa. Máis tarde houbo campamentos fenicios e romanos e a mediados do século VIII chegaron os musulmáns, da man do príncipe Omeia Abd al-Rahman I. Durante séculos foi paso obrigado para tropas e caravanas no camiño ata Vélez, Alhama e Loja. Trala reconquista cristiá pasou a depender de Vélez-Málaga e Alhama de Granada iniciou con ela un longuísimo preito que durou varios centos de anos e que finalmente gañouno a cidade de Vélez-Málaga. O 11 de outubro de 1815 Zafarraya constituíuse como vila independente mediante unha Real Cédula concedida polo rei Fernando VII e pouco despois como municipio.[2] Isto provocou graves enfrontamentos coa veciña Alhama de Granada polo aproveitamento de Júrtiga e a serra de Loja, que finalmente quedaron en mans de Zafarraya.[2]
Estes conflitos foron recollidos pola prensa da época:
Souben coa maior dor que a xente de Alhama, capitaneada por individuos do seu Concello entrou a sangue e lume no llano de Zafarraya e incendiado non só as mieses, parvas carretas e árbores, senón tamén poñendo lume á poboación chamada Chozas do Almendral, sen perdoar nin a inocencia dos nenos, nin as canas dos anciáns, nin a debilidade do belo sexo, nin aínda os clamores dos desgraciados enfermos e impedidos que alí pereceron.[3]El Espectador, agosto de 1821
En 1833, coa ordenación provincial que realizou Javier de Burgos, pasou a formar parte da provincia de Granada.
No ano 1850 a raíña Isabel II accedeu a segregar a vila a efectos administrativos e de xulgados de Alhama de Granada, quedando así agregada a Loja. No ano 1871, chegouse ao primeiro acordo do deslinde do concello de Zafarraya co de Alhama de Granada.[3]
Durante a década de 1870 Zafarraya foi o pobo máis emprendedor e crecente de toda a comarca, e menos de cen anos despois, converteuse no segundo máis importante despois da veciña Alhama, chegando a ter máis de 3000 habitantes a finais de século.[3]
O día de Nadal de 1884, a vila de Zafarraya foi azoutada por un terremoto con epicentro entre Ventas de Zafarraya e Arenas del Rey. Houbo 25 mortos e 75 feridos, colapsando o 30 % dos edificios, entre eles a antiga Igrexa da cal se conservan os restos. A cidade reedificouse nun 80 % seguindo os planos urbanistas, convertendo a localidade nun espazo de rúas rectas e ordenadas.
Xeoloxía
editarO Polje de Zafarraya é unha formación xeolóxica cunha complexa morfoloxía interna. Pertence ao grupo de estruturas imbricadas formadas por escamas de modo que a depresión formada, inscríbese na escama de Zafarraya, que está imbricada entre a vertente sur das calcarias xurásicas do vasto domo anticlinal da Serra Gorda de Loja e a escama de calcarias xurásicas da Serra de Alhama. Este polje, está limitado ao leste por unha falla meridiana e está interceptado cara ao sur por uns flyschs que se apoian na escama de Alhama. A natureza dos materiais kársticos, de idade xurásica, que na súa maior proporción constitúen a súa base, condicionan o funcionamento hidroxeolóxico do acuífero.
O acuífero kárstico do Polje de Zafarraya é unha depresión pechada que forma parte do extenso macizo carbonatado de Serra Gorda que é o de maior entidade hidroxeolóxica. Ocupa unha area ovalada duns 300 km² e está rodeado e selado nos seus bordos por materiais de baixa permeabilidade. O polje de Zafarraya, dunhas dimensións de 10 km de lonxitude por 3,5 km de anchura máxima, está comprendido nunha cunca hidrográfica pechada de 151 km² dos cales o 65 % o forman materiais kársticos carbonatados de Serra Gorda.
Ofrece un exemplo claro do papel da neotectónica; a estrutura de escamas é antiga, posto que un brazo de mar totoniense invadiu a depresión e as molasas depositadas, fosilizáronse arredor dos 1200 m elaborando na súa prolongación un aplanamento parcial nas calcarias xurásicas de Serra Gorda. Despois da retirada do mar, as molasas sufriron un importante desmontamento grazas ao encaixamento dunha rede hidrográfica que debía franquear a Serra de Alahama pola incisura do Boquete de Zafarraya, situado no municipio de Ventas de Zafarraya.
Ao mesmo tempo, as augas deberon filtrarse, exercendo unha corrosión química e unha abrasión mecánica, grazas ás areas que lle subministraron as molasas. O desenvolvemento do endokarst terminou por desviar no seu proveito todas as augas e claramente as do Arroio da Madre, que atravesa a depresión de leste a oeste e que súmese por este ponor e os adxacentes que son os que drenan a maior parte do seu leito.
Estes ponors son chamados do Porteño e do Cortijo Sabanillas. A área dos sumidoiros da parte occidental do polje coincide coa zona máis baixa de tres cuncas fluviais:
- Cunca do Arroio da Madre
- Cunca do Arroio Hediondo
- Cunca Sur do Pico Montoso
Política
editarOs resultados en Zafarraya das últimas eleccións municipais, celebradas en maio de 2019, foron:[4]
Eleccións Municipais - Zafarraya (2019) | ||||
Partido político | Votos | % Válidos | Concelleiros | |
Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | ||||
Partido Popular (PP) | ||||
Adelante Andalucía (Adelante) |
Monumentos
editar- Igrexa da Inmaculada Concepción. Edificada tralo terremoto de 1884, na Praza da Liberdade
- Ermida do Cristo das Tres Marías. Ermida onde reside o patrón da vila de Zafarraya, unha pintura sobre cristal de orixe anónimo e lendario.
Festas e eventos
editarNotas
editar- ↑ "Historia". zafarraya.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2016. Consultado o 12 de xuño de 2018. Arquivado 29 de xullo de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ 2,0 2,1 http://alhama.com/digital/comarca/zafarraya/5114-el-inicio-de-los-actos-del-bicentenario-de-zafarraya-pasados-por-agua
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2015.
- ↑ "Resultado de las Elecciones Municipales en: Zafarraya". ABC (en castelán). 26 de maio de 2019. Consultado o 2 de xuño de 2019.