Campo de Zafarraya

O Campo de Zafarraya constitúe o polje[1] máis amplo de toda España.[2]. Está situado na provincia de Granada.

Situación xeográfica editar

 
Zafarraya

Situado a unha altura de 920 metros sobre o nivel do mar e cunha extensión de 10 km de largo por 3.5 de ancho. Sitúase nas cordilleiras subbéticas internas, limitando ao norte coa serra Gord, que o illa das depresións de Loja e Alhama de Granada ao leste, e Serra de Tejeda ao sueste. Os pasos montañosos máis destacados son os de Castillejo e o do Boquete, que permiten a comunicación entre a costa e o interior.

As formas kársticas constitúen a maior parte dos afloramentos da serra de Loja e de Zafarraya. Un exemplo prototípico da paisaxe kárstica comfórmano as sismas.

O Campo de Zafarraya constitúe un amplo val, onde a poboación humana constatouse desde o Paleolítico ata os nosos días. Desde o século XIX, o Campo de Zafarraya está repartido en tres poboacións: Zafarraya, Ventas de Zafarraya e El Almendral.

O fenómeno natural máis destacable do polje, é o dos sumidoiros. Por non ter saída por filtración, as augas procedentes da chuvia atópanse próximas á superficie, e só discorren por unhas simas ou sumidoiros, entre as serras de Loja e Marchamonas, que as comunican co arroio denominado de la Madre.

Primeiros poboadores editar

 
O Boquete de Zafarraya visto desde Ventas de Zafarraya, marca o linde entre o Campo de Zafarraya e a provincia de Málaga.

O poboamento humano en Zafarraya constatase desde o Paleolítico Medio (100.000 a.C-30.000 a.C) e a esta época corresponden os restos de maior antigüidade localizados na rexión, na cueva del Boquete de Zafarraya[3], na vertente sur da serra de Alhama. Nesta etapa pódese falar de culturas particulares ao atoparse variedades de utensilios asociados a lugares concretos. Coñécese o uso do lume, fogóns, soterramentos e constátanse preferencias alimenticias.

A Cova do Boquete de Zafarraya é o espazo arqueolóxico representante do período Paleolítico e está situada no termo municipal de Alcaucín, poboación próxima a Zafarraya, situada na vertente sur da serra Tejeda. A cavidade é de escasa profundidade 10 metros de lonxitude por 2 de anchura, o que presupón que a súa ocupación correu a cargo duns reducido número de individuos.

Os primeiros restos atopáronse no ano 1982 e correspondían a un home adulto. A ausencia dalgunhas das súas partes e ruptura intencional doutras conduce aos investigadores a pensar sobre un posible canibalismo ritual entre os cazadores do lugar. No verán de 1988 descubriuse unha mandíbula robusta de grandes dimensións, que pertencía a outro home duns trinta anos que conservaba a maior parte da dentadura.[4]

O terremoto de 1884 editar

 
Igrexa vella de Zafarraya tras o terremoto de 1884

O 25 de decembro de 1884 produciuse un terremoto con epicentro en Arenas del Rey que afectou a meirande parte des provincias de Granada e Málaga. A zona afectada polo terremoto de 1884 no Campo de Zafarraya abarcou as tres poboacións do Llano[5], en El Almendral aumentou a violencia dos choques ata o punto de dar lugar a desolación de Zafarraya e de Ventas de Zafarraya. Os desprendementos de terra foron de grande envergadura e unha greta de 8 km abriuse desde Zafarraya ata todo o largo da serra Tejeda, o mesmo aconteceu en Ventas de Zafarraya onde outra gran greta abriuse baixo as casas da poboación, o que produciu a ruína total da vila.

Notas editar

  1. Polje é un termino eslavo usado referirse a unha estepa kárstica
  2. Ayuntamiento de Zafarraya
  3. Cf.Barroso Ruiz et alii. «Avance al estudio cultural ...» p. 3ss
  4. El campo de Zafarraya (1484-1884). Salvador Raya. Ano 2006
  5. Llano é o termo que empregan os habitantes da zona para referirse ao Campo de Zafarraya

Véxase tamén editar

Outros artigos editar