Alfarnate é un concello da provincia de Málaga, Andalucía, situado na comarca da Axarquía[1], no norte da provincia, preto da provincia de Granada.

Modelo:Xeografía políticaAlfarnate
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°59′39″N 4°15′37″O / 36.9943, -4.2604
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Málaga Editar o valor en Wikidata
CapitalAlfarnate Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.059 (2023) Editar o valor en Wikidata (31,15 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie34 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude888 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé María Ruiz Lizana Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal29194 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE29003 Editar o valor en Wikidata

Sitio webalfarnate.es Editar o valor en Wikidata
Instagram: turismo_en_alfarnate Editar o valor en Wikidata

En 2012 contaba cunha poboación de 1.300 habitantes.

Toponomía

editar

O nome da localidade parece vir da palabra árabe Al-farnat, cuxo significado é "muíño de fariña". De feito, xa aparece documentada a referencia a Alfarnate no século X como forte zona de produción de fariña. Nunha localidade veciña, Alfarnatejo, pódense ver dous muíños de fariña que traballaban coa auga do regueiro.

Xeografía

editar
 
Pinar en Alfarnate.

Situado no norte da provincia, é a localidade máis alta (as rúas están situadas a 925 metros sobre o nivel do mar) e o seu termo está completamente rodeado de serras pertencentes ao movemento xeolóxico da Subbética con formacións de dolomías e margocalizas como a Serra de Camarolos polo sueste, a Serra do Jobo, cuxos cumes forman a fronteira do seu termo por oeste e noroeste, co pico do Chamizo (1.641 msnm). O norte xeográfico é tamén, co porto dos Alazores, a divisoria coa Serra de Alhama que a percorre de norte a sueste, coas formacións como o Tajo de las Palomas (1.302 m), para encontrarse no Porto do Sol (1.100 m) coa Serra de Enmedio que a delimita polo sur con picos como o de Vilo (1.415 m), Gallo (1.361 m) e o Morrón de Malinfierno que protexe o lugar polo sur (1.077 m). No medio destas serras de considerable altura, Alfarnate goza dun fermoso val a máis de 900 metros que fai deste un dos máis raros exemplos de vilas de montaña en Andalucía.

Monumentos e lugares de interese

editar
 
Vista de Alfarnate.
  • Casas consistoriais
  • Ermida da Nosa Señora de Monsalud
  • Insigne Igrexa Parroquial de Santa Ana
  • Pontes de ladrillo

Política e administración

editar

A administración política do municipio realízase a través dun concello de xestión democrática cuxos compoñentes se elixen cada catro anos por sufraxio universal. O censo electoral está composto por todos os residentes empadroados en Alfarnate maiores de 18 anos e nacionais de España e dos restantes estados membros da Unión Europea. Segundo o disposto na Lei do Réxime Electoral Xeral,[2] que establece o número de concelleiros elixibles en función da poboación do municipio, a Corporación Municipal de Alfarnate está formada por 9 concelleiros.

Lexislatura Nome do alcalde Partido político
1979–1983 Juan Verdugo Palma PCE-PCA
1983–1987 Juan Verdugo Palma PCE-PCA
1987–1991 José Ortigosa Ruiz IULV-CA
1991–1995 José Ortigosa Ruiz IULV-CA
1995–1999 José Ortigosa Ruiz IULV-CA
1999–2003 José Ortigosa Ruiz IULV-CA
2003–2007 José Ortigosa Ruiz IULV-CA
2007–2011 José María Ruiz Lizana PSOE-A
Dende 2011 Salvador Urdiales Pérez PSOE-A

Economía

editar

O sector primario ocupa case o cen por cento dunha economía dedicada case en exclusiva a unha veiga, regada polos seus regueiros, que se cultiva de trigo e dos garavanzos de indiscutible calidade e fama; algúns oliveirais e algo de amendoeira, compleméntanse cunha pequena cabana caprina e ovina. Nos últimos anos explotouse moito o cultivo de regadío en toda a súa variedade, tomates, leitugas, alcachofas, cabaciñas, fabas, pementos, melóns... explotando a auga do subsolo na que a devandita localidade é moi rica. Tamén se foron introducindo algunhas variedades de árbores froiteiras como son as cerdeiras ou as maceiras.

Festas

editar
  • 25 de abril: San Marcos
  • 15 de maio: San Isidro
  • 13 de xuño: San Antonio
  • 24 de xuño: San Juan

Véxase tamén

editar