Asociación Profesional de Xadrez
A Asociación Profesional de Xadrez (PCA) en inglés Professional Chess Association foi unha organización rival da FIDE creada por Garri Kasparov e Nigel Short para organizaren e promoveren o seu propio Campionato do Mundo de xadrez, a entidade existiu dende 1993 ata 1996.
Creación
editarNigel Short gañou no 1993 as eliminatorias do torneo de candidatos e clasificouse para xogar polo Campionato do Mundo de xadrez contra Garri Kasparov.
As ofertas para o mundial de xadrez deberan seren concordadas por tres partes, polo campión, polo aspirante e pola federación, iso conforme as regras da FIDE. Segundo Nigel Short e Garri Kasparov, o naqueles tempos presidente da FIDE Florencio Campomanes incumpriu as regras da FIDE simplemente ó anunciar que Manchester gañara as poxas das ofertas para ser a sede do mundial. Cómpre notar que a FIDE recada unha parte considerábel dos seus ingresos coas contribucións dos mundiais.
A consecuencia diso, Kasparov e Short crearon a PCA nomeando a Bob Rice comisario, logo xogaron baixo a PCA o seu propio Campionato do Mundo en outubro do 1993. O duelo patrocinado polo xornal inglés The Times protagonizouse no edificio do Savoy Theatre en Londres. Kasparov venceu contundentemente por 12½ a 7½.
Partidas por orde | 1[1] | 2[2] | 3[3] | 4[4] | 5[5] | 6[6] | 7[7] | 8[8] | 9[9] | 10[10] | 11[11] | 12[12] | 13[13] | 14[14] | 15[15] | 16[16] | 17[17] | 18[18] | 19[19] | 20[20] | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Garri Kasparov Rusia | 1 | ½ | 1 | 1 | ½ | ½ | 1 | ½ | 1 | ½ | ½ | ½ | ½ | ½ | 1 | 0 | ½ | ½ | ½ | ½ | 12½ |
Nigel Short Inglaterra | 0 | ½ | 0 | 0 | ½ | ½ | 0 | ½ | 0 | ½ | ½ | ½ | ½ | ½ | 0 | 1 | ½ | ½ | ½ | ½ | 7½ |
A FIDE anuloulle o título de Campión do Mundo a Kasparov e de paso organizou en contra outro Campionato do Mundo paralelo entre Anatoli Kárpov e Jan Timman, ambos foran eliminados por Short nas eliminatorias do torneo de candidatos. Kárpov gañou e proclamouse Campión do Mundo da FIDE. Por primeira vez na historia existiron dous campións do mundo ó mesmo tempo, o campión do mundo versión FIDE Anatoli Kárpov e o campión do mundo versión PCA Garri Kasparov.
Partidas por orde | 1[21] | 2[22] | 3[23] | 4[24] | 5[25] | 6[26] | 7[27] | 8[28] | 9[29] | 10[30] | 11[31] | 12[32] | 13[33] | 14[34] | 15[35] | 16[36] | 17[37] | 18[38] | 19[39] | 20[40] | 21[41] | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Jan Timman Países Baixos | 0 | 1 | ½ | ½ | ½ | 0 | ½ | ½ | ½ | 0 | ½ | ½ | ½ | 0 | 0 | 0 | ½ | ½ | ½ | 1 | ½ | 8½ |
Anatoli Kárpov Rusia | 1 | 0 | ½ | ½ | ½ | 1 | ½ | ½ | ½ | 1 | ½ | ½ | ½ | 1 | 1 | 1 | ½ | ½ | ½ | 0 | ½ | 12½ |
Ciclo 1995
editarA PCA levou a cabo un torneo Interzonal e duelos de candidatos co mesmo estilo das clasificatorias da FIDE entre 1993 e 1995. A FIDE tamén tivo o seu propio ciclo e algúns dos xadrecistas xogaron o ciclo da FIDE e ó mesmo tempo tamén o da PCA. O torneo dos candidatos da PCA gañouno o indio Viswanathan Anand.
Kasparov denfendeu o seu título de Campión do Mundo versión PCA contra Anand nas Torres xemelgas (World Trade Center) de Nova York, o duelo empezara o 11 de setembro no 1995 e Kasparov gañou o duelo de 18 partidas 10½ a 7½.
Partidas por orde | 1[42] | 2[43] | 3[44] | 4[45] | 5[46] | 6[47] | 7[48] | 8[49] | 9[50] | 10[51] | 11[52] | 12[53] | 13[54] | 14[55] | 15[56] | 16[57] | 17[58] | 18[59] | Total |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Viswanathan Anand India | ½ | ½ | ½ | ½ | ½ | ½ | ½ | ½ | 1 | 0 | 0 | ½ | 0 | 0 | ½ | ½ | ½ | ½ | 7½ |
Garri Kasparov Rusia | ½ | ½ | ½ | ½ | ½ | ½ | ½ | ½ | 0 | 1 | 1 | ½ | 1 | 1 | ½ | ½ | ½ | ½ | 10½ |
Desaparición e secuelas
editarA PCA perdeu o seu patrocinador principal Intel no 1996 e parou de existir pouco despois. Iso deixou a Kasparov sen capacidade de organizar un ciclo de clasificacións para pór o seu propio título en xogo. Kasparov escolleu no ano 2000 arbitrariamente ó seu ex pupilo Vladímir Krámnik como contrincante para o Campionato do Mundo. Ese comportamento deixou moi mal sabor no mundo do xadrez xa que o posto de aspirante correspondía a Aleksei Xírov por gañarlle no 1998 a Krámnik nun duelo sen perder ningunha partida.
Dese xeito creou Kasparov nepotismo, el mesmo culpou toda a súa vida á FIDE e á Unión Soviética polo mesmo. Así predicou auga e bebeu viño. Sexa como for, no 2000 encontraron como patrocinador a Braingames. Kasparov e Krámnik xogaron polo título ó cal chamaron Campionato do Mundo Clásico de xadrez. A idea de poñelo clásico xurdiu porque segundo eles se entendía que só un aspirante que gañase ó Campión do Mundo podería ser campión. Unha maneira algo esquizofrénica porque eles mesmos se desautorizaban do título, xa que pola mesma regra de tres, Bobby Fischer sería o Campión Clásico ata morrer no 2008.
Krámnik derrotou a Kasparov sen perder ningunha partida, de modo que Kasparov sería naqueles momentos o único Campión do Mundo na historia que foi destronado sen nin poder gañar unha partida, o que foi un rexistro histórico remarcábel. Máis aínda tendo en conta que Krámnik perdera dous anos antes tamén sen gañar unha partida nun enfrontamento contra Xírov.
As secuelas da separación da FIDE en 1993 foron supostamente pechadas co título de reunificación no 2006 cando o Campión da versión FIDE Veselin Topalov perdeu contra Krámnik, mais no mundo real as secuelas seguen intactas.
Notas
editar- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, primeira partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, segunda partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, terceira partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, cuarta partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, quinta partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, sexta partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, sétima partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, oitava partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, novena partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, décima partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, undédima partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, duodécima partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, décimo terceira partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, décimo cuarta partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, décimo quinta partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, décimo sexta partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, décimo sétima partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, décimo oitava partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, décimo novena partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, vixésima partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, primeira partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, segunda partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, terceira partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, cuarta partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, quinta partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, sexta partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, sétima partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, oitava partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, novena partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, décima partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, undécima partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, duodécima partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, décimo terceira partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, décimo cuarta partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, décimo quinta partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, décimo sexta partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, décimo sétima partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, décimo oitava partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, décimo novena partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, vixésima partida
- ↑ Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, vixésimo primeira partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, primeira partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, segunda partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, terceira partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, cuarta partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, quinta partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, sexta partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, sétima partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, oitava partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, novena partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, décima partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, undédima partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, duodécima partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, décimo terceira partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, décimo cuarta partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, décimo quinta partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, décimo sexta partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, décimo sétima partida
- ↑ Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, décimo oitava partida