Zwolle é unha cidade neerlandesa de 105.801 habitantes, capital da provincia de Overijssel, sita na orilla dereita do río Ijssel, no punto de cruzamento de numerosas canles, por medio das cales está unida ao Zuiderzee e á rexión industrial de Twente. É un importante mercado de gando, de manteiga e de ovos, ademais dun centro industrial.

Zwolle
Bandeira de Zwolle Escudo de Zwolle
Bandeira Escudo
Situación xeográfica
Localización de Zwolle en Overijssel
País: Países Baixos Países Baixos
Provincia: Flag of Overijssel.svg Overijssel
Xeografía
Supericie
 • Terra
 • Auga
119,28 km²
111,65 km²
7,63 km²
Poboación
Poboación: 117.663 (2009)
Densidade: 1.054 hab/km2
Información
Código postal: 8000 - 8049
Alcalde: Jozias van Aartsen (VVD)
Sitio na web: www.zwolle.nl
Zicht op Zwolle Centrum.jpg
Zwolle, muíño de vento
Zwolle: canal de Thorbeckegracht

HistoriaEditar

A cidade aparece citada por vez primeira sobre o ano 1040. Foi membro da Liga hanseática e durante o Medievo foi un saliente centro cultural.Arredor do ano 1580 inclinouse polo luteranismo. Alcanzou o esplendor no século XVII.

Lugares de intereseEditar

Como testemuño do seu notábel pasado conserva varios monumentos importantes como:

  • a Igrexa Grande de San Miguel (Sint Michäelskerk), de estilo gótico,
  • o Corpo de Garda (Hooftwacht), acaroado en 1614 ao edificio anterior, de estilo clasicista,
  • a igrexa católica de Nosa Señora, que remonta ao século XV),
  • a Casa do Concello (Stadhuis), con sáas entre o século XV e a actualidade, na que destaca a Sala dos Rexedores (Schepenzaal), de 1448.

Cidadáns notábeisEditar