Zuiderzee

antiga baía do mar do Norte ao noroeste dos Países Baixos, e hoxe lago (IJsselmeer) e nova provincia (Flevoland)

O Zuiderzee (en neerlandés, Zuiderzee, "mar do sur") era unha antiga entrada ou baía pouco profunda do mar do Norte que se internaba na zona noroeste dos Países Baixos, e que se estendía uns 100 km no interior e tiña unha anchura non maior de 50 km, a súa profundidade era duns 4 a 5 m e tiña unha costa de 300 km. Cubría unha superficie de 5000 km². O seu nore significa, en neerlandés, "mar do Sur", o que indica que a orixe do nome provén de Frisia, que se encontra situada ao norte do Zuiderzee.

Mapa histórico dos Países Baixos (1658) con De Zuyder Zee

Durante o século XX a maior parte do Zuiderzee, tras a construción do dique de Afsluitdijk, foi illado do mar do Norte (deixando que a boca de conexión pasara a ser parte do mar de Frisia) e sen a entrada de auga salgada, o corpo de auga transformouse nun lago de auga doce chamado o IJsselmeer (lago do IJssel) polo nome do río que desemboca nel (o río IJssel, unha rama do estuario do río Rin). Mediante a súa drenaxe e a construción de pólderes, unha área duns 1500 km² foi recuperada como terra firme, pasando a ser a actual provincia de Flevoland, que en 2011 xa contaba cunha poboación de cerca de 400 000 habitantes.