Intel Corporation

(Redirección desde «Intel»)

Intel Corporation é unha empresa multinacional fundada por Gordon E. Moore e Robert Noyce en 1968, que fabrica microprocesadores, circuítos integrados especializados tales coma circuítos integrados auxiliares para placas base de ordenador e outros dispositivos electrónicos.

Intel Corporation


Tiponegocio e empresa de capital aberto Editar o valor en Wikidata
Parte deS&P 500, NASDAQ-100, Dow Jones Industrial Average (pt) Traducir e Dow Jones Global Titans 50 Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicacorporación de Delaware Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Fundador/aRobert Noyce, Gordon E. Moore e Andrew Grove Editar o valor en Wikidata
Director/a executivo/aPat Gelsinger (pt) Traducir (15 de febreiro de 2021-1 de decembro de 2024)
Bob Swan (pt) Traducir (21 de xuño de 2018-15 de febreiro de 2021)
Brian Krzanich (16 de maio de 2013-21 de xuño de 2018)
Paul Otellini (en) Traducir (18 de maio de 2005-2 de maio de 2013)
Craig Barrett (pt) Traducir (1998-2005)
Andrew Grove (1987-1998)
Gordon E. Moore (1975-1987)
Robert Noyce (1968-1975)
Michelle Johnston Holthaus (en) Traducir (-) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaindustria de semicondutores e industria eléctrica Editar o valor en Wikidata
Entidades
En sociedade conFundo Internacional de Desenvolvimento Agrícola (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Economía
Bolsa de valoresNASDAQ e Bolsa de Hong Kong Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación18 de xullo de 1968 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 37°23′17″N 121°57′50″O / 37.3881, -121.964
SedeSanta Clara Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBintel.com Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: Intel Twitter: intel Instagram: intel LinkedIn: intel-corporation Youtube: UCk7SjrXVXAj8m8BLgzh6dGA TikTok: intel Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Historia

editar

Intel foi fundada por Gordon E. Moore e Robert Noyce en 1968, quen inicialmente quixeron chamar á empresa Moore Noyce, pero soaba mal, polo que elixiron como nomee as siglas de Integrated Electronics, en español Electrónica Integrada. Este nome estaba rexistrado por unha cadea hoteleira, polo que tiveron que mercar os dereitos para poder empregalo.

A compañía comezou fabricando memorias antes de dar o salto aos microprocesadores. O primeiro microprocesador de Intel, o Intel 4004, foi creado en 1971 para facilitar o deseño dunha calculadora. No canto de ter que deseñar varios circuítos integrados para cada parte da calculadora, deseñaron un que segundo un programa almacenado na memoria podía facer unhas accións ou outras, é dicir, un microprocesador. Hoxe en día discútese se o primeiro microprocesador da historia da informática foi creado por Intel ou por Texas Instruments.

Durante os anos 90, Intel foi responsable de moitas das innovacións do hardware dos ordenadores persoais, incluíndo os buses PCI, AGP e USB, ademais do novo PCI-Express. Con todo, non hai que esquecer moitos outros lanzamentos, intentos de estandarización errados, que a empresa ten ás súas costas (véxase RDRAM, ou o Slot 1 dos seus Pentium III).

Intel domina o mercado dos microprocesadores. Actualmente, o principal competidor de Intel no mercado é Advanced Micro Devices (AMD), empresa coa que Intel tivo acordos de compartición de tecnoloxía: cada socio podía utilizar as innovacións tecnolóxicas patentadas da outra parte sen ningún custo.

Dentro dos microprocesadores de Intel podemos destacar as tecnoloxías multinúcleo implementadas nos procesadores Pentium D e Core 2 Duo, a tecnoloxía móbil Centrino desenvolvida para o mercado de ordenadores portátiles e a tecnoloxía HyperThreading integrada nos procesadores Intel Pentium 4.

O 6 de xuño de 2005 Intel chegou a un acordo con Apple Computer, polo que Intel proverá procesadores para os ordenadores Apple, realizándose entre 2006 e 2007 a transición desde os tradicionais IBM. Finalmente en xaneiro de 2006 presentáronse ao mercado as primeiras computadoras de Apple, unha portátil e outra de escritorio, con procesadores Pentium Dual Core de dobre núcleo.

Ligazóns externas

editar