Abd al-Rahman I
Abd al-Rahman I[1] (Abderramán, Abd ar-Rahman ou ‘Abd al-Rahmán), nado en Damasco en 731 e finado en Córdoba en 788, foi un Califa andalusí.
Abd al-Rahman I | |
---|---|
Nacemento | 731 |
Lugar de nacemento | Rif Dimashq e Damasco |
Falecemento | 30 de setembro de 788 |
Lugar de falecemento | Qurṭubah |
Soterrado | Alcázar Califal (Córdoba) |
Nacionalidade | Califato omeia e Emirato de Córdoba |
Relixión | Sunnismo |
Ocupación | político, gobernante e líder militar |
Pai | Muawiya ibn Hisham |
Fillos | Hisham |
Irmáns | Aban ibn Mu'awiya ibn Hisham |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Foi o fundador dunha dinastía musulmá que gobernou al-Andalus por case tres séculos, e membro da dinastía omeia, pois era neto de Hisham ibn Abd al-Malik, o décimo califa Omeia.
TraxectoriaEditar
Era coñecido como o emigrante, tivo que fuxir de Damasco cando os abásidas derrotaron aos omeias e procurou refuxio en Palestina e Siria. A través de Exipto chegou ao norte de África e despois de catro anos refuxiouse entre a tribo bérber dos Nazca (Mauritania) da cal proviña a súa nai. De aí pasa á Península Ibérica, onde contaba cun certo número de partidarios e se sentía máis a salvo da persecución dos axentes ao servizo dos abásidas, que pretendían acabar con todos os membros da dinastía omeia.
Desembarcou no porto de Almuñécar o 14 de agosto do 755, contando co apoio das tribos iemenís e sirias de al-Andalus. En marzo do 756 entrou en Sevilla e o 15 de maio derrotou ao emir Yusuf al-Fihri, entrou en Córdoba e foi proclamado emir.
Durante o seu reinado dedicouse a establecer un estado centralizado. Tivo que facer fronte a sublevacións e revoltas incluída a dalgúns membros da súa familia. Protexeu os artistas e poetas, e foi ele mesmo autor de poesías. Recibiu o alcume de O Xusto.
Tamén, baixo o seu reinado, iníciase a construción no ano 785 da Mesquita de Córdoba sobre a localización da Basílica visigoda de San Vicenzo Mártir, que foi construída no século VI. No mesmo terreo iníciase a edificación do oratorio ou haram no ano 786.
Morreu após trinta e dous anos de reinado, deixando o trono ao seu fillo Hicham, en detrimento de Solimán e de Abd-Alláh, seus irmáns mais vellos.
NotasEditar
- ↑ "And al-Rahman". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 22.