Yanko Daučík

(Redirección desde «Yanko Daucik»)

Yanko Daučík Ciboch, nado en Praga o 22 de marzo de 1941 e finado en Madrid o 13 de maio de 2017, foi un futbolista eslovaco, que xogaba de dianteiro. Fillo do futbolista internacional e adestrador Ferdinand Daučík, militou en numerosos clubs, a maioría deles españois e a miúdo adestrado por seu pai.

Infotaula de personaYanko Daučík
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1941 Editar o valor em Wikidata
Praga, República Checa Editar o valor em Wikidata
Morte13 de maio de 2017 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteembolia pulmonar Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Checoslovaquia Editar o valor em Wikidata
Altura189 cm Editar o valor em Wikidata
Peso86 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1959 Editar o valor em Wikidata - 1971 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Club de Fútbol Profesional de la Universidad de Chile
- Elche CF
1959-1960 Rayo Vallecano 4(1)
1960-1960 Unión Deportiva Salamanca
1960-1962 Real Betis Balompié 38(14)
1962-1964 Real Madrid Club de Fútbol 10(3)
1964-1965 Atlético de Madrid 0(0)
1965-1966 Unión Deportiva Melilla 20(3)
1966-1967 RCD Mallorca 20(6)
1967-1968 Toronto Falcons (en) Traducir 21(25)
1968-1969 Rayo Vallecano 14(7)
1969-1970 Unió Esportiva Sant Andreu 17(9)
1970-1971 RCD Espanyol 13(1)
1971-1972 Xerez Club Deportivo 8(1) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Nado en 1941 en Praga, capital entón de Checoslovaquia, en 1950 trasladouse coa súa familia a España, onde seu pai, Ferdinand Daučík, asinou como novo adestrador do FC Barcelona. Xogou no Indautxu mentres seu pai adestraba o Athletic de Bilbao, e cando este colleu as rendas do Atlético de Madrid finais da década de 1950, Yanko entrou na canteira do club madrileño.[1] Tras xogar no filial atlético, na parte final da tempada 1958/59 foi cedido ao Salamanca. Na seguinte campaña volveu ir cedido, desta vez ao Rayo Vallecano, da Segunda División,[2] co que disputou catro partidos da tempada 1959/60, marcando un gol no seu debut ante o Valencia Mestalla.

A continuación seguiu a seu pai ao Porto, no que xogou durante a tempada 1959/60, e ao Betis, polo que fichou en 1960.[3] Debutou na Primeira División na primeira xornada da tempada 1960/61 ante o Mallorca, e completou a súa primeira campaña na elite do fútbol español con 9 goles en liga, incluído un triplete contra a Real Sociedad, e 6 na Copa do Xeneralísimo.

As súas actuacións en Sevilla atraeron o interese do Real Madrid, que o fichou en agosto de 1962.[4] Con todo, no club branco tivo que afrontar a dura competencia de Alfredo Di Stéfano, Francisco Gento, Ferenc Puskás e Amancio Amaro, polo que nas súas tres tempadas no equipo só disputou 20 encontros entre liga e Copa. Marcou un total de 8 goles, entre eles un triplete contra o Indautxu na Copa. En 1964 tivo que trasladarse a Melilla para realizar o servizo militar,[5] polo que xogou cedido ao Melilla, da Segunda División.[6]

En maio de 1965 comprou a súa liberdade ao Real Madrid e fichou polo Atlético de Madrid.[7] Debutou co equipo de Otto Bumbel nas semifinais da Copa de Feiras ante a Juventus e disputou tamén dous partidos da Copa do Xeneralísimo, competición que o seu equipo acabou gañando. A continuación regresou ao servizo militar e volveu xogar unha segunda tempada no Melilla.[8]

No verán de 1966 xogou co Toronto Italia na Eastern Canada Professional Soccer League do Canadá.[9][10] A continuación regresou a España para xogar a tempada 1966/67 co Mallorca na Segunda División, e logo volveu ao Toronto, onde se lle uniron o seu pai Ferdinand, o seu tío László Kubala e o seu curmán Branko Kubala. Na tempada 1967 marcou 20 goles en 17 partidos, sendo o máximo goleador da National Professional Soccer League.[11] En 1968 marchou a Chile para xogar no Universidad de Chile, equipo adestrado por Alejandro Scopelli, amigo de seu pai, onde apenas tivo participación.[12]

Pasou os seus últimos anos como xogador no fútbol español, militando en cinco clubs máis, en tres deles ás ordes de seu pai. Así, pasou polo Elche,[13] o Rayo Vallecano e o Sant Andreu, antes de regresar en 1970 á máxima categoría, fichando polo Espanyol. Colgou as botas en 1972, tras unha última tempada no Xerez.

Trala súa retirada dedicouse aos negocios e tivo un breve paso polos bancos, adestrando o Moscardó. Morreu o 13 de maio de 2017 en Madrid aos 76 anos.[14]

Vida persoal

editar

Era fillo do futbolista e adestrador Ferdinand Daučík e sobriño do matrimonio formado por Anna Viola Daučík e o tamén futbolista László Kubala. Tamén foron futbolistas os seus irmáns Ignacio e Javier Daučík e o seu curmán Branko Kubala.[15]

Palmarés

editar
Real Madrid
Atlético de Madrid
  1. Niño, Álex (19 de marzo de 1997). "Merlín busca banquillo". El País (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2022. 
  2. "Daucik (hijo) cedido al Rayo Vallecano". El Correo Gallego (en castelán) (26757). 12 de setembro de 1959. p. 2. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  3. "Daucik piensa en Chile". La Noche (en castelán) (12239). 6 de decembro de 1960. p. 4. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  4. "Yanko Daucik fichó por el Real Madrid". La Noche (en castelán) (12597). 4 de agosto de 1962. p. 6. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  5. "Yanko". La Noche (en castelán) (13175). 20 de febreiro de 1964. p. 6. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  6. "Yanko Daucik". El Progreso (en castelán). 18 de novembro de 1964. p. 6. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  7. "Yanko Daucik compró su libertad al Madrid". El Pueblo Gallego (en castelán). 15 de maio de 1965. p. 12. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  8. "Daucik, otra vez al Melilla". El Pueblo Gallego (en castelán). 9 de setembro de 1965. p. 15. Consultado o 1 de maio de 2022. 
  9. Waring, Ed (2 de xuño de 1966). "Piotti nearly didn't get in, Roma wishes he hadn't". The Globe and Mail (en inglés). p. 29. 
  10. Colin, Jose (2001). On-Side - 125 Years of Soccer in Ontario (en inglés). Vaughan: Ontario Soccer Association and Soccer Hall of Fame and Museum. p. 197. 
  11. "Datos de Yanko Daucik na NASL". nasljerseys.com (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2022. 
  12. Salviat, Julio. "Cero aporte: Yanko Daucik, el peor europeo en Chile" (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2022. 
  13. "Yanko Daucik fichado por el Elche". El Pueblo Gallego (en castelán). 12 de maio de 1968. p. 16. Consultado o 2 de maio de 2022. 
  14. "Fallece a los 76 años el exmadridista Yanko Daucik". As (en castelán). 13 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2022. Consultado o 2 de maio de 2022. 
  15. Poquí, Joan (11 de decembro de 2016). "El milagro de Kubala". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 2 de maio de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar