Xunta de Galicia de 2024
Tras as eleccións de febreiro de 2024, Alfonso Rueda, malia perder dous deputados, conseguiu revalidar a maioría que conseguira Núñez Feijóo en 2020. Grazas a isto seguirá sendo presidente da Xunta até o ano 2028.
Case dous meses despois das eleccións, o Parlamento celebrou a posposta sesión de investidura do presidente da Xunta o 11 de abril, sendo elixido Alfonso Rueda con corenta votos a favor, unha abstención. O día 13 de abril celebrouse a toma de posesión nos xardíns de Bonaval coa asistencia de diferentes autoridades e expresidentes da Xunta. Ao día seguinte fíxose público o novo consello de goberno.
O novo gabinete do presidente Rueda, se ben mantén boa parte da estrutura e conselleiros anteriores, cabe salientar a supresión das vicepresidencias, a modificación de varias das consellarías e as súas atribucións, a recuperación da consellaría de Cultura e a saída de Ethel Vázquez, Comesaña e Elena Rivo.
Predecesor: Xunta de Galicia de 2022 |
Xunta de Galicia de 2024 2024 - 2028 |
Sucesor: En funcións |