María José Gómez Rodríguez

política galega

María José Gómez Rodríguez, nada en Guntín en 1976, é unha profesora e política galega do PPdG.

Infotaula de personaMaría José Gómez Rodríguez
Biografía
Nacemento1976 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Guntín, España Editar o valor em Wikidata
Conselleira da Xunta de Galicia
2024 –
Senado
23 de xullo de 2023 – 14 de abril de 2024
Alcaldesa de Guntín
2019 – 2024
← Jesús Carreira FerreiroÁngel Pérez Rodríguez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Doutora en Humanidades e licenciada en filoloxía inglesa.[1] Foi profesora de inglés no IES de Monterroso. Nas eleccións municipais de 2015 foi elixida concelleira de Guntín e foi tenente alcalde. En xaneiro de 2017 foi nomeada xefa do Servizo de Coordinación da Área de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.[2] Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Guntín e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta.[1] entre 2022 e 2023, foi xefa territorial da Consellaría de Educación na provincia.[1]

Nas municipais de 2023 volveu ser elixida alcaldesa tamén con maioría absoluta. Nas eleccións de 2023 foi elixida senadora pola provincia de Lugo.[3]

En abril de 2024 foi nomeada conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia,[4] abandonando os seus anteriores cargos o 15 de abril.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Redacción (15 de abril de 2024). "Política, profesora y ganadera". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 28 de abril de 2024. 
  2. La Voz de Galicia, Lugo, 17-1-2017, p. L6.
  3. "GÓMEZ RODRÍGUEZ, MARÍA JOSÉ". senado.es (en castelán). 14 de abril de 2024. Consultado o 28 de abril de 2024. 
  4. Redacción (14 de abril de 2024). "¿Quién es quién en el nuevo gobierno de la Xunta?". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 28 de abril de 2024. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar