Xulián Magariños
Xulián Manuel Cipriano Magariños Negreira, nado en Negreira o 16 de setembro de 1904 e finado o 9 de xullo de 1934, foi un escritor e avogado galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1904 Negreira, España |
Morte | 9 de xullo de 1934 (29 anos) Negreira, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Dereito |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Entre 1923 e 1928 estudou Dereito en Santiago de Compostela. Foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos durante a súa etapa universitaria, xunto a Fermín Bouza-Brey, Xosé Filgueira Valverde e outros estudantes da época. En setembro de 1928 marchou a Madrid para preparar as oposicións a rexistrador da propiedade. En 1930 volveu a Negreira e establécese cun bufete de avogado. Escribiu na prensa (A Nosa Terra, Céltiga, El Compostelano, El País Gallego, La Voz de Barcala, Nós), colaborou (con Cordal Carús, Filgueira Valverde e Lois Tobío Fernández) nun Vocabulario popular Galego-Castelán (Santiago, 1928) e publicou dúas noveliñas curtas na histórica colección Lar. Enfermo do corazón, faleceu na súa vila natal en 1934 ós 29 anos de idade.
Obras editar
Galería de imaxes editar
Notas editar
- ↑ Iglesias, Xabier (13/10/2012). "O Kalivera 30 H.P.". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
- ↑ Iglesias, Xabier (31/01/2015). "O filósofo de Tamarica". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xulián Magariños |
Bibliografía editar
- Casares Mouriño, Carlos, ed. (1990). Antoloxía da novela curta. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-746-5.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 366.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 257. ISBN 84-7492-465-0.
- Liñares Giraut, A.; Roig, B.-A. (1988). Xulián M. Magariños Negreira. Un home da "Época Nós" (1904-1934). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-406-5.
- Liñares Giraut, A. (2004). Xulián Magariños. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3872-2.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- 110º aniversario do nacemento e 80º aniversario do falecemento 149 imaxes, documentos e recortes de prensa. IES Xulián Magariños.