Xosé Antonio Neira Cruz

escritor galego
(Redirixido desde "Xosé Antón Neira Cruz")

Xosé Antonio Neira Cruz, nado en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1968, é un escritor galego.

Xosé Antonio Neira Cruz
Xosé Antonio Neira Cruz.jpg
Nacemento1968
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información (sección de Xornalismo). Foi redactor da revista Tempos e, ademais de colaborar en diversas publicacións periódicas, dirixiu a revista de literatura infantil e xuvenil Fadamorgana. Escribiu tamén guións para diversos programas de radio e Televisión de Galicia.

Foi o responsable das coleccións "Sete Mares", "Árbore" e "Costa Oeste" da editorial Galaxia e en 2012 foi profesor de Xornalismo na USC. Foi nomeado Coordinador da Comisión de desenvolvemento de proxectos do IBBY, membro do Xurado do Premio do IBBY Asahi Reading Promotion así como integrante do Comité Organizador do 28º Congreso desta organización internacional.

ObraEditar

Unha parte importante da súa produción diríxese aos lectores máis novos: Melanio e os paxaros (Sotelo Blanco, 1990; revisado para a súa publicación na Serie Branca da Colección O Barco de Vapor dez anos despois); As porcas porquiñas, con ilustracións de Noemí López; María está a pinta-lo mar, historia dunha nena chea de ilusión disposta a vencer a súa enfermidade coa imaxinación; A memoria das árbores, que inaugura a colección Sondeconto. A recuperación da literatura popular está presente en O home máis rico do mundo, A caixa do tesouro e mais en'O xenio do sultán.

O seu traballo divulgador da tradición literaria galega comezou en tres edicións do Tren Caixa Galicia, organizado pola Biblioteca "Nova 33", coas biografías de Rosalía, Castelao, Paio Gómez Chariño (reeditados como volumes independentes por Edicións Xerais na colección "Así viviu", que incorpora unha biografía de Ánxel Fole). En 1998, con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a Mendiño, Martín Codax e Xoán de Cangas publicou nunha edición institucional para primeiros lectores senllas lúdicas introducións ao tempo e obra dos xograres: Rumbo á Illa de S. Simón (Mendiño), Caramelos Martín Codax e Xograr Cangas e asociados.

ObrasEditar

Literatura infanto-xuvenilEditar

  • Ó outro lado do sumidoiro (1989, Xerais). Premio Merlín, 1988.
  • Melanio e os paxaros (1990).
  • Os gatos de Venecia (1993). Foi traducida ao catalán.[1]
  • Así viviu Rosalía (1996).
  • Así viviu Castelao (1996).
  • Así viviu Paio Gómez Chariño (1997).
  • Así viviu Ánxel Fole (1997).
  • As porcas porquiñas (1997).
  • Valdemuller (1998). Premio O Barco de Vapor, 1997. Foi traducida ao castelán,[2] ao catalán[3] e ao portugués.[4]
  • O xenio do sultán (1998).
  • Caramelos Martín Codax (1998).
  • Rumbo á illa de San Simón (1998).
  • Xograr Cangas e Asociados (1998).
  • María está a pinta-lo mar (1998).
  • As cousas claras (2000, Xerais). Premio Merlín 2000. Foi traducida ao castelán,[5] ao portugués[6] e ao catalán.[7]
  • A memoria das árbores (2000, Kalandraka). Foi traducida ao castelán.[8]
  • Os ollos do tangaleirón (2000). Premio O Barco de Vapor, 1999. Foi traducida ao castelán.[9]
  • A caixa do tesouro (2001, Kalandraka). Foi traducida ao castelán.[10]
  • O home máis rico do mundo (2001, Kalandraka). Foi traducida ao castelán.[11]
  • O armiño dorme (2002). Foi traducida ao castelán,[12] ao catalán[13] e ao portugués.[14]
  • Eu son adoptada (2004). Foi traducida ao castelán,[15] ao catalán,[16] ao éuscaro[17] e ao asturiano.[18]
  • A viaxe a Compostela de Renato Ratoni, rato de compañía de Cosme III de Médicis (2004). Foi traducida ao castelán[19] e ao italiano.[20]
  • Mambrú, cociñeiro de perfumes (2005). Foi traducida ao castelán.[21]
  • A noite da raíña Berenguela (2005). Foi traducida ao castelán.[22]
  • Gatos e leóns (2006). Foi traducida ao castelán.[23]
  • Los libros de la almohada (2008).
  • Unha chea de familias (2008). Foi traducida ao castelán.[24]
  • O prodixio dos zapatos de cristal (2008). White Ravens 2009.
  • O debut de Martino Porconi (2008).
  • Un bico de amor e vida (2009, Galaxia).
  • Violeta non é Violeta (2009, MacMillan).
  • O punto da escarola (2009). Premio Barriga Verde 2008
  • Jan estivo alí (2010). Foi traducida ao coreano.[25]
  • O medo de Mo (2010, MacMillan). Foi traducida ao castelán.[26]
  • Unha costura no tempo (2010, Oxford). Foi traducida ao castelán[27] e ao catalán.[28]
  • Pedra sobre pedra (2011, Baía Edicións). Premio Barriga Verde 2009

NarrativaEditar

  • O sono das sereas (2017, Galaxia). Premio de Narrativa Breve Repsol 2017
  • Veleno de tinta impresa (2020). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-644-5.[29]

PoesíaEditar

En obras colectivasEditar

  • "Un somnífero moi particular" en Contos da campaña, 3 (1992).
  • "O plumífero de Xurxo" en Tres triscadas (1993).
  • "Rosalía tralas máscaras do tempo" en Contos da viaxe (1994).
  • "Castelao no Mar do Tempo" en Contos da travesía (1995).
  • "Paio gómez Chariño, ...a mui gran coita do mar" en Contos da ruta (1996).
  • E dixo o corvo... (1997, Xunta de Galicia).
  • "Orellas de podengo" en Imos xuntos camiñar (1999).
  • Diccionario da literatura galega. III. Obras (2000, Galaxia).
  • "Un agasallo inesperado " en Contos para levar no peto (2001).
  • "A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro" en Quen casa ten de seu (2009).

PremiosEditar

NotasEditar

  1. "Els gats de Venècia". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  2. "La estrella de siete puntas". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  3. "La vall de les bruixes". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  4. "Vale de mulher". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  5. "Las cosas claras". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. [Ligazón morta]
  6. "As coisas claras". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. [Ligazón morta]
  7. "Les coses clares". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. [Ligazón morta]
  8. "La memoria de los árboles". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. [Ligazón morta]
  9. "Los ojos sin párpados". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  10. "La caja del tesoro". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. [Ligazón morta]
  11. "El hombre más rico del mundo". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  12. "El armiño duerme". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  13. "L'ermini dorm". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  14. "O arminho dorme". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  15. "Soy adoptada". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  16. "Sóc adoptada". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  17. "Alaba adoptatua naiz". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  18. "Soi adoptada". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  19. "El viaje a Compostela de Renato Ratoni, ratón de compañía de Cosme III de Médicis". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. [Ligazón morta]
  20. "Il viaggio a Compostella di Renato Ratoni, topo di compagnia di Cosimo III de' Medici". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. [Ligazón morta]
  21. "Mambrú, cocinero de perfumes". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  22. "La noche de la reina Berenguela". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-07. [Ligazón morta]
  23. "Gatos y leones". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  24. "Un montón de familias". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  25. "[Jan estivo alí]". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  26. "El miedo de Mo". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  27. "Una costura en el tiempo". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  28. "Una costura en el temps". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2019-11-08. [Ligazón morta]
  29. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-02-19. 
  30. "Xosé A. Neira Cruz gaña o II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro". Editorial Galaxia. 2019-07-03. Consultado o 2019-07-06. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar