Juan Gómez Tonel

escritor español
(Redirección desde «Xoán Gómez Tonel»)

Juan Gómez Tonel, coruñés ou aveciñado na Coruña no primeiro cuarto do século XVII, foi un escritor e poeta en lingua galega, lingua castelá e latín, coordinador das Exequias da Raíña Margarida.

Modelo:BiografíaJuan Gómez Tonel
Biografía
Nacementos. XVI
A Coruña ?
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDiccionario bio-bibliográfico de escritores
Diccionario de escritores en lingua galega Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 1891 BNE: XX952099 BUSC: gomez-tonel-juan

Traxectoria

editar
 
Relación de las Exequias que hico la real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria nra Señora descriptas y puestas en stilo por Ioan Gomez Tonel.

Poucos datos se coñecen sobre este personaxe. Segundo as informacións de Antonio Rey Soto e Antonio Taboada Roca que recolle Xosé María Álvarez Blázquez, foi nado na montaña coruñesa, dentro da xurisdición de Santiago de Compostela. A vida de Gómez Tonel pérdese nas néboas do litoral das Mariñas. “Chore nosa montaña do gando, -leite e novidades de espida” son a única referencia autobiográfica. Mais si se coñece, a través dos seus escritos, a súa ideoloxía antierasmista e a súa profunda cultura renacente.

O día 29 de marzo de 1616 actuaba como lugartenente do alguacil maior do Reino de Galicia, ao servizo da Real Audiencia de Galicia. Outro dato máis canto a esta figura subminístrao o historiador Antonio Neira de Mosquera: "parece que Gómez Tonel tiña unha imprenta en Santiago". Porén, este é un dato que aínda non se puido comprobar.

A noticia da morte de Margarida de Austria-Estiria, raíña consorte de Filipe III de España, foi recibida en San Lorenzo de El Escorial o 15 de outubro de 1611. A Real Audiencia de Galicia decide honrar a soberana cuns fastuosos funerais e manda escribir a Gómez Tonel as composicións que se titularon, na edición de Santiago de 1612, Relación de las Exequias que hiço la real Audiencia del Reyno de Galiçia a la Magestad de la Reyna D. Margarita de Austria nra Señora. Colaboran nesta obra, amais do seu corifeo Pedro Vázquez de Neira, frei Antonio Brañales, frei Luís de Tapia, Alonso Pérez de Lara e Alonso Ordóñez das Seijas.

Sexa como for, o volume preparado por Gómez Tonel para a ocasión gozou de edición, levada a termo en Compostela na imprenta de Xoán Pacheco. De todos os exemplares impresos, na actualidade só se conservan tres: un custodiado no Museo Británico (adquirido en 1892), outro na Biblioteca Nacional de Madrid (procedente do mosteiro de Alcobaça) e un terceiro (lixeiramente mutilado) na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar