Xián (nome)

nome masculino

Xián[1] (pronunciado /ʃi'aŋ/) é un nome propio masculino galego de orixe latina: xentilicio da familia Iulia, dedicado a Xúpiter, a través do latín Iulianus. Porén, neste nome galego, conflúe tamén un nome xermánico, frecuente no galego medieval, nas formas Egila e Egilanus, e que significaba puñal.

Xián de Anazarbus, mártir cristián do século IV e venerado como santo.

Conta coas variedades Xiao (dialectal), Xillao, Xullán, Xuiao e Xulián. O feminino é Xiana coa variante Xuliana. Relaciónase co nome Xulio (Xulia).

O santoral é o 9 de xaneiro, en honra a San Xián de Antince (ca. †304), mártir xunto á súa dona Basilisa.

En abril de 2015, 652 varóns levaban o nome galego Xián en España, deles 571 en Galiza, maiormente nas provincias da Coruña e Pontevedra. A idade media era de soamente 8 anos, xa que antes adoitaba usarse a forma castelá Julián. A variante dialectal Xiao lévana 47 varóns [2], maioritariamente en Galiza. A forma Xulián, 40 varóns. A forma castelá Julián non é moi popular[Cómpre referencia] en Galiza, pero lévana 1385 varóns.

A forma feminina Xiana é aínda máis abundante; lévana 1038 mulleres en España, 927 en Galiza.

Etimoloxía Editar

Xián provén do latín iulianus, que significa de xulio ou pertencente á familia de Xulio. exactamente á familia do emperador Xulio César (en latín Gaius Julius Caesar).

Seica este nome teña moitos máis significados entre os que están: xuvenil, rexo, vizoso, raíces fortes ou perennes. Outra definición aceptada comunmente é "o do cabelo encaracolado".

Variantes noutras linguas Editar

Outros:

  • Jolyon
  • Julijan
  • Juliyan
  • Julien
  • Julyan
  • Juleane
  • Julean
  • Juliaan
  • Julianne
  • Julion
  • Julyin
  • Julyon
  • Julienn
  • Julienne
  • Jullien
  • Jullin
  • Julyen
  • Jülyen
  • Jullian
  • Ιουλιανός (Iulianos, Ioulianos)
  • Juljan
  • Iulian
  • Iulică
  • Turiano
  • Lulo
  • Juli
  • Gabelica

Persoeiros Editar

Galegos Editar

Antigüidade Editar

  • Xuliano (Flavio Claudio Xuliano), nado no ano 331, foi un emperador romano.
  • Anicia Xuliana, Constantinopla, 462, filla do augusto Anicio Olibrio, emperador de Occidente en 472.

Santos Editar

Nobres Editar

Notas Editar

  1. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Xi%E1n&tipo_busca=lema
  2. Hai tamén 119 cidadáns chineses que teñen por nome Xiao, pero non se corresponde coa variante galega Xiao, senón co nome chinés Xiao

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar