Anicia Xuliana, nada en Constantinopla no 462 e finada na mesma cidade no 528, foi a única filla do augusto Anicio Olibrio, emperador de Occidente en 472.[1]

Infotaula de personaAnicia Xuliana

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Anicia Iuliana Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento462 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Morte527 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino
Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmecenas Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAreobindo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosOlíbrio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAnicio Olibrio Editar o valor em Wikidata  e Placidia Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Juliana-9

Traxectoria editar

A súa nai Placidia era filla do augusto Valentiniano III, emperador de Occidente desde 423 até 455. No 478, o augusto Zenón, emperador de Oriente, propuxo o seu matrimonio con Teodorico, rei dos ostrogodos, para restaurar o Imperio Romano de Occidente e desta forma contar co apoio dos patricios que aínda quedaban en Italia, para lograr a incorporación desta provincia gobernada desde 476 por Odoacro, por medio dunha expedición comandada polo rei ostrogodo. Xuliana rexeitou este proxecto e casou con Flavio Areobindo, do que tivo un fillo, Flavio Anicio, que foi cónsul de Constantinopla no 491.[2]

Ela aspirou a ser augusta no 518, reclamando que seu fillo foise coroado emperador de Oriente, tanto polos seus dereitos dinásticos, xa que era o último representante das dinastías de Valentiniano e Teodosio, como polo seu matrimonio con Irene, filla do augusto Anastasio, emperador de Oriente desde 491 até 518.

Ordenou construír unha basílica dedicada a San Polieucto, que foi a máis grande de toda a cristiandade até a construción de Santa Sofía. Estaba situada no centro da cidade de Constantinopla, a metade do camiño entre o palacio imperial e a basílica dos Santos Apóstolos, mausoleo dos emperadores de Oriente, construído polo augusto Constantino I, fundador da cidade.

O friso conmemorativo da fundación especifica que os mosaicos do adro estaban dedicados á figura de Constantino e expresa que o propósito de Xuliana ao construír este templo era honrar a fe deste emperador e a do seu tataravó Teodosio I, os primeiros emperadores cristiáns.

Desta forma demostraba o seu poder económico e o seu prestixio social, como descendente dos antigos emperadores romanos, eclipsando o templo dos Santos Serxio e Baco, edificado cerca do palacio imperial por Teodora e Xustiniano I.

Mandou construír tamén un templo dedicado a Santa María Theotokos, mai de Deus, en Chrisóspolis, hoxe Skudari, suburbio asiático de Constantinopla. Reparou a igrexa de Santa Eufemia, construída pola súa avoa, a augusta Eudoxia, e polo seu pai, o augusto Anicio Olibrio.

Era parente de Anicio Boecio.

Un busto marmóreo, que actualmente podemos encontrar no Metropolitan Museum of Art, en Nova York, foi identificado como o seu retrato. Representa unha dama patricia, é de principios do século VI e procede de Constantinopla. Posiblemente se encontraba no adro de San Polieucto, xunto a outra estatua cuxa cabeza se encontra no Musée Saint-Raymond de Tolosa e que representaría a súa nai Placidia.

Notas editar

  1. Harrison, R. Martin (2014-07-14). Excavations at Sarachane in Istanbul (en inglés). Princeton University Press. ISBN 9781400857975. 
  2. "Anicia Juliana". The Byzantine Legacy (en inglés). Consultado o 2019-01-25.