Julián Rodríguez León

Julián Rodríguez León, nado no Barco de Valdeorras en 1970, é un alpinista galego, membro do Club de Montañismo Kirlo da súa vila natal.

Infotaula de personaJulián Rodríguez León
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
O Barco de Valdeorras, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Iniciouse no montañismo en 1988. En 2002 coroou o Aconcagua (6.959 m, teito de América), e o monte McKinley (6.195 m, en Alasca, cima de América do Norte).

O 9 de maio de 2006 coroou o Shishapangma ( 8.027 m), no Tíbet, se ben xa colaborara en ascensións a outros "oitomil" no Himalaia: Daulaghiri (8.172 m) en 1997 (dentro do proxecto Desafío 8000), e Gasherbum II no Karakorum paquistaní.