Shishapangma
O Shishapangma é a décimo cuarta montaña máis alta do mundo con 8.013 m.s.n.m. Está situada na cadea montañosa do Himalaia no Tíbet (República Popular da China). O Shishapangma é o pico máis baixo de todos os que superan os oito mil metros de altura. As súas coordenadas xeográficas son: 28° 21′ N e 85° 47′ E.
Tipo | montaña ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Langtang (pt) ![]() ![]() | |||
Localización | ||||
Continente | Asia ![]() | |||
División administrativa | Shigatse, República Popular da China (en) ![]() ![]() | |||
| ||||
Cordilleira | Jugal Himal (en) ![]() ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 8.027 m ![]() | |||
Prominencia topográfica | 2.897 m ![]() | |||
Illamento topográfico | 91 km ![]() | |||
Clasificación dos cumes | Oitomil ![]() | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
2 de maio de 1964 | primeira ascensión, ⇒ Wang Fuzhou (en) ![]() ![]() | |||

O pico é denominado tamén Gosainthan, Xixabangma ou Xixabangma Feng. A terceira é a denominación oficial chinesa.
Ascensións
editarO Shishapangma foi o derradeiro en ser escalado dos picos de máis de oito mil metros. O feito foi debido a que as autoridades chinesas obstaculizaban e negaban os permisos para entrar no Tíbet, o que finalmente fixo que un equipo de montañeiros chineses fosen os que realizasen o intento exitoso. Así no 2 de maio de 1964 o cume do Shishapangma foi coroado por unha expedición chinesa dirixida por Hsu Ching.