Santa Comba
Santa Comba é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Segundo o IGE en 2015 tiña 9.635 habitantes (10.487 no 2009, 10.588 no 2007, 10.647 no 2006, 10.683 no 2005, 10.704 no 2004, 10.823 en 2003). O seu xentilicio é «combés» ou «xalleiro».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital de | |||||
Capital | Santa Cataliña de Armada | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.342 (2023) (45,86 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 203,7 km² | ||||
Altitude | 300 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Alberto Romar Landeira | ||||
Eleccións municipais en Santa Comba | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15841 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15077 | ||||
Páxina web | santacomba.es | ||||
Etimoloxía editar
O nome provén de Santa Comba de Sens, virxe e santa galaica do século III cuxa lenda mestúrase con lendas celtas precristiás relacionadas con outras santas como Comba de Cornualla e Comba de Córdoba.
Xeografía editar
Está situada no oeste da provincia da Coruña, e ten 203 km². Pertence á comarca do Xallas, e ten un relevo pouco accidentado con suaves ondulacións cunha altitude entre os 300 e os 500 metros. O clima é atlántico moi húmido propio das zonas costeiras de Galicia. As choivas son moi abundantes, principalmente entre os meses de novembro e febreiro.
A capital do concello é Santa Cataliña de Armada, fusionada co núcleo de poboación de Santa Comba, situada case no centro xeográfico do municipio. Está a 62 km da Coruña, 28 de Santiago de Compostela (ámbalas dúas con aeroporto) e a 68 de Fisterra.
Censo total | 9.635 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.029 (10.68 %) |
Entre 15 e 64 anos | 5.822 (60.42 %) |
Maiores de 65 anos | 2.784 (28.89 %) |
Evolución da poboación de Santa Comba Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
9.075 | 9.726 | 12.061 | 11.902 | 10.704 | 10.101 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Santa Comba.
-
Santa Comba nevada.
-
Pazo de Cícere, (San Pedro de Cícere).
-
Santa Comba.
-
Casa do concello.
-
Placa altimétrica na casa do concello.
-
Escultura de Comba de Sens na vila de Santa Comba.
Parroquias editar
Lugares de Santa Comba editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Santa Comba vexa: Lugares de Santa Comba.
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santa Comba |
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |