Cícere, Santa Comba
parroquia civil do concello de Santa Comba
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cícere.
San Pedro de Cícere[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Santa Comba. Segundo o IGE en 2013 tiña 428 habitantes (224 mulleres e 204 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 529 habitantes.
Cícere | |
---|---|
Pazo de Cícere San Pedro de Cícere. | |
Concello | Santa Comba[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°02′47″N 8°52′31″O / 43.0464, -8.8754 |
Poboación | 386 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Nesta parroquia atopouse unha inscrición galaicorromana, na que o avó se chamaba Cadrolioco (indíxena preromano), o fillo Coelo (indíxena romanizado), e o neto Caesarus (nome romano de todo).
Lugares e parroquias
editarLugares de Cícere
editarLugares da parroquia de Cícere no concello de Santa Comba (A Coruña) | |
---|---|
Buxán | Cícere | Espasandín | Mallón | O Mato | A Pardiñeira | Rebordelos | Rubín | O Vilariño |