Ludwig Wittgenstein

filósofo austríaco
(Redirección desde «Wittgenstein»)

Ludwig Wittgenstein, nado en Viena o 26 de abril de 1889 e finado en Cambridge o 29 de abril de 1951, foi un filósofo austríaco.

Infotaula de personaLudwig Wittgenstein

(1930) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(de) Ludwig Josef Johann Wittgenstein Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de abril de 1889 Editar o valor em Wikidata
Neuwaldegg (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor em Wikidata
Morte29 de abril de 1951 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Cambridge (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de próstata Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaAscension Parish Burial Ground (pt) Traducir, 5D31 52°13′03″N 0°06′00″L / 52.21761, 0.10011 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaWiener Neustadt (1921–1925)
Skjolden (en) Traducir (1913–1914) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido (1938–1951)
Austria (1889–1938) Editar o valor em Wikidata
RelixiónProtestantismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College (1911–1913)
Victoria University of Manchester (en) Traducir (1908–1911)
Universidade Técnica de Berlín - enxeñaría (1906–1908)
Bundesrealgymnasium Linz Fadingerstraße (en) Traducir (1903–1906)
Universidade de Cambridge Editar o valor em Wikidata
Tese académicaTractatus Logico-Philosophicus Editar o valor em Wikidata (1929 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseBertrand Russell e Frank P. Ramsey (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo da linguaxe , aforista , epistemólogo , filósofo , matemático , catedrático , lóxico , teórico da arquitectura , mestre Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTrinity College (1929–1947) Editar o valor em Wikidata
MovementoFilosofía analítica Editar o valor em Wikidata
AlumnosAlice Ambrose (pt) Traducir e Elizabeth Anscombe Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
InstrumentoClarinete Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoReuben Goodstein (pt) Traducir e Casimir Lewy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaWittgenstein family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaisKarl Wittgenstein (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Leopoldine 'Poldy' Kalmus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMargaret Stonborough-Wittgenstein (pt) Traducir, Paul Wittgenstein (pt) Traducir, Johannes Wittgenstein (en) Traducir, Rudolf Wittgenstein (en) Traducir, Rittmeister Konrad Wittgenstein (en) Traducir, Dora Wittgenstein (en) Traducir, Helene Wittgenstein (pt) Traducir e Hermine Wittgenstein (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesFriedrich Hayek (curmán segundo)
Joseph Joachim (pt) Traducir (curmán segundo) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webwittgen-cam.ac.uk Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: 76f1379e-b20b-4d6d-8c6c-2b2fdc391bd7 IMSLP: Category:Wittgenstein,_Ludwig WikiTree: Wittgenstein-3 Find a Grave: 5887946 Editar o valor em Wikidata

Publicou o Tractatus logico-philosophicus,[1] que influíu en gran medida aos positivistas lóxicos do Círculo de Viena,[2] movemento do que nunca se considerou membro. Tempo despois, o Tractatus foi severamente criticado polo propio Wittgenstein en Os cadernos azul e marrón e nas súas Philosophische Untersuchungen (en galego, Investigacións filosóficas), ambas as obras póstumas. Foi discípulo de Bertrand Russell no Trinity College da Universidade de Cambridge, onde máis tarde tamén el chegou a ser profesor.

Traxectoria editar

Antecedentes familiares editar

De acordo cunha árbore xenealóxica elaborada en Xerusalén despois da segunda guerra mundial, o avó paterno foi Moisès Meier, un xudeu axente da terra que vivía coa súa muller, Brendel Simon, en Bad Laasphe, no Principado de Wittgenstein, Westfalia. En xullo do 1808, Napoleón publicou un decreto polo cal todos, incluídos os xudeus, tiñan que adoptar un apelido familiar hereditario, de forma que o fillo de Meier, tamén Moisès, tomou o nome dos seus amos, os Sayn-Wittgenstein, e pasou a chamarse Moisès Meier Wittgenstein.[3][4] O seu fillo, Hermann Christian Wittgenstein, que tomou o segundo nome "cristián" para distanciarse dos antecedentes xudeus, casou con Fanny Figdor, tamén xudía, que se converteu ao protestantismo xusto antes de casar, e a parella pasou a fundar un bo negocio co comercio de la en Leipzig, lonxe das súas orixes xudías.[5] A avoa de Ludwig, Fanny Figdor, era prima irmá do famoso violinista Joseph Joachim.[6]

Tiveron 11 fillos, todos baixo a prohibición imposta por Hermann de casar con xudeus, entre eles os Wittgenstein. O pai, Karl, na década de 1880, xa era un dos homes máis ricos do Imperio Austrohúngaro, cunha fortuna conseguida coa industria do ferro e o aceiro.[7] Grazas a Karl, os Wittgenstein convertéronse nun equivalente dos Krupp ou Rothschild; como resultado da decisión tomada en 1898 de transferir todos os seus investimentos ao estranxeiro, a familia estaba protexida da hiperinflación que afectou Austria despois da Primeira guerra mundial.[8]

Primeiros anos editar

Ludwig naceu en Viena ás oito e media do anoitecer do 26 de abril do 1889, no Palais Wittgenstein, no número 16 de Alleegasse, actualmente Argentinierstrasse, preto da Karlskirche.[9] Era fillo de Karl e a súa muller, Kalmus, xudía por parte de pai e católica romana por parte de nai.[10] Karl e Poldi, como os coñecía, tiveron nove fillos en total. Houbo catro nenas: Hermine, Margaret (Gretl) -que foi psicoanalizada por Sigmund Freud a principios dos anos 1930-, Helene, e unha cuarta filla que morreu cando era pequena; e cinco nenos: Johannes (Hans), Kurt, Rudolf (Rudi) e Paul, que foi un recoñecido pianista; perdeu un brazo durante a guerra e Maurice Ravel compúxolle o seu Concerto para a man esquerda. Ludwig foi o máis pequeno da familia.[11]

 
Retrato de Margarethe Stonborough-Wittgenstein de Gustav Klimt (1905), cadro para o casamento da segunda irmá de Wittgenstein, Gretl.

Os nenos foron bautizados como católicos e criáronse nunha contorna excepcional. A actividade familiar situouse no centro da vida cultural de Viena; Bruno Walter, o famoso director de orquestra, describiu a vida no Palais Wittgenstein como un lugar cunha "atmosfera omnipresente de humanidade e de cultura".[12] Karl era un destacado mecenas das artes; financiou obras de Auguste Rodin e da sala de exposicións e galería de arte da cidade, a Wiener Secessionsgebäude (o edificio da Secesión). Gustav Klimt pintou o retrato de casamento de Gretl, a segunda irmá, e Johannes Brahms e Gustav Mahler fixeron concertos de maneira regular na casa familiar.

O temperamento familiar e os suicidios dos irmáns editar

Ray Monk escribe que o obxectivo de Karl era converter os seus fillos en líderes da industria, e non os enviou á escola para que non adquirisen malos hábitos, pero foron educados no fogar para preparalos para o traballo dentro do imperio empresarial de Karl.[13] Como compilou Anthony Kenny, tres deles suicidáronse; Paul converteuse en pianista de concerto e Ludwig chegou a ser filósofo despois dun breve período como enxeñeiro.[14] O psiquiatra irlandés Michael Fitzgerald sostén que Karl era un perfeccionista sen empatía, e que a nai de Wittgenstein era ansiosa e insegura, incapaz de facer fronte ao seu marido.[15] Sexa cal for a razón, dentro da familia parece que había unha forte tendencia á depresión, ou o que o escritor Anthony Gottlieb denomina mal humor e unha tensión nerviosa extrema. Gottlieb explica unha historia sobre Paul: cando estaba a practicar nun dos sete pianos de cola da familia, de súpeto chamou a Ludwig que estaba na habitación do lado: "Non podo tocar cando estás en casa, posto que sinto que o teu escepticismo se filtra cara a min por baixo da porta!".[16] Fitzgerald e o psiquiatra sueco Christopher Gillberg opinan que Wittgenstein presentaba varios trazos de autismo de alto funcionamento. A psiquiatra alemá Sula Wolff suxire que sufría dun trastorno esquizoide da personalidade.[15][17]

 
Ludwig (inferior dereita), Paul e as súas irmás, cara a finais do 1890.

O seu irmán máis vello, Hans, tamén sufría de autismo. Alexander Waugh, un biógrafo de Wittgenstein, explica que a primeira palabra do neno foi "Edipo". Á idade de catro anos, escribe Waugh, Hans puido identificar o efecto Doppler nunha sirena que soou facendo cuartos de ton, e aos cinco anos empezou a chorar exclamando: "Mal! mal!" cando dous bandas de música tocaban nun desfile de entroido e facían soar a mesma melodía en diferentes tonalidades. Foi aclamado como un xenio da música, e probablemente foi homosexual. Morreu en circunstancias misteriosas en maio de 1902, cando fuxiu aos Estados Unidos e despois desapareceu dun barco na baía de Chesapeake; probablemente foi un suicidio.[13][18]

O ano seguinte, en 1903, outro irmán, de 22 anos, Rudi, estudaba química na Academia de Berlín; Waugh explica que un día entrou nun bar da Brandenburgstrasse, pediu ao pianista que tocase a canción de Thomas Koschat Verlassen, verlassen, verlassen ich bin. Despois, nun vaso de leite, puxo cianuro de potasio, bebeuno e morreu lentamente. Deixou varias notas de suicidio, unha aos seus pais, onde explicaba que estaba de loito pola morte dun amigo, e noutra falaba da súa "disposición perversa". Informouse na época que pedira o asesoramento do Comité Científico Humanitario, unha organización que estaba en campaña contra o artigo 175 do Código Penal alemán, que prohibía a homosexualidade. O seu pai prohibiu á familia mencionar nunca o seu nome outra vez.[16][19][20][21]

O seu irmán Kurt, oficial dunha compañía do exército, disparouse un tiro o 27 de outubro do 1918, xa ao final da Primeira guerra mundial, cando as tropas austríacas baixo o seu mando negáronse a obedecer as súas ordes e desertaron en masa.[13] Segundo Gottlieb, Armanda dixera que Kurt parecía levar "o xerme da repugnancia pola vida dentro del mesmo". Paul tamén pensou no suicidio, como o fixo Ludwig.[16] Este último díxolle a un amigo, David Pinsent, que cando en xaneiro de 1912, Bertrand Russell por primeira vez o alentou coas calidades da súa filosofía, este estímulo puxera fin a nove anos de soidade e de desexo de morrer, aínda que Russell, tan preocupado polo seu estado, predixera que Ludwig Wittgenstein mataríase antes de febreiro de 1914.[22][23]

Anos de formación editar

 
A Technische Hochschule Charlottenburg, Berlín.

Educado por titores na súa propia casa até os catorce anos, despois da morte de Hans e Rudi, o seu pai, Karl, cedeu e permitiu que Paul e Ludwig fosen á escola. Alexander Waugh escribiu que xa era demasiado tarde para Wittgenstein para pasar os exames no gymnasium máis académico, en Wiener Neustadt, que fallou no seu exame de ingreso e apenas conseguiu, despois de clases adicionais, aprobar o exame para o máis técnico k. u. k. Realschule en Linz, unha escola do pequeno estado con 300 alumnos, e de acordo con Brian McGuinness, un bastión do nacionalismo alemán.[24][25][26] En 1903, cando tiña 14 anos, empezou tres anos de escolaridade en albergues próximos no período lectivo coa familia de Dr. Josef Strigl, un mestre do gymnasium local, e a familia deulle o alcume de Luki.[27]

A historiadora Brigitte Hamann escribe que Ludwig destacou entre os outros mozos e, por iso, foi intimidado; falaba unha forma excepcionalmente pura de alto alemán cun certo tatexo, vestía elegantemente, e era sensible e pouco sociable.[28] As súas primeiras impresións da escola, gravadas en fragmentos nun caderno, indican que quizais sufriu unha relación romántica temperá co fillo do Dr. Strigl, Pepi, que morreu en agosto do 1914: "Néboa [ lixo]. Relación cos xudeus, relación con Pepi, amor e o orgullo de chamar... o chapeu. Rompo con P. O sufrimento da clase."[27]

Segundo Waugh, Wittgenstein era un inadaptado na escola; insistía en que os outros nenos se lle de dirixisen coa expresión do alemán formal "Sie", e estaba a miúdo ausente.[24] Monk escribe que os outros nenos burlábanse, cantándolle: Wittgenstein wandelt wehmütig widriger Winde wegen Wienwärts ("Wittgenstein sae con nostalxia de Viena debido aos ventos adversos").[29] No seu certificado final de estudos, recibiu unha nota superior só unha vez, 5 en estudos relixiosos, un 2 por conduta e inglés; 3 para francés, xeografía, historia, matemáticas e física; e 4 para o alemán, a química, a xeometría e o debuxo a man alzada. Tiña especial dificultade coa ortografía e suspendeu o exame escrito de alemán por esa causa. Escribiu en 1931: "A miña mala ortografía na mocidade, até a idade duns 18 ou 19, está conectada con todo o resto da miña persoa (a miña febleza no estudo)."[27]

Despois de acabar os estudos secundarios en Linz, estuda enxeñaría aeronáutica na Technische Hochschule Charlottenburg (actualmente Universidade Técnica de Berlín); asistiu durante tres semestres, e foi galardoado cun diploma, o 5 de maio de 1908.[30] Chegou á Universidade de Manchester na primavera de 1908 para facer o doutoramento, con moitos plans para proxectos de aeronáutica, incluíndo o deseño e voo co seu propio avión. Levou a cabo investigacións sobre o comportamento das estrelas na atmosfera superior, experimentando nun lugar de observación meteorolóxica, preto de Glossop. Viviu preto de Grouse Inn, nun pub en Chunal Road, Derbyshire, onde era un dos dous únicos hóspedes. Confesou á súa irmá Hermine que lle gustaba a tranquilidade de Grouse Inn, pero non lle gustaban as condicións dos lavabos.[31][32] En Manchester tamén traballou no deseño dun pequeno avión con motores de reacción, que lle valeu unha bolsa de investigación da universidade no outono de 1908 e que patentou en 1911.[33]

Posteriormente, os seus intereses desprazáronse da aviación aos fundamentos das matemáticas; a lectura dos Principia Mathematica, de Russell e Grundgesetze der Arithmetik, de Frege,[34] abríronlle as portas á filosofía.[35] Visitou en 1911 a Frege e estudou con Russell, no Trinity College de Cambridge, durante o curso de 1912 a 1913; formou parte do famoso grupo «The Apostles», e coñeceu e tratou tamén a George Edward Moore e J.M. Keynes. Deste período, é coñecido o enorme impacto que a brillantez da súa intelixencia causou en Russell.

Filósofo e mestre editar

Acabados estes estudos, marcha a vivir como un solitario a Noruega, onde se dedica ás súas primeiras investigacións lóxicas, ata que, ao iniciarse a Primeira guerra mundial, enrólase como voluntario na artillaría austríaca e, en 1918, é feito prisioneiro de guerra do exército italiano na fronte do Tirol. Nesta época, xa redactara en notas, escritas durante a campaña e gardadas en cadernos na súa mochila, o que tiña que ser o seu Tractatus Logico-Philosophicus. Pechado en Monte Cassino, conseguiu enviar unha copia do manuscrito a Russell e, xa liberado, ambos os filósofos citáronse na Haia, en 1919, para analizar o contido. Unha vez dado por rematado o libro (o título inicial do cal era A proposición, a pesar de que se publicou primeiro en alemán en 1921 co título, inspirado por G.E. Moore, de Logisch-philosophische Abhandlung), publicouse en inglés en 1922 co nome co que é coñecido e cunha introdución de Russell.

A continuación, Wittgenstein abandonou a filosofía, renunciou á substanciosa herdanza familiar e traballou, entre 1920 e 1926, como mestre en varios pobos da Baixa Austria (concretamente, en Trattenbach, Puchberg e Otterthal), nunha época que non considerou especialmente feliz. Pouco despois, coñece a Moritz Schlick, iniciador do Círculo de Viena, e Rudolf Carnap e outros membros do Círculo, e reinicia a súa actividade filosófica, presentando o seu Tractatus como traballo para o doutoramento, que obtén en Cambridge. Dá clases durante uns anos en Cambridge e escribe Anotacións filosóficas e Gramática filosófica, e do traballo intelectual desta época xorden novos enfoques filosóficos que cristalizan en Os cadernos azul e marrón (publicados despois da súa morte, en 1958, e así denominados pola cor das tapas dos cadernos de notas). Despois dunha viaxe a Rusia, coa intención quizais de establecerse, diríxese novamente en 1936 en Noruega, onde permanece nove meses e inicia a redacción de Investigacións filosóficas, a súa obra máis importante, que supón, ademais, un cambio de orientación na súa filosofía. Volve a Cambridge e, despois da anexión de Austria por Alemaña, en 1938, adquire a nacionalidade británica; concédeselle a cátedra de filosofía en Cambridge, como sucesor de G. E. Moore, que non ocupa para prestar servizos como axudante de hospital durante a Segunda guerra mundial.

Últimos anos editar

Rematada a guerra, retoma a súa actividade como profesor en Cambridge, que abandona en 1947, agora definitivamente. Pasa un tempo en Irlanda, onde, retirado de toda actividade académica, acaba a redacción de Investigacións filosóficas (que se publica en 1953), e ocupa parte do seu tempo en adestrar paxaros. En 1949, maniféstaselle un cancro e pasa os seus últimos anos cos seus amigos en Cambridge e Oxford, conversando e traballando en cuestións de teoría do coñecemento. A súa obra Da certeza corresponde aos apuntamentos destes últimos tempos.

Contorna relixiosa editar

 
Lápida da tumba de Wittgenstein (Cambridge).

Cando abandonou os seus avós paternos, deixou o xudaísmo para converterse ao protestantismo; el e a súa familia mudáronse de Saxonia (Alemaña) a Viena, onde o pai de Ludwig, Karl Wittgenstein, gañou forza e admiración ao converterse nun dos comerciantes pioneiros da industria do aceiro e do ferro do Imperio Austrohúngaro. A nai de Ludwig converteuse ao catolicismo e entón el seguiuna, en encuberto desafío ao seu pai,[36] aínda que, ao morrer, non tivo un enterro católico, porque nunca practicou o catolicismo.[37]

Pensamento editar

Wittgenstein fixo contribucións decisivas á filosofía moderna, sobre todo nos campos da lóxica, filosofía das matemáticas, filosofía da linguaxe e á filosofía da mente, converténdose nun dos filósofos máis influentes do século XX. En vida só publicou unha obra, o Tractatus Logico-Philosophicus en 1921. Ademais das obras citadas, escribiu Observacións filosóficas sobre os principios das matemáticas (1956) e as notas ás Investigacións, coñecidas co nome de Cadernos azul e marrón (1958).

No pensamento de Wittgenstein poden distinguirse dúas etapas:

  • A primeira vén marcada pola publicación do Tractatus Logico-Philosophicus, no que trata de dar saída aos problemas non resoltos do positivismo clásico respecto as matemáticas, a ciencia e a filosofía. Para el, a filosofía non é un saber,senón unha actividade, e a súa finalidade é aclarar as proposicións; así, a filosofía circunscríbese a unha análise da linguaxe.
  • A segunda etapa queda definida pola súa obra Investigacións Filosóficas, publicada postumamente en 1953. Este libro da orixe a corrente denominada Filosofía Analítica, que centra a súa reflexión no estudo da linguaxe como único modo de resolver os problemas filosóficos.

Obras editar

Á súa principal obra é o Tractatus Logico-Philosophicus. E a base de refundir diversos manuscritos, publicouse unha obra co título de Círculo de Viena. O Tractatus adianta e defende por primeira vez a tese fundamental do positivismo lóxico: a lóxica é substancialmente unha análise da linguaxe científica. Ten por obxecto o estudo dos fundamentos lóxicos da linguaxe, isto é, de todo sistema de signos que exprese pensamentos. Este fundamento consiste en establecer as relacións que existen entre as cousas e as proposicións da linguaxe, relación pola cal as proposicións son imaxes lóxicas das relacións reais. Todo pensamento, toda linguaxe e, en xeral toda forma de comunicación non son máis ca unha imaxe lóxica desta especie.

O que non se pode expresar coa linguaxe no pode nin sequera ser representado, formulado ou comunicado de ningunha maneira. Isto non impide que haxa cousas inexpresables; pero estas móstranse na linguaxe e, polo tanto, entran a formar parte da constitución lóxica dos símbolos. Disto derívase a limitación da fin da filosofía á rectificación da linguaxe de maneira que se eliminen todos os problemas que non poden expresarse nunha linguaxe correcta. Non existen coñecementos filosóficos; Wittgenstein afirma que: "a filosofía non é unha doutrina, senón que unha actividade". O resultado da filosofía non consiste en proposicións filosóficas, senón no esclarecemento das mesmas. Ela debe determinar os límites do que é pensable e do que non é impensable. Wittgenstein parte do mundo concibido como a totalidade dos feitos acaecidos, e da linguaxe considerada coma a totalidade de proposicións expresivas dos feitos. As proposicións son, á súa vez, feitos con significado e expresan outros feitos do mundo. A linguaxe é a representación lóxica do mundo; polo tanto, a representación lóxica dos feitos é o pensamento, de modo que a totalidade dos pensamentos verdadeiros é unha representación do mundo.

Personalidade editar

Aínda que de temperamento irritable, nervioso e depresivo, Wittgenstein foi un home dunha personalidade fascinante, que viviu atormentado pola súa esixencia de autenticidade, polo traballo e pola idea da morte. Difícil para a convivencia social e con escasa estima pola bondade e as calidades do ser humano, sentiu a miúdo a necesidade de illarse da xente e de vivir en completa soidade.

Wittgenstein estaba dotado dunha grande sensibilidade artística e musical e os seus intereses abarcan non só a filosofía e as matemáticas, senón tamén a aeronáutica, a arquitectura e a escultura. Aínda que gozou do recoñecemento e a amizade dos filósofos máis importantes do seu tempo, non se sentiu a gusto dentro do mundo académico, e prefería vivir en soidade.

Notas editar

  1. Izuzquiza Otero, Ignacio; Corellano Aznar, Luís; Frechilla García, Ana Rosa; Pena Calvo, José Vicente; Villamayor Choro, Santiago (2008). "Textos y problemas". En Achón, Elena; Álvarez, Gema. Filosofía y ciudadanía (Manuel Andaluz ed.). Madrid: Grupo Anaya Sociedad Anónima. Textos. La filosofía, el asombro y el conocimiento; páx. 26. ISBN 9788466773195. 
  2. Dictado para Schlick - Diktat für Schlick. Tradución, introdución e notas críticas de Jesús Padilla Gálvez e Margit Gaffal. Madrid: Ápeiron. 2017. 
  3. Bartley, p. 199-200.
  4. Sobre os nomes xudeus, pode consultarse o artigo Onomástica xudía.
  5. Monk, pp. 4-5.
  6. Monk, p. 5.
  7. Bramann, Jorn K.; Moran, John. "Karl Wittgenstein, Business Tycoon and Art Patron" Arquivado 25 de xuño de 2018 en Wayback Machine., Frostburg State University, consultado o 2 de setembro de 2010.
  8. Monk, p. 7.
  9. Edmonds, David; Eidinow, John. Wittgenstein's Poker. Faber and Faber, 2001, p. 57.
  10. Consultar "Ludwig Wittgenstein: Background" Arquivado 18 de decembro de 2008 en Wayback Machine., Wittgenstein archive, Universidade de Cambridge, consultado o 2 de setembro de 2010.
  11. Bartley, William Warren. Wittgenstein. Open Court, 1994, p. 16, primeira edición en 1973.
  12. Monk, p. 8.
  13. 13,0 13,1 13,2 Monk, p. 11ff.
  14. Kenny, Anthony. "Give Him Genius or Give Him Death", The New York Times, 30 de decembro de 1990.
  15. 15,0 15,1 Fitzgerald, M. (2000-03-24). "Did Ludwig Wittgenstein have Asperger's syndrome?". European Child & Adolescent Psychiatry 9 (1): 61–65. ISSN 1018-8827. doi:10.1007/s007870050117. 
  16. 16,0 16,1 16,2 Gottlieb, Anthony. "A Nervous Splendor", The New Yorker, 9 de abril de 2009.
  17. Fitzgerald, Michael. Autism and Creativity: Is There a Link Between Autism in Men and Exceptional Ability?. Routledge, 2004; consultar o capítulo "Ludwig Wittgenstein", p. 57ff.
  18. Waugh, p. 24-26
  19. Waugh, pp. 21-22.
  20. Hirschfield, Magnus. 'Jahrbuch für sexuelle Zwischenstufen, Vol VI, 1904, p. 724, citando un diario de Berlín non identificado, citado á súa vez por Bartley, p. 36.
  21. Waugh, Alexander. "The Wittgensteins: Viennese whirl", The Daily Telegraph, 30 de agosto de 2008.
  22. Monk, p. 41.
  23. McGuinness, Brian. Wittgenstein: A Life: Young Ludwig 1889-1921. University of California Press, 1988, p. 184.
  24. 24,0 24,1 Waugh, p. 33.
  25. McGuinness, Brian. Wittgenstein: a life. Young Ludwig 1889-1921. University of California Press, 1988, p. 51ff.
  26. K.u.k. stood for "Kaiserlich und königlich.
  27. 27,0 27,1 27,2 McGuinness, p. 51.
  28. Hamann, Brigitte e Thornton, Thomas. Hitler's Vienna: A Dictator's Apprenticeship. Oxford University Press, 2000 (primeira edición de 1996 en alemán) pp. 15-16, 79.
  29. Monk, pp.14-15.
  30. Monk, p. 27.
  31. Monk, p. 29.
  32. "The Grouse Inn" Arquivado 23 de xuño de 2010 en Wayback Machine., grouse-inn-glossop.co.uk, consultado o 12 de setembro de 2010.
  33. Monk, p. 30-35.
  34. Gottlob Frege. Grundgesetze der Arithmetik, vol. 1 (1893), vol. 2 (1903).
  35. Beaney, Michael (ed.). The Frege Reader. Blackwell, 1997, p. 194-223, 258-289.
  36. O mundo de Wittgenstein. A insólita vida dun filósofo Arquivado 13 de setembro de 2010 en Wayback Machine..
  37. Cando os seus dous alumnos preferidos, Anscombe e Smythies, se converteron ao catolicismo, Wittgenstein dixo que non podería crer nas cousas que eles profesaban.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bartley, William Warren. Wittgenstein. Open Court, 1994, primeira edición en 1973.
  • Barrett, Cyril. Wittgenstein on Ethics and Religious Belief. Blackwell, 1991.
  • Beaney, Michael (ed.). The Frege Reader. Blackwell, 1997.
  • Braithwaite, R.B. "George Edward Moore, 1873 - 1958", en Alice Ambrose e Morris Lazerowitz. (eds.). G.E. Moore: Essays in Retrospect. Allen & Unwin, 1970.
  • Diamond, Cora (ed.). Wittgenstein's Lectures on the Foundations of Mathematics. University Of Chicago Press, 1989.
  • Creegan, Charles. Wittgenstein and Kierkegaard: Religion, Individuality and Philosophical Method. Routledge, 1989.
  • Drury, Maurice O'Connor et al. The Danger of Words and Writings on Wittgenstein. Routledge e Kegan Paul, 1973.
  • Drury, Maurice O'Connor. "Conversations with Wittgenstein", in Rush Rhees (ed.). Recollections of Wittgenstein: Hermine Wittgenstein--Fania Pascal--F.R. Leavis--John King--M. O'C. Drury. Oxford University Press, 1984.
  • Edmonds, David; Eidinow, John. Wittgenstein's Poker: The Story of a Ten-Minute Argument Between Two Great Philosophers. Ecco, 2001.
  • Edwards, James C. Ethics Without Philosophy: Wittgenstein and the Moral Life. University Presses of Florida, 1982.
  • Gellner, Ernest. Words and Things. Routledge & Kegan Paul, 1979, orixinalmente publicado en 1959.
  • Goldstein, Laurence. Clear and Queer Thinking: Wittgenstein's Development and his Relevance to Modern Thought. Rowman & Littlefield, 1999.
  • Hamann, Brigitte; Thornton, Thomas. Hitler's Vienna: A Dictator's Apprenticeship. Oxford University Press, 2000.
  • Kanterian, Edward. Ludwig Wittgenstein. Reaktion Books, 2007.
  • Klagge, James Carl. Wittgenstein: Biography and Philosophy. Cambridge University Press, 2001.
  • Klagge, James Carl and Nordmann, Alfred (eds.). Ludwig Wittgenstein: Public and Private Occasions. Rowman & Littlefield, 2003.
  • Kripke, Saul. Wittgenstein on rules and private language: an elementary exposition. Harvard University Press, 1982.
  • Leitner, Bernhard. The Architecture of Ludwig Wittgenstein: A Documentation. Press of the Nova Scotia College of Art and Design, 1973.
  • Malcolm, Norman. Ludwig Wittgenstein: A Memoir. Oxford University Press, 1958.
  • McGuinness, Brian. Wittgenstein: A Life : Young Ludwig 1889-1921. University of California Press, 1988.
  • Monk, Ray. Ludwig Wittgenstein: The Duty of Genius. Free Press, 1990.
  • Nedo, Michael and Ranchetti, Michele (eds.). Ludwig Wittgenstein: sein Leben in Bildern und Texten. Suhrkamp, 1983.
  • Perloff, Marjorie. Wittgenstein's Ladder: Poetic Language and the Strangeness of the Ordinary. University of Chicago Press, 1996.
  • Peterman, James F. Philosophy as therapy. SUNY Press, 1992.
  • Russell, Bertrand. Autobiography. Routledge, 1998.
  • Russell, Bertrand. "Introduction", Tractatus Logico-Philosophicus, maio de 1922.
  • Shanker, S., & Shanker, V. A. (eds.). Ludwig Wittgenstein: Critical Assessments. Croom Helm, 1986.
  • Sluga, Hans D. (ed.). The Cambridge Companion to Wittgenstein. Cambridge University Press, 1996.
  • Waugh, Alexander. The House of Wittgenstein: A Family at War. Random House do Canadá, 2008.
  • Whitehead, Alfred North; Russell, Bertrand. Principia Mathematica. Cambridge University Press, primeira edición en 1910.

Ligazóns externas editar