Universidade Técnica de Berlín

Coordenadas: 52°30′43″N 13°19′35″L / 52.51194, -13.32639

A Universidade Técnica de Berlín (en alemán Technische Universität Berlin; abrev. TUB, TU Berlin); até 1946 Technische Hochschule Berlin, Instituto Técnico de Berlín) é unha Universidade pública que se encontra no barrio de Charlottenburg en Berlín, Alemaña.

Logo da Universidade Técnica de Berlín

HistoriaEditar

 
O Instituto Central de idiomas, na Universidade Técnica de Berlín

Foi fundada en 1879 como Königlich Technische Hochschule (Real Escola Técnica Superior) sendo, por tanto, unha das máis antigas Universidades de Alemaña. Pasou a chamarse Technische Hochschule Charlottenburg (Escola Técnica Superior de Charlottenburg) pola fusión do preexistente Edificio da Academia (fundado en 1799) e da Academia Vocacional (fundada en 1829). Desde 1916 tamén se uniu a antiga Academia de Minaría, que se fundara en 1770.

O edificio principal foi proxectado en 1876-1877 por Richard Lucae, e inaugurado en 1884 na Straße des 17. Juni.

Pechouse despois da Segunda Guerra Mundial o 20 de abril de 1945, e restableceuse o 9 de abril de 1946 co nome actual.

ActualidadeEditar

Localizada nas proximidades do Tiergarten, a TU Berlin é membro da TU9, sociedade formada polas 9 mellores, máis antigas e prestixiadas universidades alemás, e a súa actividade céntrase na enxeñaría e a tecnoloxía. É socia fundadora do Europäische Institut für Innovation und Technologie, EIT (Instituto Europeo da Inovación e da Tecnoloxía).

Con máis de 32 000 alumnos en 90 programas de estudos,[1] é a terceira das Universidades públicas de Berlín, e unha das 20 maiores Universidades de Alemaña. O seu reitor é, desde o 1 de abril de 2014, o físico Christian Thomsen.

O campus da TU Berlin ocupa uns 600 000 m², distribuídos en varias localizacións no Berlín occidental.

O campus principal encóntrase no barrio de Charlottenburg. As súas sete facultades teñen uns 32 000 estudantes matriculados en más de 50 programas. O 8 de xuño de 2005 había 6 721 persoas que traballaban na universidade: 319 profesores, 1 832 investigadores graduados e 2 089 persoas que traballaban na administración, os talleres e nas instalacións centrais.[Cómpre referencia]

NotasEditar

  1. Ernst M. Schmachtenberg (2010): Glückwunsch, Dipl.-Ing.!: Ein Gütesiegel made in Germany wird 111 Jahre alt. ISBN 978-3-0003-2050-7.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar