Universidade Libre de Berlín
A Universidade Libre de Berlín (en alemán Freie Universität Berlin; abrev. FU Berlín ou FUB) é a maior das Universidades públicas de Berlín, e unha das máis grandes e prestixiosas de Alemaña.
Universidade Libre de Berlín Freie Universität Berlin | |
---|---|
Datos xerais | |
Localización | Berlín |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dentro do marco da iniciativa pola excelencia académica do goberno alemán, outorgóuselle o status de "Universidade elite" pola calidade dos seus programas orientados cara ao futuro.[1] Este status compárteo con outras 9 Universidades do país e, en termos prácticos, significa orzamentos adicionais para a investigación, así como admisións restrinxidas.
Fundada en Berlín Occidental durante a guerra fría, o seu nome refírese ao status da cidade como parte do chamado Mundo Libre Occidental. No Times Higher Education Ranking de reputación 2015, a Universidade Libre de Berlín ocupou o posto 51 a nivel mundial.[2]
Notas
editar- ↑ Deutsche Welle (10 de outubro de 2007). "La elite de las universidades". Consultado o 16 de xaneiro de 2021.
- ↑ Times Higher Education World University Rankings (10 de outubro de 2015). "Ranking Reputation". Consultado o 16 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade Libre de Berlín |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial da Universidade (en alemán), (en inglés).
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|