Wikipedia:Proselitismo
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Esta política aprobouse nesta votación que tivo lugar desde o 20/7/2017 ata o 19/8/2017. |
En xeral, considérase aceptable notificar a outros editores sobre debates en curso, sempre que se faga coa intención de mellorar a calidade da discusión aumentando a participación e co propósito de acadar un consenso.
Porén, o proselitismo realizado coa intención de influenciar o resultado dunha discusión cara a un resultado determinado non se considera axeitado, xa que compromete o proceso normal de procura de consenso, e xeralmente considérase un comportamento disruptivo.
Notificacións apropiadas
editarUn editor que desexa atraer a un maior número de editores informados, pero non implicados, a unha discusión, pode deixar unha mensaxe dalgunha das seguintes formas:
- Nunha localización central de conversas, coma a Taberna ou algún outro taboleiro de anuncios semellantes para conversas sobre cuestións de amplo alcance, como os debates sobre as políticas e normas.
- Na páxina de conversa dun artigo ou artigos relacionados.
- Nas páxinas de conversa do usuario ou usuarios mencionados no propio debate (particularmente se o debate trata sobre o comportamento do propio usuario ou usuarios).
- Na páxina de conversa dos editores que poidan ter interese na discusión. Algúns exemplos inclúen:
- Os editores que fixeran un número de contribucións substanciais no tema ou artigo
- Os editores que participaran en debates previos sobre o mesmo tema ou noutros temas relacionados
- Os editores con coñecementos e experiencia no campo do tema
- Os editores que teñan solicitado expresamente que se lles manteña informados sobre a cuestión concreta
A audiencia non debe seleccionarse baseándose na súa opinión. Por exemplo, de enviarse avisos a editores que previamente apoiaron a eliminación dun artigo, deben enviarse avisos idénticos a aqueles que apoiaron non borralo. Non se deben enviar avisos a demasiados usuarios, nin enviar avisos a usuarios que pedisen de forma explícita non recibir este tipo de notificacións.
As notificacións deben ser respectuosas, cun título e redacción neutrais, cunha presentación clara e breves—o usuario pode informarse máis accedendo á propia discusión. Por norma xeral non se deben utilizar bots particulares para enviar mensaxes a usuarios múltiples.
Como nota, indicar que é boa práctica deixar unha nota na propia discusión indicando a que usuario ou usuarios se lles enviou unha notificación.
Notificacións non apropiadas
editarEscala | Mensaxe | Audiencia | Transparencia | ||||
Apropiado | Mensaxes limitadas | E | Neutral | E | Non partisana | E | Aberta |
↕ | ↕ | ↕ | ↕ | ||||
Non apropiado | Mensaxes masivas | OU | Partidista | OU | Partisana | OU | Secreta |
Termo | Mensaxes cruzadas excesivas (spam) | Facer campaña | Recolectar votos | Proselitismo encuberto |
A notificación non apropiada considérase unha práctica disruptiva. O proselitismo adoita facerse por medio do envío de mensaxes, pero tamén pode levarse a cabo por outros métodos. Os comportamentos indicados a continuación considéranse unha característica das notificacións desaxeitadas:
- Spam e exceso de mensaxes cruzadas: enviar un número excesivo de mensaxes a usuarios individuais, ou a usuarios que non teñen unha conexión significativa co tema tratado.
- Facer campaña: enviar unha notificación dun debate que presenta o tema de forma non neutral.
- Recolección de votos: enviar mensaxes a usuarios seleccionados baseándose nas súas opinións coñecidas.
- Proselitismo encuberto: contactar a usuarios fóra da wiki (por correo electrónico ou IRC, por exemplo) para convencelos de que se unan a determinadas discusións (agás cando haxa un motivo moi específico para non usar a páxina de conversa)
- Pedir apoio para unha causa doutra forma que non sexa unha mensaxe directa, coma utilizar sinaturas personalizadas ou engadir de forma automática unha mensaxe promocional a tódolas mensaxes que se deixan nas conversas.
Spam e exceso de mensaxes cruzadas
editarEnviar anuncios de forma indiscriminada a outros editores pode resultar disruptivo por unha serie de motivos. Se os editores non están involucrados, a mensaxe fai unha función de spam e rompe a experiencia dese usuario. De maneira máis importante, recrutar a demasiados editores cara a un proceso de resolución dunha disputa pode provocar que sexa imposible acadar devandita resolución. O propósito dunha notificación debe ser o de mellorar o proceso de resolución dunha disputa, non entorpecelo.
Incluír ligazóns a conversas nas sinaturas propias, incluíndo nomeamentos para contidos destacados en proceso, tamén se considera unha forma de spam.
Facer campaña
editarFacer campaña é intentar convencer á persoa que le a mensaxe, por medio do ton, redacción ou intención da mensaxe. Mentres que isto pode considerarse axeitado dentro dunha propia conversa específica, considérase desaxeitado facelo por medio do envío de mensaxes e notificacións.
Recolección de votos
editarA recolección de votos é o intento de decantar o consenso cara un determinado punto de vista notificando de forma selectiva a editores que teñen ou presúmese que teñen un determinado punto de vista ou opinión sobre un tema determinado, e animándoos a que participen no debate en curso.
No caso de que se estea reconsiderando un debate previo que non obtivo un consenso, resulta inapropiado enviar un número indebido de notificacións de forma específica a aqueles que expesaron un punto de vista particular nese debate previo. Por exemplo, sería unha recolección de votos notificar de forma selectiva só a aqueles que votaron para manter un artigo ou só a aqueles que votaron para eliminar un artigo.
Deixar un aviso axeitado na páxina de conversa dos usuarios para informar a tódolos editores de tódolos "bandos" dun debate si pode chegar a considerarse axeitado baixo determinadas circunstancias, a determinar en cada caso concreto.
Proselitismo encuberto
editarXa que resulta menos transparente que as notificacións dentro da wiki, desaconséllase o uso de correo electrónico ou calquera outro método de comunicación fóra da wiki para notificar a editores, agás que haxa un motivo suficiente para non empregar a páxina de conversa con este obxectivo. Segundo as circunstancias específicas, enviar unha notificación a un grupo de editores por correo electrónico pode chegar a considerarse máis negativo que enviar a mesma mensaxe a ese mesmo grupo de editores nas súas páxinas de conversa.
Como responder ó proselitismo desaxeitado
editarA resposta máis efectiva ó proselitismo recente e claro é pedirlle de forma educada que o usuario ou usuarios responsables deste proselitismo deixen de enviar mensaxes ó respecto. Se continúan con ese comportamento, pode deixarse un aviso no taboleiro dos administradores para que determinen a necesidade de tomar acción. Os usuarios con historiais previos de proselitismo disruptivo, que xa recibiran peticións de non continuar con ese comportamento, poden ser obxectivo dun bloqueo inmediato sen aviso previo se reiteran no comportamento e se considera necesaria esa acción.
Outras formas desaxeitadas de procura de consenso
editarPara outros tipos de accións non axeitadas para o proceso de procura de consenso, consulta a política sobre o consenso. Ademais do proselitismo, estes métodos inclúen comezar un debate sobre un mesmo tema en varias páxinas de conversa de forma sucesiva ata acadar o resultado procurado, o uso de monicreques para crear unha impresión falsa de apoio nun determinado punto de vista e a edición tendenciosa.