Abrir o menú principal

Vuelta a España

(Redirixido desde "Volta Ciclista a España")
Percorrido da edición 2012 da Vuelta a España.

A Vuelta Ciclista a España, comunmente chamada Vuelta a España ou La Vuelta (en galego Volta a España), é unha competición ciclista anual, que se disputa por etapas ó longo de 3 semanas, principalmente por estradas españolas. A primeira edición tivo lugar no ano 1935, sendo Roberto Heras e Tony Rominger os ciclistas máis laureados dende entón, con 3 vitorias para cada un na clasificación xeral por tempos.

O vixente gañador da Vuelta a España é o italiano Fabio Aru.

A Vuelta xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia, son as únicas carreiras de tres semanas do calendario da UCI, recibindo o sobrenome de as tres grandes. Durante moito tempo a carreira española era a primeira das tres en disputarse, pero no ano 1995 cambiou de datas para instalarse entre finais do mes de agosto e comezos de setembro. Este cambio viu acompañado tamén dunhas novas propostas no deseño das etapas, buscando distancias máis curtas e espectaculares.

HistoriaEditar

 
A Vuelta ó seu paso por Teo en 2007.

A Vuelta Ciclista a España iniciouse no ano 1935 e tivo unha duración de 14 etapas e 3.431 km, grazas a Clemente López Doriga (en colaboración con Juan Pujol). Pouco despois, só tras terse disputado dúas Vueltas, houbo de suspenderse pola guerra civil española.

Nun principio, os participantes eran fundamentalmente españois; arredor dos anos 60-80 comezou a adquirir prestixio internacional. Nos últimos anos, a súa importancia diminuíu.

A Vuelta de 2005 viuse afectado polo escándalo da dopaxe. O seu gañador, Roberto Heras, foi desposuído do seu título en favor de Denis Menchov, xa que deu positivo nun control de EPO.

OrganizadoresEditar

A primeira edición foi organizada polo desaparecido xornal Informaciones. A partir de 1945 foi o xornal Ya o que se fixo cargo da organización da carreira. O xornal El Correo tomou o relevo en 1955 ate finais dos anos 70. A empresa de publicidade Unipublic é a organizadora da carreira dende 1979.

  • Informaciones (1935-1944)
  • Ya (1945-1954)
  • El Correo (1955-1978)
  • Unipublic (1979-...)

XerseisEditar

Para facilitar o recoñecemento dos líderes das diversas clasificacións da carreira dentro do pelotón de ciclistas, estes levan uns xerseis dunhas cores determinadas, do mesmo xeito que nas outras grandes voltas: Tour de Francia (maillot amarelo) e Giro de Italia (maglia rosa).

No caso da Vuelta a España, estes son os xerseis que dende o ano 2010 distinguen ós líderes das distintas clasificacións:

  •   Xersei vermello: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos.
  •   Xersei de puntos azuis: vestido polo líder da clasificación de escaladores.
  •   Xersei verde: vestido polo líder da clasificación por puntos.
  •   Xersei branco: vestido polo líder da clasificación combinada.

Historial da Vuelta a EspañaEditar

PodiosEditar

Corredor       Edicións
  Roberto Heras 4 1 2 8
  Tony Rominger 3 0 1 4
  Alberto Contador 3 0 0 3
  Julián Berrendero 2 2 0 7
  Pedro Delgado 2 1 2 11
  Alex Zülle 2 1 0 11
  Bernard Hinault 2 0 0 2
  Gustaaf Deloor 2 0 0 2
  José Manuel Fuente 2 0 0 4
... ... ... ... ...
  Emilio Rodríguez 1 1 0 ?
  Delio Rodríguez 1 0 1 6
  Álvaro Pino 1 0 0 9
  Ezequiel Mosquera 0 1 0 4
  Manuel Rodríguez 0 1 0 ?
 
Roberto Heras, gañador en 2000, 2003, 2004 e 2005.
 
Tony Rominger, gañador en 1992, 1993 e 1994.
Podios da Vuelta a España
Edicións Primerio Segundo Terceiro
2018   Simon Yates   Enric Mas   Miguel Ángel López
2017   Chris Froome   Vincenzo Nibali   Ilnur Zakarin
2016   Nairo Quintana   Chris Froome   Esteban Chaves
2015   Fabio Aru   Joaquim Rodríguez   Rafal Majka
2014   Alberto Contador (3)   Chris Froome   Alejandro Valverde
2013   Chris Horner   Vincenzo Nibali   Alejandro Valverde
2012   Alberto Contador (2)   Alejandro Valverde   Joaquim Rodríguez
2011   Juan José Cobo   Chris Froome   Bradley Wiggins
2010   Vincenzo Nibali   Ezequiel Mosquera   Peter Velits
2009   Alejandro Valverde   Samuel Sánchez   Cadel Evans
2008   Alberto Contador   Levi Leipheimer   Carlos Sastre
2007   Denis Menchov   Carlos Sastre   Samuel Sánchez
2006   Alexander Vinocurov   Alejandro Valverde   Andrey Kashechkin
2005   Roberto Heras (4)   Denis Menchov   Carlos Sastre
2004   Roberto Heras (3)   Santiago Pérez   Francisco Mancebo
2003   Roberto Heras (2)   Isidro Nozal   Alejandro Valverde
2002   Aitor González   Roberto Heras   Joseba Beloki
2001   Ángel Casero   Óscar Sevilla   Roberto Heras
2000   Roberto Heras   Ángel Casero   Pável Tonkov
1999   Jan Ullrich   Igor González   Roberto Heras
1998   Abraham Olano   Fernando Escartín   José María Jiménez
1997   Alex Zülle (2)   Fernando Escartín   Laurent Dufaux
1996   Alex Zülle   Laurent Dufaux   Tony Rominger
1995   Laurent Jalabert   Abraham Olano   Johan Bruyneel
1994   Tony Rominger (3)   Mikel Zarrabeitia   Pedro Delgado
1993   Tony Rominger (2)   Alex Zülle   Laudelino Cubino
1992   Tony Rominger   Jesús Montoya   Pedro Delgado
1991   Melchor Mauri   Miguel Indurain   Marino Lejarreta
1990   Marco Giovannetti   Pedro Delgado   Anselmo Fuerte
1989   Pedro Delgado (2)   Fabio Parra   Óscar Vargas
1988   Sean Kelly   Reimund Dietzen   Anselmo Fuerte
1987   Luis Herrera   Reimund Dietzen   Laurent Fignon
1986   Álvaro Pino   Robert Millar   Sean Kelly
1985   Pedro Delgado   Robert Millar   Pacho Rodríguez
1984   Eric Caritoux   Alberto Fernández   Reimund Dietzen
1983   Bernard Hinault (2)   Marino Lejarreta   Alberto Fernández
1982   Marino Lejarreta   Michel Pollentier   Sven-Ake Nilsson
1981   Giovanni Battaglin   Pedro Muñoz   Vicente Belda
1980   Faustino Rupérez   Pedro Torres   Claude Criquelion
1979   Joop Zoetemelk   Francisco Galdós   Michel Pollentier
1978   Bernard Hinault   José Pesarrodona   Jean-René Bernaudeau
1977   Freddy Maertens   Miguel María Lasa   Klaus-Peter Thaler
1976   José Pesarrodona   Luis Ocaña   José Nazabal
1975   Agustín Tamames   Domingo Perurena   Miguel María Lasa
1974   José Manuel Fuente (2)   Joaquim Agostinho   Bernard Thévenet
1973   Eddy Merckx   Luis Ocaña   Bernard Thévenet
1972   José Manuel Fuente   Miguel María Lasa   Agustín Tamames
1971   Ferdinand Bracke   Wilfried David   Luis Ocaña
1970   Luis Ocaña   Agustín Tamames   Herman Van Springel
1969   Roger Pingeon   Luis Ocaña   Marinus Wagtmans
1968   Felice Gimondi   José Pérez Francés   Eusebio Vélez
1967   Jan Janssen   Jean Pierre Ducasse   Aurelio González
1966   Francisco Gabica   Eusebio Vélez   Carlos Echeverría
1965   Rolf Wolfshohl   Raymond Poulidor   Rik Van Looy
1964   Raymond Poulidor   Luis Otaño   José Pérez Francés
1963   Jacques Anquetil   José M. Colmenarejo   Miguel Pachecho
1962   Rudi Altig   José Pérez Francés   Seamus Elliott
1961   Angelino Soler   François Mahé   José Pérez Francés
1960   Franz De Mulder   Armand Desmet   Miguel Pachecho
1959   Antonio Suárez   José Segu   Rik Van Looy
1958   Jean Stablinski   Pasquale Fornara   Fernando Manzaneque
1957   Jesús Loroño   Federico Bahamontes   Bernardo Ruiz
1956   Angelo Conterno   Jesús Loroño   Raymond Impanis
1955   Jean Dotto   Antonio Jiménez Quiles   Raphael Geminiani
1951-1954 Non se disputou
1950   Emilio Rodríguez   Manuel Rodríguez   José Serra
1949 Non se disputou
1948   Bernardo Ruiz   Emilio Rodríguez   Bernardo Capó
1958   Jean Stablinski   Pasquale Fornara   Fernando Manzaneque
1947   Edouard van Dyck   Manuel Costa   Delio Rodríguez
1946   Dalmacio Langarica   Julián Berrendero   Jan Lambrichs
1945   Delio Rodríguez   Julián Berrendero   Juan Gimeno
1943-1944 Non se disputou
1942   Julián Berrendero (2)   Diego Chafer   Antonio Sancho
1941   Julián Berrendero   Fermín Trueba   José Jabardo
1937-1940 Non se disputou
1936   Gustaaf Deloor (2)   Alfons Deloor   Antonio Bertola
1935   Gustaaf Deloor   Mariano Cañardo   Antoine Dignef

Vitorias de etapaEditar

Días como líderEditar

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar