Vladimir Soloviev
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2014.) |
Vladimir Soloviev, nado en Moscova o 16 de xaneiro de 1853 e finado o 31 de xullo de 1900, foi un pensador e poeta ruso.
Vladimir Soloviev | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de xaneiro de 1853 e 28 de xaneiro de 1853 |
Lugar de nacemento | Moscova |
Falecemento | 31 de xullo de 1900 e 13 de agosto de 1900 |
Lugar de falecemento | Uzkoye |
Soterrado | cemiterio Novodevichii |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Rusia |
Relixión | Igrexa católica |
Alma máter | Faculty of History and Philology of Moscow University |
Ocupación | filósofo, poeta, xornalista de opinión, profesor universitario, crítico literario, escritor e teólogo |
Pai | Sergey Solovyov |
Irmáns | Vsevolod Solovyov, Mikhail Soloviov e Polyxena Sergeyevna Solovyova |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Inicios Editar
Era fillo de Serguei Mikhailovich, o autor dunha Historia de Rusia en 29 volumes. Na pola materna tiña ascendencia ucraína e polaca. Estudou no Quinto Instituto humanista de Moscova. En 1864 entra na universidade na facultade de filoloxía e historia. Cursou tamén estudos en física e matemáticas. Interesouse, así mesmo, polo pensamento de Kant, Hegel, Feuerbach, Leibniz e Schelling.
Fase filosófica Editar
En 1874 publica A Crise da Filosofía. Contra os positivistas e ingresa como docente na Universidade de Moscova. Emprende viaxes por Varsovia, Berlín, Londres, O Cairo e París. En Sorrento (Italia) escribirá o tratado esotérico Sophía.
En 1877 comeza a escribir Os principios filosóficos dun coñecemento integral e a Crítica dos principios abstractos. Nelas busca un pensamento integral que supere o racionalismo e o empirismo aos que vía como formas unilaterais do saber. Soloviev procura incorporar ao pensamento as achegas da modernidade pero ceibándoas do reduccionismo e a parcialidade que el vía no positivismo
Vida persoal Editar
As súas leccións públicas contaron coa presenza de Dostoievski e Tolstoi, gañándose a amizade do primeiro e o rexeitamento do segundo. Sería Dostoievski quen lle deu a coñecer a obra de Fedorov Filosofía de la obra común que o marcaría profundamente.
Viviu unha relación amorosa atormantada polos escrúpulos con Sophia Petrovna Khitrovo por ser esta unha muller casada. Isto levouno a unha sublimación do desexo que se trasluce na súa obra lírica e tamén no seu pensamento onde aparece unha visión da feminidade idealizada e cuasi mística encarnada na Sophia (Sabedoría) eterna
Foi sonada a petición pública que fixo ao tsar Alexandre III de que non aplicase a pena de morte aos asasinos do seu antecesor Alexandre II. Ao non obter contestación, abandona o ensino e comeza a vivir unha vida precaria. Trala morte de Dostoievski, serán célebres os discursos á súa memoria.
A idea nacional rusa e o xiro teolóxico Editar
As súas arelas intelectuais levárono a interesarse polo xudaísmo e o nacionalismo polaco. Soloviev criticou o antisemitismo e amosou a súa simpatía pola causa polaca. Isto fíxolle perder o afecto dos patriotas rusos, partidarios dunha Gran Rusia unida, ortodoxa e eslavófila. En obras como Historia e o futuro da teocracia (1887) ou Rusia e a Igrexa Universal(1889), Soloviev denunciou que o carácter antisemita, antipolaco e anticatólico de Rusia, traicionaba o destino histórico deste país. Isto marxinouno aínda máis dos círculos oficiais e intelectuais e a Igrexa Ortodoxa púxoo baixo sospeita de herexía. Soloviev expresou que a ausencia dunha figura como o Papado, pese aos abusos históricos da Igrexa Católica, conduciu ás Igrexas Ortodoxas ao cesaropapismo e a connivencia co poder estatal. O Papa podería ser un nexo de unión e unha garantía de liberdade. Porén, Soloviev sempre se considerou un patriota ruso e un fiel fillo da Igrexa Ortodoxa.
Soloviev pasou entón a un pensamento abertamente teolóxico apoiando un ecumenismo cristián e unha espiritualidade con raíz nos Pais da Igrexa baseada na divinohumanidade de pensadores como Gregorio Palamas e na transformación da sociedade e o pulo histórico consonte aos valores cristiáns de xustiza, amor e beleza. Este pensamento desembocou nun derradeiro período apocalíptico cuxo fío condutor é a loita do cristianismo contra o mal, de carácter escatolóxico e transhistórico.
Obras Editar
- A Crise da Filosofía. Contra os positivistas (1874)
- Os principios filosóficos dun coñecemento integral (1879)
- Crítica dos principios abstractos (1880)
- O xudaísmo e a cuestión cristiá (1884)
- Historia e futuro da Teocracia (1887)
- Rusia e a Igrexa Universal (1889)
- China e Europa (1890)
- Sentido da Arte (1890)
- Sentido do Amor (1894)
- Bizantismo e Rusia (1896)
- Guerra, Progreso e Fin da Historia. Tres diálogos (1900)