Ludwig Feuerbach
Ludwig Andreas Feuerbach, nado o 28 de xullo de 1804 en Landshut e finado o 13 de setembro de 1872 en Nuremberg-Rechenberg, foi un filósofo alemán.
Ludwig Feuerbach | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Ludwig Andreas Feuerbach |
Nacemento | 28 de xullo de 1804 |
Landshut | |
Falecemento | 13 de setembro de 1872 |
Núremberg | |
Soterrado | Núremberg |
Nacionalidade | Alemaña |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Universidade de Heidelberg, Universidade Humboldt de Berlín e Universidade de Erlangen-Nuremberga |
Ocupación | antropólogo, filósofo, catedrático de universidade, escritor e teólogo |
Pai | Paul Johann Anselm von Feuerbach |
Irmáns | Joseph Anselm Feuerbach, Karl Wilhelm Feuerbach e Friedrich Feuerbach |
Coñecido/a por | Thoughts on Death and Immortality e A Essência do Cristianismo |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Feuerbach é recoñecido pola súa teoloxía humanista e pola influencia que o seu pensamento exerce sobre Karl Marx. Abandona os estudos de Teoloxía para tornarse alumno do filósofo Hegel, durante dous anos, en Berlín. En 1828, pasa a estudar ciencias naturais en Erlange e dous anos despois publica anonimamente o primeiro libro, Pensamentos sobre Morte e Inmortalidade. Nese traballo ataca a idea da inmortalidade, sustentando que, despois da morte, as cualidades humanas son absorbidas pola natureza. Escribe Abelardo e Heloísa (1834), Piere Bayle (1838) e Sobre Filosofía e Cristianismo (1839). Na primeira parte desta última obra, que influencia Marx, discute a "esencia verdadeira ou antropolóxica da relixión". Na segunda parte analiza a súa "esencia falsa ou teolóxica". De acordo coa súa filosofía, a relixión é unha forma de alienación que proxecta os conceptos do ideal humano nun ser supremo. Ao atacar relixiosos ortodoxos entre 1848 e 1849, anos de turbulencia política, é considerado un heroe por moitos revolucionarios. Morre en Rechenberg, na Alemaña.
A teoloxía é antropoloxíaEditar
O home para Feuerbach está articulado en dous momentos: cada un é individuo singular, mais portador da esencia universal.
A humanidade ten tres características fundamentais: O home é sobre todo razón, despois vontade e á fin sentimento.
De aí a relixión proxecta tales características: o Pai (razón), o Fillo (vontade) e o Espírito Santo (sentimento).
O Deus xudaico equivale á alienación dos dous primeiros caracteres. Cristo equivale á alienación do terceiro. O home estaba case convencéndose de que Deus era o Home, mais a fe levouno de volta á situación relixiosa. O home pola súa fraqueza non admite os seus erros, deposítaos nun "outro".
O Home é aquilo que comeEditar
A situación material en que o home vive é que o cría.
Feuerbach nega o concepto da existencia primeiro da idea e despois a materia. Para el a mazá real precede a idea da mazá. Afirma que deberíamos entender a Hegel de cabeza para baixo. Para Feuerbach, Hegel describe o home de punta-cabeza.
Véxase taménEditar
A Galicitas posúe citas sobre: Ludwig Feuerbach |
BibliografíaEditar
- García Tato, Isidro (2003). Ludwig Feuerbach. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96128-30-9.