Universidade de Erlangen-Núremberg

Coordenadas: 49°36′03″N 11°00′17″L / 49.600717498175, 11.004722360236

A Universidade de Erlangen-Núremberg (en alemán, Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg), é a universidade das cidades de Erlangen e Núremberg, en Baviera (Alemaña).

Universidade de Erlangen-Núremberg
Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg
Fachada do Kollegienhaus, un dos edificios máis antigos da Universiade de Erlangen-Núremberg
Datos xerais
LocalizaciónErlangen e Núremberg
Fundación1742
Datos actuais
Datos de contacto
Twitter: UniFAU Instagram: uni_fau Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

É a segunda universidade mais importante de Baviera, con cinco facultades, 265 cátedras e uns 40.000 estudantes[cando?], dos cales dous terzos estudan en Erlangen e un terzo en Núremberg. Ten aproximadamente 2500 estudantes estranxeiros. O seu reitor é[cando?] Karl-Dieter Grüske.

Historia editar

A universidade foi fundada en 1742 en Bayreuth por Federico III de Brandeburgo-Bayreuth, margrave de Brandeburgo-Bayreuth, e foi trasladada a Erlangen en 1743. Seu fundador (a quen se lle rende honor no nome oficial da institución) brindou un apoio importante á institución nos seus primeiros pasos.

Desde a súa creación, a universidade foi unha institución protestante, que se foi secularizando de forma paulatina. Durante a era nazi, a universidade foi unha das primeiras en ter unha maioría de afiliados ao partido nazi no consello estudantil.

En 1961 o Colexio de Negocios de Núremberg fusionouse coa Universidade de Erlangen, resultando na actualidade unha universidade dividida en dúas cidades. En 1966 inauguroude unha facultade técnica, e o colexio pedagóxico de Núremberg pasou a formar parte da universidade en 1972.

Facultades editar

 
Este palacio no centro de Erlangen, coñecido popularmente como o Schloss, alberga a gran parte da administración da universidade

En febreiro de 2007 o goberno da universidade aprobou unha reestruturación en cinco facultades.[1] Desde outubro dese ano a universidade está formada por:

  • Facultade de Humanidades e Ciencias Sociais, e Escola de Teoloxía
  • Facultade de Dereito, e Escola de Negocios e Economía
  • Facultade de Medicina
  • Facultade de Ciencias
  • Facultade de Enxeñaría

Facultades anteriores editar

As seguintes facultades formaron parte da universidade (ordenadas por data de fundación):

  • Facultade de Teoloxía
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Medicina
  • Facultade de Filosofía I (Filosofía, Historia e Ciencias Sociais)
  • Facultade de Filosofía II (Idiomas e Literatura)
  • Facultade de Ciencias I (Matemáticas e Física)
  • Facultade de Ciencias II (Bioloxía, Química e Farmacia)
  • Facultade de Ciencias III (Xeografía, Xeoloxía / Mineraloxía / Paleontoloxía)
  • Facultade de Negocios e Ciencias Sociais
  • Facultade Técnica[2]
  • Facultade de Pedagoxía (1972) en Núremberg

Estudantes célebres desta univerdidade editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Johanny, Carl (1976): Die Friedrichs-Akademie zu Bayreuth.
  • Kößler, Henning, Hrsg. (1993): 250 Jahre Friedrich-Alexander-Universität Erlangen-Nürnberg.
  • Wendehorst, Alfred (1993): Geschichte der Universität Erlangen-Nürnberg 1743–1993.
  • Wendehorst, Alfred, Hrsg. (1984): Erlangen. Die Geschichte der Stadt in Darstellung und Bilddokumenten.

Ligazóns externas editar