Vida (revista)
Vida foi unha revista editada na Coruña entre 1920 e 1921.
Vida | |
---|---|
País | España |
Lugar | A Coruña |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1920 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulada Revista mensual ilustrada, apareceu en xullo de 1920. De periodicidade irregular, estaba dirixida por Jacobo Casal que tamén era o xerente. Tiña un deseño vangardista e de gran calidade, incluíu artigos de literatura, arte, historia, música, viaxes e deportes. Entre os seus colaboradores figuraron Ramón Fernández Mato, Valentín Paz Andrade, Ángel Ferrant, Ángel del Castillo, José Calviño Domínguez, Alfonso Mosquera, Julio Wonenburger, Arturo Taracido, Roberto Nóvoa e Juan González del Valle; foi ilustrada por Barradas, Francisco Miguel, Luís Huici, Núñez Carnicer e Vázquez Díaz. Mantivo a sección fixa "Libros nuevos" na que apareceron referencias a escritores galegos. Publicou a traxedia Os homildes de Leandro Carré Alvarellos. Apareceron cinco números, cesando a súa publicación en setembro de 1921. Algúns autores considérana un precedente de Alfar.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo-Calero Ramos, M. V. (1997): La revista VIDA, una aventura antes de ALFAR. Discurso de ingreso como académica de número da Real Academia Galega de Belas Artes.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Ligazóns externas
editar- Vida (revista) na hemeroteca virtual da Real Academia Galega.