José Calviño Domínguez

avogado e político galego

José Calviño Domínguez, nado en Lores (Meaño) e finado en Madrid o 23 de xaneiro de 1947[1], foi un avogado e político galego.

José Calviño Domínguez
José Calviño Domínguez.jpg
Nacemento século XIX
  Meaño
Falecemento 23 de xaneiro de 1947
  Madrid
Nacionalidade España
Ocupación político e avogado
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Fillo do médico Marcial Calviño Cobas e de María Domínguez. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1913)[2]. Foi nomeado Xuíz municipal de Meaño para o período 1918-1922[3], pero renunciou ao cargo e estableceuse na Coruña como procurador en 1918[4]. Colaborou en Vida Gallega e El Ideal Gallego e na revista Vida e foi correspondente de El Pueblo Gallego na Coruña[5]. Presentouse ás eleccións municipais de 1920 como republicano, pero non foi elixido. Militante de Acción Republicana, en 1930 formou parte do Comité Executivo da Federación Republicana Gallega e participou no Pacto de Lestrobe. Coa proclamación da República foi nomeado gobernador civil de Lugo en abril de 1931, pasando en agosto a ser gobernador de Pontevedra e en outubro de Biscaia, onde permaneceu ata setembro de 1932, cando foi nomeado Director xeral de Administración civil (o 17 de setembro de 1932) e posteriormente Director Xeral de Beneficencia (o 6 de maio de 1933), posto do que dimitiu o 19 de setembro de 1933.

 
O irmán de José, o matrimonio Calviño-Iglesias, e o seu amigo Luís Castro en Francia, cara 1937.

Integrado en Izquierda Republicana, foi elixido deputado do Fronte Popular pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1936. Ao rematar a guerra civil exiliouse en Biarritz (Francia) onde foi detido pola Gestapo ao confundilo con José Calviño Ozores.

Finou en Madrid o 23 de xaneiro de 1947 e foi soterrado en Lores (Meaño).

Vida persoalEditar

Casou con Dolores Iglesias Babé en 1923, e foi pai de María del Carmen e Dolores Calviño Iglesias.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 26-1-1947, p. 4.
  2. El Ideal Gallego, 14-22-1913, p. 3.
  3. El Correo de Galicia, 20-10-1917, p. 2.
  4. El Ideal Gallego, 1-2-1918, p. 3.
  5. El Pueblo Gallego, 29-11-1928, p. 1.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar