Juan González del Valle

profesor, escritor e político galego

Juan González del Valle González de la Vega, nado na Coruña o 14 de outubro de 1898 e finado no campo de concentración de Mauthausen-Gusen o 26 de setembro de 1941, foi un profesor, escritor e político galego.

Modelo:BiografíaJuan González del Valle
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1898 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de setembro de 1941 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Campo de concentración de Mauthausen-Gusen, Austria Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario, escritor, político Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1734564 Nomes e Voces: 5050

Traxectoria

editar

Fillo de Juan González del Valle e Elisa González de la Vega Campoamor. Estudou o bacharelato no Instituto da Coruña e aprobou o curso preparatorio de Dereito na Universidade de Valladolid en 1916,[1] continuando a carreira nesa Universidade. Foi bibliotecario do Nuevo Casino coruñés (1925),[2] e bibliotecario da directiva da Universidade Popular da Coruña en 1927.[3] Colaborou nas revistas Vida, Alfar, da que chegou a desempeñar a dirección na nova etapa iniciada en xullo de 1927,[4] e Alma, Foi elixido académico correspondente da Real Academia Galega en xaneiro de 1927,[5] e foi membro do Seminario de Estudos Galegos no que presentou o traballo "El paisaje galaico en la obra literaria de Valle Inclán" en febreiro de 1934.[6]

 
Xuño de 1931. De esquerda a dereita: Juan González del Valle, Arturo Cuadrado e Carlos Martínez-Barbeito.

Foi secretario do comité coruñés de Derecha Liberal Republicana en abril de 1931,[7] e en setembro dese ano foi nomeado fiscal suplente do Distrito do Instituto.[8] Trasladouse a Madrid onde impartiu clases no Instituto Pérez Galdós.[9] Pertenceu á Federación de Trabajadores de la Enseñanza da UGT da Coruña. Despois foi profesor do Instituto Nebrija de Chamartín de la Rosa. Aprobou as oposicións a cátedras de Literatura de Ensino Medio convocadas en 1934, sendo destinado ao Instituto de Santa Cruz de la Palma en marzo de 1935,[10] pero non chegou a tomar posesión. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid e integrouse no batallón FETE da milicia da Federación de Trabajadores de la Enseñanza. Formou parte das Milicias de la Cultura no Batallón Félix Barzana de FETE-UGT e despois exerceu de oficial de Carabineros en Valencia, catedrático do Instituto de Linares,[11] para finalmente ser destinado ao Instituto Maragall de Barcelona, onde colaborou nas revistas Hora de España (alí apareceu o seu o ensaio "Realismo e irrealismo de la edad de oro española") e Nova Galiza.

Coa derrota republicana pasou a Francia. Foi detido e internado no campo de prisioneiros de Angulema, desde o que foi deportado ao campo de concentración de Mauthausen-Gusen onde ingresou o 4 de agosto de 1940. Morreu no comando de Gusen no castelo de Hartheim o 26 de setembro de 1941. En 1942 foi separado do servizo e dado de baixa na escala pola Comisión Depuradora.[12]

  1. La Voz de Galicia, 14-6-1916, p. 3.
  2. El Ideal Gallego, 8-12-1925, p. 5.
  3. El Orzán, 11-5-1927, p. 1.
  4. El Pueblo Gallego, 20-7-1927, p. 2.
  5. El Noroeste, 16-1-1927, p. 1.
  6. La Voz de Galicia, 24-2-1934, p. 2.
  7. La Voz de Galicia, 18-4-1931, p. 7.
  8. La Voz de Galicia, 1-9-1931, p. 8.
  9. El Siglo Futuro. 11-11-1933, p. 3.
  10. BOE, 19-3-1935, p. 2232.
  11. La Libertad, 30-7-1937, p. 2.
  12. BOE, 4-5-1942, p. 3164.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar