Veleio Patérculo

Gaio Veleo Patérculo (en latín Caius Velleius Paterculus), nado c. -19 e finado c. 31, foi un historiador romano, tamén coñecido simplemente como Veleio.

Veleio Patérculo
Marcus Velleius Paterculus krijgt als Romeinse veldheer wapentrofeeën aangeboden Titelpagina voor Pieter Burman, Gaius Velleius Paterculus, Leiden 1719 C. Velleius Paterculus (titel op object), RP-P-BI-1238.jpg
Nacementoc. 19 a. C.
Lugar de nacementoMirabella Eclano
Falecementoc. 31
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónhistoriador, militar e escritor
FillosCaio Veleio Patérculo e Lúcio Veleio Patérculo
IrmánsMagius Celer Velleianus
editar datos en Wikidata ]

NomeEditar

Aínda que era seguro que o seu segundo nome é Veleio e o seu terceiro Patérculo, por aparecer desta maneira no único manuscrito conservado da súa Historia romana, o seu primeiro nome foi un tempo obxecto de controversias. No frontispicio da edición de 1520 aparecía como Publio, pero no corpo do texto, como Gaio, e co primeiro aparece mencionado por Tácito, polo que historiadores como Shipley e Halm preferían o segundo[1]. A pesar de que Prisciano indicou que o seu praenomen era Marco, a maioría dos eruditos modernos aceptan xa que se chamou Gaio Veleio Patérculo, debido á aparición posterior, no norte de África, dun miliario co nome completo do seu neto consular (C.I.L. VIII, 10311)[2] O seu texto é: C(aio) Velleio / Paterculo / leg(ato) Aug(usti) / leg(ionis) III Aug(ustae) / XXIX (milia passuum).[3] Era moi frecuente que os netos levasen o mesmo praenomen que o seu avó.

TraxectoriaEditar

Membro dunha ilustre familia de Campania, Patérculo entrou no exército cando era moi novo. Desempeñouse como tribuno militar en Tracia, Macedonia, Grecia e en Oriente, e no ano 2 presenciou a entrevista do Éufrates entre Gaio César, neto de Augusto, e o rei parto Fraataces. Máis tarde, serviu como praefectus de cabalaría e legatus durante oito anos (desde o 4) en Xermania e Panonia baixo Tiberio. Os seus servizos valéronlle os nomeamentos como cuestor en 8 e, xunto co seu irmán, como pretor en 15. Sábese que aínda estaba vivo en 30, posto que existen varias referencias históricas sobre o consulado de Marco Vinicio correspondente a dito ano, e crese que foi sentenciado a morte en 31 por ser amigo de Sexano, a quen eloxiaba.

ObraEditar

O seu Compendio da Historia romana consiste en dous libros dedicados a Vinicio e cobre o período que vai desde a dispersión dos gregos logo do asedio a Troia até a morte de Livia (29). O primeiro libro, que conclúe coa destrución de Cartago en -146, ten seccións perdidas, incluído o comezo. A parte posterior da historia, en especial o período entre as mortes de Xulio César (-44) e Augusto (14), é tratada con maior detalle. Aínda que se presentan observacións breves sobre a literatura romana e grega, non existe ningunha mención de Plauto, Horacio ou Propercio. O autor non exhibe unha verdadeira agudeza histórica, a pesar de que polo xeral é confiabel en canto ás súas afirmacións respecto de feitos en particular. Ademais, a súa cronoloxía é inconsistente. Cando se refire a César, Augusto e sobre todo ao seu patrón, Tiberio, Patérculo é pródigo en eloxios ou adulacións. As repeticións, as redundancias e o desaliño en canto a expresión, poden deberse en parte ás présas coas cales se escribiu o texto (segundo indica a miúdo o autor mesmo). A retórica pomposa e o efecto forzado por mor de hipérboles, antítese e epigramas, pertencen ao período da idade de prata da literatura latina, da cal Patérculo é o primeiro exemplo. O autor propúxose escribir unha narración máis completa do último período, que incluiría a guerra civil entre César e Pompeio e as guerras de Tiberio, pero non existen evidencias de que a realizase. As súas fontes principais son as Orixes de Catón, os Anais de Hortensio Hórtalo, Pompeio Trogo, Cornelio Nepote e Tito Livio.

Veleio Patérculo non foi moi coñecido na Antigüidade. Ao parecer, foi lido por Lucano e imitado por Sulpicio Severo, pero só aparece mencionado en comentarios sobre Lucano e, unha vez, por Prisciano.

TextosEditar

 
Historia romana, 1600

O texto do traballo de Patérculo, preservado nun único manuscrito mal escrito e mutilado (que foi descuberto en 1515 por Beatus Rhenanus na Abadía de Murbach, Alsacia, e actualmente se atopa perdido), está moi corrompido.

NotasEditar

  1. Tácito, Anais, 3, 39, 1.
  2. Imaxe da inscrición. Corpus Inscriptionum Latinarum 8. p. 2138. Consultado o 14 de maio de 2019. 
  3. "Ficha HD031102". Epigraphische Datenbank  Heidelberg. Consultado o 15 de maio de 2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar