Fraataces
Fraates V, máis coñecido polo seu diminutivo Fraataces, foi o rei do Imperio parto entre os anos 2 a C. 4.[1] Era o fillo pequeno de Fraates IV. Nalgunhas moedas represéntase asociado á súa nai Musa. Subiu ao trono tras esta envelenar a Fraates IV.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I a. C. ![]() |
Morte | 4 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Familia | |
Familia | Dinastía arsácida de Partia ![]() |
Pais | Fraates IV da Pártia ![]() ![]() |
Irmáns | Vonones I ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
Traxectoria
editarBaixo o seu reinado tratou de romper a supremacía de Roma sobre Armenia e Media, pero cando Augusto enviou ao seu fillo adoptivo Caio César con orde de invadir Partia, Fraataces prefiriu concluír un tratado no ano 1, polo cal recoñecía, de novo, a Armenia como parte da esfera romana.
Pouco despois, sobre o ano 4, Fraataces e súa nai foron asasinados. Segundo Flavio Xosefo, Fraataces casara con súa nai, o que fora considerado inaceptable polos partos, que se rebelaron e o derrocaron, pasando logo a coroa a Orodes III.[2]
Notas
editar- ↑ The Editors of Encyclopaedia Britannica (1 de xaneiro de 2023). "Phraates V". britannica.com (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2023.
- ↑ Flavio Xosefo. Antigüidades xudías: XVIII, 2.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fraataces |
Bibliografía
editar- Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Phraates". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés).
Predecesor: Fraates IV |
Rei do Imperio Parto 2 a.C. - 4 d.C. |
Sucesor: Orodes III |