Musa, coñecida tamén como Termusa, foi raíña do Imperio parto desde o ano 2 a. C. até o 2 d. C.. Sendo orixinalmente raíña consorte do monarca Fraates IV (r. 37 a. C. – 2 a. C.), a quen matou para logo rexer o Imperio canda o seu fillo, Fraates V. É a primeira das tres únicas mulleres que asumiron o goberno na historia de Irán, as outras dúas son as irmás sasánidas Boran (r. 630–630, 631–632) e Azarmedukht (r. 630–631).

Infotaula de personaMusa de Partia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 46 a. C. Editar o valor em Wikidata
Italia, Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Morteséculo I Editar o valor em Wikidata
Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Raíña consorte Partos
20 a. C. – 2 a. C.
Rei de Reis
2 a. C. – 4 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePartos Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , raíña Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRaíña consorte Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFraates IV da Pártia
FillosFraataces Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Musa era unha concubina romana que fora entregada ao rei parto Fraates IV polo emperador Augusto (r. 27 a. C. – 14 a. C.) despois dun tratado no ano 20 a. C., en virtude do cal os partos recoñecían a hexemonía romana sobre Armenia, e estes pola súa banda aceptaban a designación do Éufrates como fronteira.[1] Desposada co soberano arsácida, a romana converteuse rapidamente na súa raíña e esposa favorita e deu a luz un varón, Fraataces.[2] Influído aparentemente por Musa, Fraates IV enviou ao seus catro primoxénitos a Roma para evitar conflitos pola súa sucesión,[3] e no ano 2 a. C., foi envelenado por ela. Musa ascendeu entón ao trono do Imperio canda seu fillo non lexitimado, quen subiu ao trono como Fraates V.[4]

Con todo, despois dun curto período de goberno, ambos foron derrocados e executados pola nobreza, quen coroou a un certo Orodes III dous anos despois.[5]

Notas editar

  1. Kia 2016, p. 199;Schippmann 1986, p. 525–536
  2. Kia 2016, p. 198;Schippmann 1986, p. 525–536
  3. Kia 2016, p. 198;Dąbrowa 2011, p. 173;Schippmann 1986, p. 525–536
  4. Kia 2016, p. 199;Richardson 2012, p. 161
  5. Kia 2016, p. 199;Dąbrowa 2011, p. 174


Véxase tamén editar

Bibliografía editar