Abrir o menú principal

Cneo Pompeio Trogo (en latín Cnaeus Pompeius Trogus) foi un historiador galo-romanizado do século -I, pertencente á tribo dos voconcios da Galia Narbonense. Trogo cobrou renome durante a época de Augusto e é case contemporáneo de Tito Livio.

Pompeio Trogo
Justin, L’histoire de Trogue Pompée, impression Jehan Olivier, 1519 seul exemplaire connu.jpg
Epítome das "historias filípicas" de Pompeio Trogo, de Marco Xuniano Xustino, edición de 1519.
Nome completoGnaeus Pompeius Trogus
Nacementoséculo I a. C.
 Vaison-la-Romaine
Falecementoséculo I a. C.xuliano
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónescritor, historiador e político
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

 
Epitome historiarum Trogi Pompeii, edición de 1477

O seu avó serviu baixo as ordes de Cneo Pompeio Magno na guerra en Hispania contra Quinto Sertorio. O nome de Pompeio veulle ao ser adoptado por Pompeio como agradecemento aos seus servizos. O seu pai serviu ás ordes de Xulio César como secretario e intérprete.

Ao parecer Trogo posuía coñecementos enciclopédicos. Seguindo o exemplo de Aristóteles e Teofrasto escribiu libros acerca da natureza, dos animais e as plantas. Parte da gran obra de Plinio o Vello, Naturalis Historia baséase nos apuntamentos de Trogo.

A súa principal obra, chamada Historiae Philippicae (Historias Filípicas) está estruturada en corenta e catro libros, e chámase así en honra ao fundador do Imperio Macedonio, Filipo II, que é o tema central da narración. A obra fala das partes do mundo que foron conquistadas por Alexandre Magno e os seus sucesores. Trogo comeza o seu traballo falando do lendario Nino, fundador de Nínive e termina en 9. Xustino escribiu o epítome do traballo perdido de Trogo e unha serie de resumos dos seus libros. O último relato recolleito por Xustino fala da recuperación das aguias perdidas fronte aos partos (-20). A etnografía e xeografía características da obra do historiador, conferiron á mesma unha inxustificada reputación como obra universal, a pesar de que nunca foi tal a intención de Trogo.

Trogo non menciona a historia de Roma ata que a República entrou en contacto con Antiga Grecia e Oriente. Os escritos do historiador están baseados nos traballos de diversos historiadores gregos da Antigüidade, como Teopompo, Éforo, Timeo ou Polibio. É probábel que Trogo non reunise a información procedente destes historiadores en por si, senón que xa esta fora compilada nun libro por algúns gregos (probabelmente Timáxenes de Alexandría).

A súa idea de como redactar a historia é máis pechada e menos retórica que a de Salustio e Livio, aos que acusa de pór en boca dos personaxes das súas historias discursos que eles mesmos escribiran. A súa gran obra perdeuse e só Xustino posuíu parte dela que cita na súa epítome. Parte da mesma foi citada por historiadores como Flavio Vopisco, Xerome de Estridón e Agostiño de Hipona. A pesar de estar na súa maioría perdida, a obra considérase como unha autoridade na historia antiga de Oriente.

Trogo tamén é autor dos chamados Prólogos, un sumario redactado con posterioridade ás Historiae.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Justino/ Pompeyo Trogo. Epítome de las "historias filípicas" de Pompeyo Trogo/ Prólogos/ Fragmentos. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1788-3. 
  • Waldemar Heckel, J. C. Yardley (intrd. e trad.). Epitome of the Philippic History of Pompeius Trogus, Vol. 1. Clrendon Press. 
  • Ballesteros Pastor, Luís, Pompeio Trogo, Justino e Mitrídates. Comentario ao Epítome das Historias Filípicas (37,1,6 - 38,8,1) (Spudasmata 154), Hildesheim-Zürich-New York, Georg Olms Verlag, 2013, ISBN 978-3-487-15070-3.

Ligazóns externasEditar