Valentí Almirall
Valentí Almirall i Llozer, nado en Barcelona o 8 de marzo de 1841 e finado o 20 de xuño de 1904,[1] foi un avogado, xornalista e político, considerado un precursor do catalanismo político[2] ou do nacionalismo catalán,[3][4] o moderno, e, máis en concreto, a crenza na esquerda federalista.[5] O seu labor como periodista e articulista supera os oitocentos artigos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Valentí Almirall i Llozer 8 de marzo de 1841 Barcelona, España |
Morte | 20 de xuño de 1904 (63 anos) Barcelona, España |
Lugar de sepultura | Poblenou Cemetery (en) |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista, escritor, avogado |
Partido político | Partido Republicano Democrático Federal Centre Català |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Josep Comas i Triadó |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Almirall (Valentín), p.9) Diccionario biográfico y bibliográfico de escritores y artistas catalanes del siglo XIX (1889-1895) (pt) , (vol:1, sec:Almirall (D. Valentín), p.33) Diccionari biogràfic del moviment obrer als Països Catalans (pt) , (sec:Almirall Llozer, Valentí, p.74-75) |
Traxectoria
editarEducación
editarEra fillo dunha familia de comerciantes de drogas e colonias, con moitas propiedades, tanto urbanas coma no campo (entre elas, o castelo do Papiol, dos cales foron baróns, título que Valentí rexeitou sempre empregar).[5] Estudou na Escola de Belas Artes de Barcelona, pero tivo que deixala logo de criticar ao profesor Claudi Lorenzale. Sabía falar grego, latín, francés, inglés, italiano e alemán, feito que lle permitiu viaxar e coñecer a actividade cultural e intelectual da Europa do momento.[5]
Estudou filosofía na Universidade de Barcelona, entre 1854 e 1857, e despois dereito entre 1857 e 1863, ano no que se graduou, mais rara vez practicou a avogacía.[5] Participou a miúdo nas tertulias da trastenda do escritor Frederic Soler Pitarra (con que comezou o teatro moderno en lingua catalá) e onde entrou en contacto con outros intelectuais tales como Gonçal Serraclara, Conrad Roure, Anselm Clavé, Josep-Lluís Pellicer, Inocencio López, Josep Feliu i Codina...[6]
Vida política
editarA súa situación económica acomodada e a escasa vocación que tiña para exercer como avogado empurrárono á política activa. Participou na preparación e nos acontecementos da Revolución de 1868 en Barcelona; dirixiu O Federalista e colaborou na Revista Republicano-Federal, desde a que publicou obriñas bastante radicais como a Guerra a Madrid! e Bases para la Constitución federal de la Nación Española y para la del Estado de Cataluña. Observaciones sobre el modo de plantear a confederación en España.
Declarouse contrario a todo entendemento cos monárquicos e tivo unha participación importante no pacto de Tortosa (18 de maio de 1869), asinado entre representantes de entidades republicanas de Cataluña, o País Valenciano, Illas Baleares e Aragón.[5]
Entre 1868 e 1881, militou no Partido Republicano Democrático Federal (PRDF) no cal foi o principal líder federal intransixente de Barcelona, un grupo minoritario dentro da república e do republicanismo federal, que estaba organizado ao redor do Club dos Federalistas (1868-1869), do que foi elixido primeiro presidente, e do xornal El Estado Catalán (1869-1870 e 1873).
Entre 1868 e 1869, orientou a publicación El Federalista,[5] que se caracterizaba polo seu dogmatismo, intransixencia, maximalismo e o idealismo. Querían transformar o estado centralista e uniformizador español nun estado federal e descentralizado, cunha revolución federal de abaixo cara a arriba, derivada da iniciativa das clases populares; unha revolución federal que implica a división da soberanía española entre as rexións históricas e o goberno da federación. Por iso, en 1868, publicou unhas Bases para la Constitución federal de la Nación Española y para la del Estado de Catalunya.
En maio de 1869, participou no denominado Pacto de Tortosa entre republicanos de Cataluña, o País Valenciano, illas Baleares e Aragón e, ese mesmo ano, foi cando fundou o xornal federalista El Estado Catalán.[5] En setembro de 1869, tomou parte na revolta federal de Barcelona. Foi detido e internado nas Baleares, pero xunto con outros prisioneiros conseguiron escapar e fuxiu para Alxer e de alí para Marsella, onde viviu ata a concesión dunha amnistía. De novo en Barcelona, presentouse ás eleccións como alcalde, pero rexeitou un xuramento incompatible co republicanismo e non foi capaz de ocupar a posición. Participou tamén na revolta contra o servizo militar obrigatorio en abril de 1870 con seus artigos en La Campana de Gràcia.[5] En 1871, o entón presidente do consello provincial de Barcelona, Anselm Clavé, foi nomeado director da Casa de Caridade da capital, onde traballou con criterios racionalistas e humanistas (e da que renunciaría máis tarde, no momento en que caeu a República).[5]
A primeira república española
editarCando se proclamou a Primeira República o 11 de febreiro de 1873, trasladouse a Madrid, onde continuou a publicar El Estado Catalán (8 de marzo-11 de xuño de 1873), e foi un propagador do federalismo catalán. Pero despois, en desacordo co desenvolvemento da República, volveu a Barcelona.
A restauración borbónica
editarDurante a Restauración borbónica, a pesar de ser nomeado, en 1878, presidente do Ateneo Libre de Barcelona,[5] diminuíu a súa actividade pública, e intentou adicarse á literatura baixo o pseudónimo A. Z. Baixo. De feito, en 1879, publicou as súas dúas novelas: El alma al diablo e Una autoridad modelo. Historia de un gobernador de orden.[5]
Fundou e dirixiu o Diari Català,[7] primeiro xornal integramente en lingua catalá,[4] que tivo unha curta duración (dende o 4 de maio de 1879 até xuño de 1881), pois suspendeuse a súa publicación trala ruptura con Francesc Pi i Margall e a maioría do Partido Republicano Democrático Federal catalán, a partir do que comeza a súa etapa propiamente catalanista. En 1880, fora un dos organizadores do Primeiro Congreso Catalanista e no que foi elixido presidente por unha maioría de delegados. En 1881, participou na organización do Congreso Catalán de Xurisconsultos, no que rexeitou a unificación do dereito civil[7] mentres defendeu vigorosamente o mantemento do dereito catalán.
En xuño de 1882, creou o Centre Catalá de Barcelona, a primeira entidade catalanista claramente reivindicativa que aínda que pretendía ser, fundamentalmente, unha entidade que espallara o catalanismo e que influira sobre o goberno[8], en 1884 se converteu nun partido político, do que foi o secretario mentres o seu amigo "Pitarra" era o presidente.[5] En xuño de 1883, organizou o Segundo Congreso Catalanista, onde pretendeu que se debatera un bosquexo de programa do Centre. Porén, os enfrontamentos entre os partidarios de Almirall e os de Pi i Margall impediron a súa aprobación[9] e só conseguiu que se condenara a participación de cataláns nos partidos políticos suxeitos á disciplina de Madrid.
Convertido no líder da reivindicación catalanista, en 1885, foi o redactor do Memorial de greuges, e trasladouse a Madrid integrado na comisión que entregou o documento ao rei Afonso XII, aplicando o principio de presentación, recoñecido na constitución.[10] No memorial denunciábanse os tratados comerciais que estaban a piques de se firmar e as propostas unificadoras do Código Civil.[11]
En 1886, publicou a súa grande obra, Lo catalanisme, a primeira presentación sistemática da doutrina catalanista. Ese ano representou a súa plenitude intelectual e política, e o comezo da súa decandencia, motivada polos problemas de saúde (unha apoplexía) e a escisión que se produciu no Centre Català.[12] En 1887, foi elixido presidente do Centre Catalá, pero a súa actitude hostil fronte ao proxecto da Exposición Universal de Barcelona de 1888 e o alcalde Francesc Rius i Taulet provocou á división dos elementos conservadores máis novos, que fundaron a Lliga de Catalunya ese mesmo ano. Tamén se opuxo ao nomeamento da rexente, María Cristina de Austria, como raíña dos Xogos Florais de 1888, e organizou outros aternativos. A caída da influencia política do Centre Catalá, favoreceu a influencia da Lliga de Catalunya; e, xunto co empeoramento da súa saúde, fixeron que o seu carácter fora, progresivamente, máis arisco e amargado. Finalmente, simpatizou do lerrouxismo.[13]
Foi testamenteiro do falecido Rossend Arús, razón pola cal fundou en 1895, a Biblioteca Arús.[14] De novo, en 1896, foi elixido presidente do Ateneo de Cataluña, e alí pronuciou un notable discurso sobre o rexionalismo e, dende ese cargo chamou a atención sobre o proceso de Montjuïc. Algúns pequenas núcleos republicanos e federalistas, así como Alejandro Lerroux, tentaron recuperalo politicamente, mais el negouse.
Finalmente, morreu só, cedendo a súa casa á cidade de Barcelona para crear unha escola pública, e doou os seus libros para a Biblioteca Arús.[5] En Vallvidrera mantense a casa onde viviu (no frontis pódese ler "Casa Amirall") e, a carón dela, unha casa onde a súa viúva reuniu a súa biblioteca. A data de 1924 e a decoración estás cheas de simboloxía masónica.[15]
Obras
editar- Idea exacta de la Federación. La República Federal Española. Datos para su organización (1873)
- El alma al diablo (1878), novela
- Una autoridad modelo. Historia de un gobernador de orden (1878) novela
- Escritos catalanistas. El Renacimiento catalán, las leyes forales y el carlismo en Cataluña (1878)
- La Casa de Caridad de Barcelona (1879)
- El Tirol federal suizo: descripción de la fiesta en 1883 (1883)
- La Confederación suiza y la Unión americana. Estudio político comparativo (1884)
- Los Estados Unidos de América. Estudio Político (1884)
- Lo Catalanisme. Motius que el legitimen, fonaments científics i solucions pràctiques (1886)
- Poesia del Regionalisme (1886)
- España tal cual es (1889)
- Regionalisme i particularisme (1901)
- Aspecte polític i social del renaixement català (1901)
Notas
editar- ↑ "Valentí Almirall". Fichero de Autoridades Virtual Internacional. Consultado o 09-05-2018.
- ↑ Caminal (2000), p. 64
- ↑ Fradera (2007), p. 103
- ↑ 4,0 4,1 De la Granja (2001), p. 62.
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 Mestre (1998), p. 30
- ↑ "El Drama romàntic". MAE. Centro de Documentació i Museu de les Arts Escéniques (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2012. Consultado o 08 de maio de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 Pabón (1999), p. 92
- ↑ De la Granja (2001), p. 64
- ↑ Grau (2006), p. 23
- ↑ Pabón (1999), p. 95
- ↑ Claret (2014), p. 88
- ↑ Pich i Mitjana (2004), p. 305
- ↑ Pabón (1999), p. 66
- ↑ Rocamora, Joan (2007). Rossend Arús i Arderiu (1845-1891): una altra Renaixença. Del teatre com a tribuna política a la premsa lliurepensado. En "La projecció social de l'escriptor en la literatura catalana contemporània" (en catalán) (Lleida: Punctum). pp. 187–198. ISBN 978-84-934802-6-4.
- ↑ "La biblioteca de la "muntanya màgica"". exploradors urbans. Consultado o 09-05-2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valentí Almirall |
Bibliografía
editar- Caminal, Miquel (2000). "Catalanismo y autogobierno". En Hernández, Antonio; Espinosa, Javier. Nacionalismo: pasado, presente y futuro. Colección: Humanidades (en castelán). Cuenca: Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. pp. 61–88. ISBN 84-8427-088-2.
- Claret, Jaume; Santirso, Manuel (2014). La construcción del catalanismo. Historia de un afán político (en castelán). Madrid: Los Libros de la Catarata. ISBN 978-84-8319-898-8.
- De la Granja, José Luis; Beramendi, Justo; Pere, Anguera (2001). La España de los nacionalismos y las autonomías. (en castelán). Madrid: Síntesis. ISBN 84-7738-918-7.
- Fradera, Josep M. (2007). L'intel·lectual abans de l'intel·lectual. Consideracions vacil·lants sobre el cas català entre la Revolució Liberal i el canvi de segle. En "La projecció social de l'escriptor en la literatura catalana contemporània" (en catalán) (LLeida: Punctum). pp. 67–107. ISBN 978-84-934802-6-4.
- Grau, Josep (2006). La Lliga Regionalista i la llengua catalana, 1901-1924 (en catalán). Barcelona: Publicacións de l'Abadía de Montserrat. ISBN 84-8415-768-7.
- Mestre i Campí, Jesús (1998). Diccionari d'Història de Catalunya (en catalán). Barcelona: Ed. 62. ISBN 84-297-3521-6.
- Pabón, Jesús (1999). Cambó: 1876-1947. Barcelona: Alpha. ISBN 84-7225-740-1.
- Pich i Mitjana, Josep (2004). Federalisme i catalanisme. Valentí Almirall i Llozer (1841-1904) (en catalán). Barcelona: Fumo Editorial. ISBN 9788497660808.