V-18

conexión AC-14 (Zapateira) coa AP-9 (Vilaboa)

O Viario 18 ou Conexión da autovía AC-14 coa autoestrada de peaxe AP-9, é unha vía de alta capacidade en proxecto que suporía unha alternativa para desconxestionar o tráfico existente entre a AC-11 e a AP-9.

V-18
Conexión da AC-14 coa AP-9
TipoloxíaVía para automóbiles
RedeRede de estradas do Estado
Dimensións
Formato1 carril por sentido con mediana
Localización
Inicio AC-14  A Coruña
Fin AP-9  Culleredo

Historia editar

Nomeado provisionalmente no proxecto como V-18, de forma análoga ao Viario 14 (V-14), foi planificado polo Ministerio de Fomento de España, para buscar alternativas que permitan desconxestionar a AC-11. En abril de 2012, encargouse un primeiro estudo baixo a xestión da ministra Ana Pastor Julián.[1]

O maior volume do tráfico da entrada e saída da cidade A Coruña é a AP-9, a pesar de que se trata dunha autoestrada de pago, xa que funciona como conexión máis directa coa A-6 cara a Lugo e Castela e León ademais dos destinos que lle son propios. Ademais, a AP-9, ten un tramo de peaxe na sombra (o comprendido entre o acceso da Barcala e a AC-11) desde maio de 2006, que lle dá maior volume de tráfico á Coruña desde Cambre, San Pedro de Nós, O Temple e O Burgo, especialmente nas horas punta dos días laborábeis.[2]

Así, esta alternativa desde a AP-9, permitiría ter unha conexión polo sur ao oeste da Coruña a través da AC-14 e a V-14, a barrios como o dos Rosales, A Agra do Orzán, O Ventorillo, Elviña, O Birloque, San Pedro de Visma, Labañou - San Roque, Os Mallos, Vioño etc. Contando, asemade, cunha conexión aos polígonos industriais A Grela-Bens, Pocomaco e Vío, evitando deste xeito conexións desde a AC-11, que na actualidade repercuten en conxestións de tráfico en vías como a Avenida de San Cristovo, a Ronda de Outeiro ou a Avenida de Arteixo até os accesos a ditos polígonos.

Evolución editar

  • Marzo de 2015: exposición do proxecto a información pública, cun orzamento estimado de licitación da obra de 18,9 millóns de euros.[3][4]
  • Agosto de 2016: Fomento solicita a declaración de impacto ambiental.[5]
  • Xullo de 2017: fíxose público que unha tramitación irregular do propio Fomento obrigaba a reiniciar a avaliación medioambiental.[6]

Tramos editar

Denominación Tramo Quilómetros Estado (xullo de 2017)
  V-18   A Zapateira   AC-14   - Vilaboa   AP-9   1,56 Reinicio da DIA[6]

Trazado (en proxecto) editar

Velocidade(en proxecto)


Esquema Saída Sentido A Zapateira ( AC-14 ) Carrís Sentido Vilaboa ( AP-9 ) Estrada Notas
 
 
 
Comezo da Autovía
de Conexión  AC-14 
coa  AP-9 

 V-18 

Procede de:  E-1    AP-9  P. K. 4+000

 
Fin da
Conexión   AC-14   coa  AP-9  Incorporación final:  E-1    AP-9  Dirección final:  E-1    AP-9  Santiago - Ferrol   E-70   A-6   Lugo - Madrid


  E-1   AP-9    
 
 
 
Posible ascenso (5%): Sen enlaces

 

 
Posible descenso (5%): Sen enlaces

 

 
 
 
Fin da
Conexión  AC-14 
coa  AP-9  Incorporación final:  DP-3006   Dirección final: A Zapateira - A Coruña
 
Comezo da Autovía
de Conexión
 AC-14   coa  AP-9 

 V-18  Procede de:  DP-3006  A Zapateira (pola glorieta)

 DP-3006 
 

Notas editar

  1. Gabriel Lemos (2012-04-09). "El vial 18 ya está en el mapa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-01. 
  2. "La supresión del peaje en Rande y A Barcala se adelantó a anoche". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2016-08-07. 
  3. "Fomento expone su proyecto para construir el vial 18". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2016-08-07. 
  4. "Fomento somete a información pública el proyecto del Vial 18, en la provincia de A Coruña". www.fomento.gob.es (en castelán). Consultado o 2017-08-01. 
  5. Xosé Gago (2016-08-01). "Fomento solicita la declaración de impacto ambiental del Vial 18". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-01. 
  6. 6,0 6,1 Iván Aguiar. "Una tramitación irregular de Fomento obliga a reiniciar la evaluación ambiental del vial 18". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2017-08-01.